Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
A viaxe
12
Número de episodio 4
Tempada 2
Número total 12
Título en Teremedó Le viaḣa
Título en Portugal A viagem
Data do trinque 4 de setembro do 2016
Lista de episodios
anterior
Tres entidades e os seus donos
seguinte
A merda do cu
Cousas de Irmás

A viaxe é o episodio 4 da tempada 2 da serie Cousas de Irmás e o episodio 12 en total. Estreouse o 4 de setembro do 2016.

Argumento[]

O episodio empeza ás 6 da mañá na estación de metro principal de Bàrcinon onde Kimberly fará unha excursión co equipo da casa da telerrealidade. Están a prepararse para saír, cando Karla vén informarlle que ela tamén fará unha viaxe co seu curso da escola. Kimberly pregúntalle onde van, e Karla di que irán en metro primeiro a Mardit, capital de “Espània”, e logo irán ata Librit, capital de “Portugània”. Kimberly di: “O teu mesmo percorrido eu fíxeno cando tiña a túa idade, todos os estudantes da escola Traball fan esta viaxe, pero vós perderédesvos a miña excursión en Parit e noutros lugares máis divertidos”. Karla di: “Tes a certeza que non irei un día a Parit? Se cadra, visitarei toda Frànnia máis cedo do que ti te imaxinas”. Kimberly di: “Se quixeres compararte connosco, serache difícil…” e sobe nun tren da liña 10 de metro que levará todo o equipo da casa ata Parit.

Cando o tren marchou, Karla colle un tren da liña 12 para ir ata a escola, ela tamén ten unha excursión. Cando Karla chega á escola, atopa o seu noivo, que a saúda dándolle un bico. O noivo de Karla di que a atopa un pouco rara, e Karla di: “A miña irmá nunca cambiará”. Cando a clase xa se reuniu, a profesora vén levalos a todos á estación de metro, para coller a liña 13 que levará toda a clase ata Mardit, capital do país “Espània”. Cando xa subiron nun tren, Karla di ao seu noivo que recoñece que ten un pouco de celos cara á súa irmá, pero ela ten que facer a súa vida e chegará un día que as dúas raparigas vivirán separadas, nas súas propias casas. Logo dille: “Contigo, na nosa propia casa, ti e eu sós…” e o mozo ruborízase. Unha amiga de Karla, que está sentada detrás da parella, di: “Que bonito…”, despois de escoitalos. Karla di: “Cala a boca!”.

Mentres tanto, noutro tren, Kimberly está a viaxar co seu equipo ata Parit, e está a ser gravada todo o tempo pola televisión de Frànnia. Cando chegan a Parit, Kimberly di: “Por fin un pouco de aire!”, e empeza a gozar da cidade. O director di que esta cidade é enorme, tan grande como Bàrcinon, pero os monumentos e a parte máis importante da cidade atópase preto do río que divide a cidade en dúas, porque a cidade está nun istmo moi longo, e o río divide o istmo en dous partes. En Mardit, Karla unha vez máis está a pensar na súa irmá, pensando que estará a gozar máis do que ela puider gozar, e que ten toda a televisión dun país gravándoa. O seu noivo pregúntalle que se ela estiver alí coa súa irmá sentiría mellor ou non, e Karla di que non o sabe, só o sabe porque non está alí. E a clase continúa a visita polas rúas da cidade, vendo os seus monumentos máis importantes.

O profesor de Karla di: “Gozastes da cidade do centro da península Bèrtika? Pois agora colleremos de novo o tren para ir ao próximo e último destino: Librit, capital de Portugània. Teño a certeza que tamén vos gustará”. Karla di ao seu noivo: “A tí gustouche a cidade?” e el responde: “Si, e a tí como che pareceu?” e Karla acaba por responderlle: “Gustaríame máis visitar unha cidade da Terra, como Barcelona. Este é un gusto que comparto coa miña irmá Kimberly, e ademais, ela supérame neste gusto”. E todos os da clase collen o metro para ir ao próximo destino. Mentres tanto, en Parit, o director di: “Os que quixeren facer unha viaxe polo sur do país, collerán o tren comigo cando tiver os billetes”. Kimberly quere ir, e o director acepta que ela veña, pero hai outras persoas que terán prioridade, e se non houber praza, quedará. Kimberly enténdeo.

