Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
A rapariga que tes que ser
5
Número de episodio 5
Tempada 1
Número total 5
Título en Teremedó La noya ke ṭens ke sé
Título en Portugal A rapariga que tens de ser
Data do trinque 25 de xaneiro do 2015
Lista de episodios
anterior
Segue o teu xeito
seguinte
Xa que es única
Cousas de Irmás

A rapariga que tes que ser é o episodio 5 da tempada 1 da serie Cousas de Irmás e o episodio 5 en total. Estreouse o 25 de xaneiro do 2015.

Argumento[]

O episodio empeza nunha piscina do edificio Casa da auga, onde a clase de Kimberly está a facer unha excursión de natación. Kimberly salta á auga e a súa amiga espera, e Kimberly fai rápido 12 voltas na piscina en poucos segundos. A amiga de Kimberly dille que se cadra pode ir máis amodo, e Kimberly di que acepta, e agora nadan xuntas amodo. Kimberly preguntaralle á profesora se lle pode dicir a hora, e sae da auga. A amiga de Kimberly está a observar a súa amiga, e logo ponse a nadar. Kimberly achégase á profesora e dille: “Que horas son?” e a profesora responde: “Quedan 20 minutos para as 12 horas, cando a clase rematará. Pero aínda tes tempo de nadar un pouco máis”.

Kimberly volve á auga, e ve que a súa amiga está a pensar nalgunha cousa. Entón pregúntalle que pasa, e a amiga di que non pasa nada. Kimberly dille que se coñecen e sabe que está a ocultar algunha cousa, e sucede sempre que van á piscina. Entón a amiga di: “Todo o teu corpo é escuro, a túa pel…” e Kimberly queda sen saber que facer. A amiga di que se está preocupada por ser diferente das demais persoas e non ser “a rapariga que ten que ser”, e Kimberly di que está afeita por isto. A amiga pregúntalle se se cadra moléstalle ser diferente, e Kimberly di que non. Kimberly ponse a nadar e empeza a lembrar cando na inauguración da nave FEF 09 unhas persoas pensaban que ela e Karla eran da Terra.

A excursión da piscina remata, e Kimberly sobe ao autobús para volver á escola. E na escola, Kimberly atópase con Karla e as dúas van cara á súa casa. No camiño, Kimberly pregunta a Karla se algunha vez pensou que elas dúas son diferentes das demais persoas pola súa cor de pel, e Karla di que non. Cando as dúas chegan a casa, Kimberly pregúntalle aos seus pais por que elas son diferentes e os seus pais non, e o seu pai responde: “Vós sodes diferentes na cor por algunha razón descoñecida, pero sodes teremedosianas como os demais. Por iso, non tedes que preocuparvos. Se tiverdes problemas e alguén vos molestar nisto, dicídemo a nós”. Kimberly responde: “Grazas, pero isto non ten nada que ver convosco nin con ter problemas”. O seu pai responde: “Como quixeres”.

Ao día seguinte, Kimberly está nunha clase de hipnotismo e fusión mental coa súa amiga, pero Kimberly está a ter dificultades para concentrarse. A profesora di aos alumnos para pasar unha mensaxe mediante a fusión mental, e Kimberly non consegue realizar esta tarefa porque está a pensar nunha cousa diferente. Entón, a profesora pregúntalle a Kimberly o que está a pasar, e Kimberly non quere responder. A amiga de Kimberly pregúntalle se está a pensar no que lle dixo na piscina, pero Kimberly non quere falar disto. Kimberly pide á profesora para deixar a clase, xa que non está concentrada para a fusión mental e se cadra ela é un problema para facer ben a clase. A profesora acepta, e Kimberly sae da clase.

Kimberly atópase con Karla, e Karla pregúntalle que pasa. Kimberly responde que teñen un problema, e ollarase uns rexistros do seu pasado co obxecto proxector de hologramas para facerse invisible. Karla di que a acompañará. As dúas raparigas saen da escola e van á súa casa, e Kimberly di aos seus pais que esqueceu coller unha cousa. Kimberly colle o obxecto proxector de hologramas e as dúas raparigas saen de casa, e os seus pais non saben o que elas están a planear. As dúas raparigas van ata o concello de Bàrcinon que se atopa no mesmo edificio que a escola, pero a partir do piso 50. Kimberly e Karla fanse invisibles e Kimberly empeza a ollar o rexistro dos seus nacementos.

