FANDOM


A Terra, Parte 1
15
Número de episodio 7
Tempada 2
Número total 15
Título en Teremedó La Ṭerra, parṭ 1
Título en Portugal A Terra, Parte 1
Data do trinque 6 de novembro do 2016
Lista de episodios
anterior
Liscade de aquí!
seguinte
A Terra, Parte 2
Cousas de Irmás

A Terra, Parte 1 é o episodio 7 da tempada 2 da serie Cousas de Irmás e o episodio 15 en total. Estreouse o 6 de novembro do 2016.

Argumento

O episodio comeza nunha noite, onde nunha discoteca, 21 está a bailar cunha rapariga que se chama Sandra López, e está a gozar. Nun momento durante o encontro, 21 e Sandra danse un bico. Entón unha voz di: “Podo dicirche unha cousa?” e 21 di: “Fin do programa”, estaba nunha holocuberta de Bàrcinon. 21 sae da holocuberta, e atopa Kimberly que quere falar con el. Ela dille que irá á Terra, porque lle deron un permiso, e 21 di que el ten algúns problemas e por iso decidiu vixiar o que el fixer e tamén di que a FEF está inestable, dunha maneira parecida aos gobernos da Terra. E dille que a rexenta Andrea é perigosa, e quere vinganza contra todos os planetas da FEF e outros que colaboran con eles. O único planeta que non está a ser atacado é Teremedó, sen saber a razón. Kimberly pregunta se elas poden axudar, e 21 di que se puideren axudar, comunicarállelo. E deséxalle boa viaxe a Kimberly.

Kimberly atópase coa súa irmá Karla, e dille: “Xa estás a punto para ir á Terra?” e Karla responde: “O teu amigo almirante pensa que tes coraxe para ir ti tamén? Porque eu te vexo a ti un pouco preocupada”. E entón Kimberly di que en realidade, ten medo. O noivo de Karla vén acompañar as raparigas, e os tres van á estación de trens STK para ir á Terra. As raparigas despídense dos seus pais na porta da estación, e baixan ata a estación, esperando un tren. Cando vén o tren, da liña S2, os tres soben. Pasan polo hotel Kasa Tot, pola súa escola, e saen da cidade e de Teremedó. Na primeira estación na Terra, nunha cidade chamada Lisboa, do país Portugal, os tres baixan. E coas pasaxes, conseguen saír, e o noivo de Karla pasa con ela porque el non tiña pasaxe. E ven a cidade humana, distinta.

Mentres tanto, nun lugar, Yusma di: “Chegastes”. En Lisboa, o tres están perdidos, e non saben que poden facer. Kimberly di: “Vou preguntar onde está a estación de trens STK”. E nunha tenda, entra e o dono dille: “Que desexa vostede?” e Kimberly responde: “Non coñezo a ninguén chamado Vostede, eu só estou a preguntarche onde está a estación de trens STK”. O dono sorpréndese e di: “Es un pouco rara, moza… Eu non coñezo eses trens”. Kimberly lembra que a estación de Lisboa se chama “Cais do Sodré”, e o dono indícalle o camiño. Kimberly di: “Grazas!”, e vaise. Karla di: “Sabes como podemos volver á estación?” e Kimberly di: “Si, e ese home confundiuse porque pensou que eu coñecía unha persoa de aquí que se chama Vostede, pero eu non coñezo esa persoa”. O noivo de Karla comeza a rir, e cando Kimberly pregunta cal é a broma, o mozo responde: “Nada, continuade”.

Cando os tres chegan á estación, Kimberly di: “Imos á cidade Barcelona, o noso obxectivo”. E coas pasaxes, collen de novo os trens, ocultos nun ascensor normal do metro. Unha vez máis na estación, os tres soben nun tren da liña S8 que non para en todas as estacións, e vai máis rápido. Baixan na estación “Barcelona | Plaça de Catalunya”, e coas pasaxes tamén saen á rúa. Atópanse no centro da cidade, pero esta cidade é moi grande e non saben onde vive o almirante 21 ou os seus amigos. Karla di: “Vide, farei unha tripla fusión convosco” e Kimberly di: “Connosco?” e Karla di que cunha tripla fusión mental poderán saber onde teñen que ir. Kimberly di que o entende, e os tres fan a fusión mental e teñen unha visión dunha ruta que a teñen que seguir.

O equipo vai ata unha parada de autobús, e alí os tres collen un autobús chamado H12. O tres van cos ollos pechados, só coa imaxe na súa mente dun camiño que o teñen que seguir. Elas sorpréndense que en Barcelona tamén se utilizan os euros, pero os billetes son diferentes que en Teremedó. No entanto, teñen as moedas parecidas, e pagan con moedas de Teremedó sen que o condutor perciba que as moedas non son da Terra. E os tres volven pechar os ollos, ata a parada onde teñen que baixar. Cando eles baixan do autobús, os seus ollos ábrense, pero non saben onde se atopan. Kimberly di aos outros: “E agora que?” pero ninguén sabe o que teñen que facer agora. Karla di: “Será que aquí vive o almirante 21?” e entón Kimberly ten unha visión que lle indica unha casa. Kimberly di: “É alí”.

Entran na casa, e de novo cos ollos pechados soben ata o piso que indica a visión. E alá, Kimberly propón chamar á porta e os outros están de acordo. Na porta, sae unha muller que lles pregunta aos tres que desexan, nunha lingua que se parece á de Bàrcinon pero é un pouco diferente. Kimberly quere dicir algo, pero entón da casa sae a rexenta Andrea Campos e preséntase aos tres, e di á súa nai que eles son amigos seus. A nai di que se precisaren dela, estará na casa. Andrea di que por agora non precisa de nada. Os catro collen o ascensor, e Kimberly di: “Sabemos quen es e as túas intencións”. Andrea di ao noivo de Karla que el ten que volver a Teremedó, porque ela quere falar só coas mozas. E antes de que as mozas se poidan defender, Andrea transporta o mozo á súa casa en Bàrcinon. Andrea entón di: “Sodes demasiado intelixentes, pero eu son moito máis intelixente. Por agora, teño que entrar na vosa mente. Fareino sexa como for”.

Kimberly di que non o permitirá e Karla di que ela tampouco, pero Andrea utiliza un obxecto e as dúas raparigas non se poden mover, só poden mover a cabeza. Andrea fai unha fusión mental con Karla, e entón ponlle algunha cousa na súa mente e Karla queda inconsciente. Kimberly non sabe que pode facer, pero Andrea tamén fai unha fusión mental con Kimberly e ela tamén perde o coñecemento. Andrea toca unha combinación de botóns no ascensor e o ascensor vai ata unha zona do edificio secreta. Alá coloca ás irmás Duver§a nuns tubos, péchaos e as dúas raparigas desaparecen. E en Bàrcinon, todos os recordos das irmás Duver§a nos seus pais e no noivo de Karla desaparecen, coma se elas non existisen nunca…

Continuará…

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.