Karla e a súa clase chegan ata Librit, e o profesor di que teñen unha hora para visitar a cidade sós, pero teñen que ir en grupos de dous ou máis persoas. Karla irá co seu noivo, e dille: “Imos facer unha visita pola cidade, creo que esta será máis bonita que a anterior”. A parella empeza a camiñar, cando recibe unha chamada de Kimberly, e ela dille que está nun tren e vai con dúas persoas máis ata o sur do país, cando o istmo remata e empeza o gran continente. Logo dille que se desculpa polo que lle dixo anteriormente, e di que ás veces non pode evitar ser así. Karla di que Kimberly é a súa irmá maior e ás veces vea como un modelo para seguir, e viviron moitas aventuras xuntas porque xuntas poden facer moitas cousas. Kimberly di: “E meternos en lugares prohibidos”. E desconecta a chamada. Karla e o seu noivo seguen o paseo pola cidade.

Despois da viaxe ao sur do país Frànnia, as tres persoas que foron nesta extensión da viaxe xúntanse co resto do equipo e as cámaras de televisión na estación de Parit, e todo o equipo volve a casa. Kimberly di que polo menos, cando estivo no sur do país Frànnia, non había cámaras de televisión gravándoa, e di que recoñece que se está a cansar de ter tantas cámaras angustiándoa. O equipo chega á estación de Bàrcinon, e Kimberly atópase con Karla e o seu noivo. Eles tres deciden facer outra visita ás instalacións secretas da montaña, e esta vez ensinarallas ao noivo de Karla. O noivo de Karla di que non sabe se tomar o control dos oficiais que estiveren a vixiar servirá agora que saben todos os seus trucos, pero Karla di que xa pensarán nalgún plan, e poderán planealo no camiño. O noivo de Karla di que non sabe por que elas dúas teñen tanto interese nesas instalacións.

O tres van en metro ata Tarràkonon, e logo soben a montaña a pé. Cando chegan ata as instalacións da FEF, atopan que todo foi destruído e non queda nada do que había, ou sexa, alguén quitou todos os computadores e aparellos de alta tecnoloxía de alí, e Kimberly cre que a FEF non quere que elas descubran máis sobre a liña temporal orixinal e sobre as súas orixes. Karla di que se cadra teñen que esquecerse de toda esa información que viron, pero Kimberly di que cre que o almirante 21 quere que o saiban, aínda que a FEF llelo impida. Karla di: “Como é que ti sabes con tanta certeza o que o almirante 21 quere? O voso vínculo só podería ser posible cunha ligazón, como unha fusión mental. El fíxoche unha fusión mental?” e rapidamente Kimberly di que non, pero ten razón cando di que podería haber un vínculo, pero non sabe de onde provén. Karla propón volver a casa.

Na casa da telerrealidade, o director dille a Kimberly que o momento de irmás que ela lle pediu para estar con Karla durou demasiado tempo, e os espectadores queren estar informados de todo o que aconteza na casa. Kimberly di que tentou ir rápido, e o director di que no contrato ela asinou varias cousas, e entre elas estaba que a televisión saiba sempre onde está ela. Kimberly di que o entende, e vai ao seu cuarto. Entón, o director colle un comunicador estraño parecido a un teléfono móbil pero diferente e cunha tapa, abre a tapa e di a alguén que cre que as persoas que están a buscar son Kimberly e a súa irmá Karla. Entón aparece Yusma nun lugar descoñecido, e di que recibiu a mensaxe e di ao director da casa que ten que vixiar todos os seus movementos. O director di que fará o que Yusma quixer, e remata a mensaxe. Entón Yusma di a İhi Kadse do Universo Espello que teñen que evitar que esta información chegue ás mans da rexenta Andrea, İhi do Universo Espello di que seguramente ela xa o sabe pero aínda non quere facer nada, e remata o episodio.

Advertisement