Kimberly e Karla descobren unha cousa moi sorprendente, pero sen querer Karla dá un golpe ao obxecto que as fai invisibles e aparecen, e son vistas polas pantallas dos gardas de seguridade. Os gardas chegan á sala do rexistro dos cidadáns e atopan as dúas raparigas, cóllenas e lévanas ata outra sala onde lles preguntan o que facían no rexistro dos cidadáns, o que querían e como é que entraran no concello sen ser vistas. As dúas raparigas non saben que dicir, e os gardas de seguridade informarán os seus pais da intrusión. Kimberly di que se meteron nunha boa lea, e non saben o que lles dirán os seus pais. Karla di que eles tamén teñen unha cousa que deberían explicar antes.

Os pais de Kimberly e Karla chegan ao concello, e os gardas explícanlles o que as súas fillas fixeron. Os pais pregúntanlles aos gardas se poden falar con elas, e os gardas din que as saquen do concello e que non volvan meterse en asuntos privados. Os pais atopan as súas fillas e os catro saen do concello, e o pai pregunta ás súas fillas por que se meteron no concello sen permiso. Kimberly di que quería ollar o rexistro dos seus nacementos, e descubriu unha cousa que os seus pais non lles contaron: Kimberly e Karla teñen un ADN diferente aos seus pais, a pesar de formarse no útero da súa nai, e o ADN non corresponde a un teremedosiano.

Kimberly pregunta se o seu ADN corresponde a un humano, e o seu pai di que tampouco, parece unha mestura imposible dun ADN humano cunhas características teremedosianas moi fortes, que lles producen ter grandes poderes. Kimberly pregunta se é un caso de híbridos, e o seu pai di que no caso que fosen híbridos o seu ADN sería metade humano e metade teremedosiano, pero non é así, o seu ADN é humano pero teñen unhas características no ADN que producen os órganos fonte dos seus poderes teremedosianos, e os seus poderes son dos máis fortes coñecidos. Pero o seu pai di ás súas fillas que teñen que vivir unha vida normal de teremedosianas, e o seu ADN diferente non ten que ser un problema para elas. As raparigas din que o entenden.

Uns días máis tarde, Kimberly volve ter clase de hipnotismo e fusión mental. A profesora pregunta a Kimberly se está preparada para facer a clase, e Kimberly di que agora xa está outra vez concentrada. A profesora dille que vai empezar a clase, e teñen que pasar unha imaxe pola fusión mental ao compañeiro e logo o compañeiro ten que debuxar a imaxe recibida. Kimberly e a súa amiga fan a fusión mental como toda a clase, e Kimberly pasa unha imaxe á súa amiga. A amiga debuxa a imaxe que lle pasou Kimberly, que é unha piscina. A amiga di: “Unha piscina?” e Kimberly di: “Queres ir comigo á piscina este sábado? Para ver unha rapariga teremedosiana que é como ten que ser”. A amiga ri e acepta.

O sábado, na piscina están Kimberly, Karla e a amiga de Kimberly. Kimberly di ás outras dúas raparigas para saltar á piscina e ver quen é a máis rápida, e Karla e a amiga de Kimberly din que están de acordo. O tres raparigas saltan á piscina, e empezan a facer a competición. A primeira en chegar é Kimberly, a segunda é Karla e a terceira é a amiga. A amiga di que elas son máis rápidas e gañarana sempre, e Kimberly di que noutras cousas gaña ela. Kimberly, a súa amiga e Karla seguen nadando na piscina, e esta vez máis amodo. Kimberly di á súa amiga que se quixer, poderá ir máis amodo, pero ten que ter en conta que se fixer isto, estará a deixala gañar. As tres raparigas rin, e remata o episodio.

Advertisement