Wiki Cousas de Irmás

Andrea é unha personaxe do universo estendido de Planetes. É unha terrana do universo espello. Ten o rango de Rexenta do territorio Espiña. Andrea é considerada unha moza moi guapa, tanto no universo espello como no universo normal.

Historia[]

Andrea naceu o 3 de abril do 1995, en Barcelona, Cataluña, Alianza Occidental, a Terra (Imperio Terrano). Andrea era unha terrana rebelde dende que a súa familia morreu por causas descoñecidas. Disfrazada como unha alumna normal, Andrea empezou a ir á escola “Os Demos do Inferno” en Barcelona (a contraparte da escola do Josep Maria orixinal), con Сlаudіа Kасеlу como a súa parella. Máis tarde, Yusma e İhi Kadse viñeron a esta escola, e Yusma abusou dos seus poderes teremedosianos para conseguir o que quixer.

Andrea atopou un mozo que non era da Terra, e Andrea enganouno, facéndose pasar pola súa noiva. Andrea descubriu que o seu corpo é da Terra, pero cando el era un bebé case morreu, pero unha especie alieníxena concedeulle poderes psicoquinéticos para que puidese sobrevivir. Esta especie chámase Thasianos, do planeta Thasus. Cando Andrea obtivo toda a información necesaria, desfíxose del.

Nalgún momento, Andrea converteuse en rexenta de Espiña. Ela destruíu a escola “Os Demos do Inferno”, con varias traizóns, e matou todos os mozos e mozas que foran os seus socios, envelenándoos despois dun bico. Máis tarde, a versión nova de Selena Gomez que estaba no universo principal baixo o nome falso Paula Júnior, recupera a memoria borrada por İhi Kadse do universo principal sobre a súa identidade e volve ao seu universo para restaurar a historia. A FEF 07 vai ao universo espello para perseguila e rematan nunha loita contra a rebelión que formara Andrea, e van a Castelldefels (que parece a Idade Media con guillotinas). Os oficiais da FEF atoparon Ѕаndrа Lóреz e creron que podería salvalos, pero revélase que Sandra é a parella de Andrea. No entanto, Sandra axúdaa e traizoa Andrea, e revélase que Selena (nova) é tamén parella de Andrea en segredo. Andrea descobre que Sandra a quere traizoar e mátaa. Entón máis oficiais da FEF veñen e empezan un tiroteo, e escápanse. E Josep Maria rouba a esfera de transporte do corpo de Sandra no peto. Pero Sandra alterara o helicóptero de Andrea, e cando Andrea se prepara para seguir os oficiais da FEF (que escaparan), o seu helicóptero estrélase no mar, e os oficiais da FEF capturan e encarceran Selena en Teremedó (do universo principal).

Na película Planetes V: O teu nome na Terra, había tempo que 20 estaba a ver Andrea na súa universidade, pero vía que algo non era do todo correcto. 20 sospeitaba sempre que esta Andrea era a rexenta do universo espello, e a normal está prisioneira pola rexenta nalgún sitio descoñecido. Ann descobre que a rexenta, que crían todos que morrera co seu helicóptero, dalgún xeito conseguiu escapar con vida e agora está a facer a vida do seu dobre na Terra do universo normal, para sacar información sobre 20 e a FEF, e ademais posiblemente traballa no grupo da Creación Áurea e de Yusma, e podería ser unha das mozas de Yusma. Máis tarde, Teremedó informa que Selena do universo espello que estaba prisioneira en Bàrcinon, foi asasinada por Andrea, porque ela pensaba que era unha ameaza para os seus plans. Mentres tanto, Andrea díxolle a 20 que unha moza da antiga escola onde 20 ía con Andrea de verdade, que se chama Marina, tamén estuda na universidade de 20, pero el non a atopa en ningures. Podería ser unha mentira de Andrea para facer que 20 queira atopar Marina e xa non se preocupe polo que ela fixer. Máis tarde descóbrese que é un filtro de percepción, e Marina non existiu nunca. Despois descóbrese que Lina e todos os seus compañeiros que estiveron con el en Tékoda perderon a súa memoria, como Lauryn, China e Kimberly. 20 pensa que todos os seus compañeiros tamén deixarán de existir, pero Andrea di que o que dixo Erika sobre a perda de memoria é falso, e tamén di que ela xa non pertence á colección de mozas de Yusma. Os oficiais da 09 perderon Lina como comandante e primeira oficial, e por iso 20 decide ascender Pumiky a comandante e primeiro oficial da 09. Uns meses máis tarde, Ann descobre que os ataques terroristas na Terra son organizados pola rexenta Andrea, e todos estes ataques terroristas tamén suceden nos planetas da FEF ou nos outros planetas que os axudan. Pero non hai ataques en Teremedó, e non se sabe o motivo. 21 xa o sabía, e di que o planeta Teremedó está inestable, e di que non sabe canto tempo a FEF durará.

Na película Planetes VI: Só nun mundo normal, Vulcano, Góbola e todo o sistema Talos son destruídos polo novo inimigo da película, que se aliou con Andrea e conseguen derrubar a Frota Estelar da Federación. Sen a FEF, Josep Maria 22/23 só ten como apoio a nave FEF 07, baixo o mando do capitán 0, irmán do antigo almirante da Terra. Pero sen a protección dos amigos que tiñan, os antigos oficiais da Frota Estelar da Federación atópanse nunha calella sen saída, e teñen que evitar que Andrea e a súa nova parella activen unha máquina que destruirá Teremedó. Ademais, os inimigos aliaranse co inimigo teremedosiano de Josep Maria 22/23, Alxy Frankz, quen os axudará a pesar de que se destruirá o seu propio planeta. En 2018, 23, 0 e Carla, os últimos oficiais da antiga FEF que quedan, empezan unha misión na Terra do universo espello para atoparen a verdadeira Andrea. Panda axúdaos, no entanto este ataque é longo e perigoso, e a pesar de que os oficiais da 07 conseguen rescatar Andrea, teñen que pagar un prezo bastante caro. Andrea do universo espello estaba secuestrada nunha prisión terrana que controlaba a rexenta Andrea, e cando a salvan, ela queda na 07 sabéndoo todo e axuda 23 e os seus aliados, pero sen ter rango de oficial. Pero Carla é asasinada pola rexenta Andrea durante a misión de rescate, e Franny queda moi afectado pola morte da súa nai e non se recuperará ata que esquecerá os seus pais un ano despois. Andrea deste universo lembra todo ata que os oficiais da 07 fan a misión definitiva para derrotar a rexenta Andrea que ten un custo aínda máis elevado. Na primavera do ano 2019, Andrea do universo espello é derrotada e morre (porque 0 a mata a sangue frío), e Andrea do universo normal substitúea sen lembrar nada e vivindo a vida que facía o seu dobre.

Na película Planetes VIII: Refareiche a túa vida, Andrea fai dúas aparicións breves como personaxe convidada: a primeira vez, como un espectro polimórfico creado por XANA nunha liña temporal alternativa onde Carla está a saír con Josep Maria porque o ex-noivo de Carla, Fran, viaxou do 2009 ao 2020 e cambiou a historia; a segunda vez, como unha recreación holográfica dela na holocuberta de Bàrcinon. Na película Planetes IX: Quero esquecerche pero non podo, vense unhas imaxes dunha realidade alternativa visitada por Panda e Alara coa TARDIS onde Josep Maria 27 e Andrea están a facer unha fusión mental e a rir, xa que nesta liña temporal son moi amigos; mentres Panda e Alara están a velos.