Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
A Terra, Parte 2
16
Número de episodio 8
Tempada 2
Número total 16
Título en Teremedó La Ṭerra, parṭ 2
Título en Portugal A Terra, Parte 2
Data do trinque 27 de novembro do 2016
Lista de episodios
anterior
A Terra, Parte 1
seguinte
Irmás a distancia
Cousas de Irmás

A Terra, Parte 2 é o episodio 8 da tempada 2 da serie Cousas de Irmás e o episodio 16 en total. Estreouse o 27 de novembro do 2016.

Argumento[]

O episodio empeza explicando o que sucedeu no episodio anterior coas escenas en grao sumo importantes.

Un día do mes de decembro, na parte subterránea dun edificio de Barcelona, a rexenta Andrea está con Kimberly e Karla que están inconscientes nuns tubos de éxtases, e entón vén Jordy Kúdigy… Pero parece que é o Jordy do Universo Espello, que está ao lado dela. Andrea dille que el fixo un bo traballo, e entón bícanse revelando que é un dos compañeiros dela. Pero cando remata o bico, Jordy cae inconsciente. Andrea colócao noutro tubo e revela que está a planear facer unha fusión do seu corpo co corpo do Jordy do universo normal. No entanto, farao máis tarde, e por agora volve á súa casa. E no seu cuarto, ela colle unha foto do almirante 21 e di: “Agora o teu plan vaise á merda e xa non tes ningunha opción para gañarme”. E mentres ela está en casa, nos subterráneos da casa as irmás Duver§a e Jordy (dobre) atópanse inconscientes…

Nunha esfera de transporte, están Yusma e a súa muller İhi Kadse listos para baixar á casa de Andrea e parar o seu plan cos tres corpos, e cren que está a tentar cambiar a historia. Cando se achegan á casa, reciben un disparo dun lugar descoñecido e a esfera de transporte cae ao chan. En Bàrcinon, Teremedó, Jordy fala con Pulá para informarlles do que está a pasar, pero eles deixan claro que Jordy está fóra da FEF, e está só. Jordy vaise, e contacta con alguén e dille que precisa da súa axuda. E nos subterráneos da casa de Andrea, Andrea coloca o corpo de İhi Kadse do Universo Espello nun cuarto tubo, e de Yusma non se sabe nada. En Bàrcinon, Jordy revela que é amigo dun ancián que fora quen tivo a idea para construír Pulá, e axudarao. El propón enfrontarse contra ela na súa casa da Terra, onde vive.

Jordy colle o seu coche e vai pola autovía A-8 ao norte do país, e continúa ata chegar á pasaxe entre Teremedó e a Terra. Cando chega á Terra, créase un coche de alí cun proxector holográfico e vai a Barcelona. Decidiu viaxar por este planeta como os humanos, e así Andrea non se decatará da súa chegada. Tras horas, Jordy chega a Barcelona, e este coche holográfico indícalle a casa de Andrea. Cando chega, aparca o coche na rúa e entra na casa cunha chave que fixera cando pasou por Gerûmdanon, e tenta coller o ascensor para baixar á sección subterránea, pero atopa que o ascensor non baixa ata ese piso inferior. Pero entón as portas do ascensor péchanse, e baixa ao piso da sección secreta. Abaixo, Andrea está cunha pistola a esperalo, e dille que se ten que render. El non quere, e Andrea dispáralle e Jordy cae ao chan ferido.

Andrea tenta coller Jordy do chan, pero el resístese. Entón Andrea colle sal e ponlla na ferida de Jordy, e consegue collelo e poñelo nun quinto tubo. Entón activa os tubos dos dous Jordys e o Jordy orixinal sente dor, porque non está inconsciente. Andrea continúa o proceso e os corpos desaparecen. Entón ela di: “Tócache a ti, ti es a miña primeira proba…”, ábrese un tubo nunha posición vertical e sae un só Jordy, conseguiu facer a fusión. Andrea di que é un éxito, e coa súa pistola mata Jordy, e di que Yusma terá que prepararse porque agora lle toca a el. Pero di que de momento, fará outra cousa cos outros tres corpos. E en Bàrcinon, o ancián amigo de Jordy percibe que Jordy morreu. Entón, o corpo morto aparece na súa casa, e a policía de Bàrcinon colle o pobre ancián crendo que é o culpable da morte de Jordy, e lévano ao cárcere.

Nos subterráneos da súa casa, Andrea activa o tubo do corpo de İhi Kadse do Universo Espello e di: “Vreau sărutul tău, Loliţa mea? Vreau să te omor pe tine, amiralule, mă înţelegi? Şi o să câştig mereu eu! Eu tamén falo romanés…” e o corpo dela desaparece. No 2011, unha familia de Arxentina con só unha filla, vive preto da casa do almirante 15, cando de súpeto aparece da nada outra moza coa aparencia de İhi Kadse e chámana “Lola”, e cren que é a súa filla máis nova. Parece que as lembranzas da familia foron cambiadas para que crean que teñen dúas fillas, e entón İhi Kadse do Universo Espello comeza a vivir unha vida baixo o nome de Lola e coma se fose de Arxentina. Os anos pasan, e no 2015 Josep Maria 19 namórase dela, e el namórase máis dela cando remata a súa relación con İhi Kadse normal.

De volta ao presente, o amigo de Jordy que está no cárcere morre de vello, mentres na Terra, Andrea está a facer algunha cousa cos corpos das irmás Duver§a. Entón ela di: “Sodes máis importantes do que pensastes, e os vosos corpos foron creados por alguén que me está a axudar a facer o meu obxectivo… Almirante, que che dean polo cu, con isto xa non podes conseguir o que querías facer. E só conseguirás ter o teu cu dorido”. E entón, nos tubos cos corpos das raparigas tamén desaparecen… E no 2013, nunha igrexa onde está Kirannis (a Creación Áurea), están a facer unha cerimonia, cando de súpeto no medio da igrexa aparecen as irmás Duver§a tres anos máis novas, e todos na igrexa cren que son de alí e sempre estiveron na igrexa. As irmás Duver§a, cando se remata a cerimonia, falan coa xente da igrexa cun acento como o da República Dominicana…

As irmás Duver§a aínda teñen os seus nomes orixinais, pero vidas e pais diferentes, coma se fosen da Terra. Unha nena, Elisabeth, fala con alguén e dille que os filtros de percepción funcionan, e as raparigas introducíronse moi ben no equipo. Elisabeth deixa de falar con esa entidade, e de novo corre coas outras nenas, sen lembrar nada do que falou. E outra vez no presente, alguén descoñecido coa forma dunha silueta fala con Andrea, e dille que se verán moi pronto, e Andrea dille que ten ganas de velo. O home da silueta di: “Non me digas que me botas en falta!” e Andrea di: “Temos que ser profesionais, e non sexas tan vaidoso”. A silueta di: “Creo que non sabes que a túa lealdade connosco se basea no mesmo que se basea a nosa lealdade contigo e convosco, humanos”. Andrea responde: “Terrana, Amo das Inocencias” marcando unha alianza entre a rexenta Andrea do Universo Espello e o enigmático Amo das Inocencias, e remata o episodio e a tempada.

Advertisement