Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Ao choio!
23
Número de episodio 7
Tempada 3
Número total 23
Título en Teremedó ¡Anem-xi!
Título en Portugal Imos lá!
Data do trinque 3 de decembro do 2017
Lista de episodios
anterior
O segredo da ligazón
seguinte
Tedes que actuar, Parte 1
Cousas de Irmás

Ao choio! é o episodio 7 da tempada 3 da serie Cousas de Irmás e o episodio 23 en total. Estreouse o 3 de decembro do 2017.

Argumento[]

O episodio comeza no medio dunha clase de ruso de Josep Maria 22. A clase está a rematar cando 22 recibe unha chamada de 0 quen lle di que ten que falar con el dunha cousa moi importante e ten que subir á 07. 22 dille en voz baixa que a súa clase de ruso está a rematar, e dentro dun minuto poderá responderlle. Cando todos os alumnos do grupo de ruso se van, 22 chama a 07 e di a 0 que xa o pode teletransportar a bordo. Unha vez a bordo da 07, 0 informa o seu irmán que teñen visitas, e 22 sorpréndese. 0 di que Carla está a esperalos na ponte, onde se atopan os invitados. Eles chegan á ponte, e alí 22 ve que Yusma está a esperalo para falar con el. E ao seu lado está Lola, que di: “Gústame a vosa nave espacial, é moi bonita!”. 22 non sabe que dicir, xa que el está namorado de Lola porque ela é İhi do universo espello

Lola (İhi) dille a 22: “Son unha rapariga casada”, e 22 dille: “Xa o sei, no entanto es a única persoa que coñezo que me fai lembrar a miña ex-noiva. Pero tes todo o dereito de amar só o teu marido, sen dúbida!”. Yusma di: “Un día descubrín que Jordi Alejos García está a vixiarvos e ten baixo o seu control un hotel onde as irmás de Mila están secuestradas. Ou sexa, vós tedes que facer algo para evitar que el gañe esta pequena guerra dunha forma fácil. O teu equipo é bo, pero non podedes gañar sen a nosa axuda. Estades nunha calella sen saída, e por iso axudareivos!”. 22 dille que están de acordo, e comezarán a traballar xuntos nunha alianza. 0 pregunta se poderán confiar en Yusma, e 22 dille que tamén está Lola. 0 di: “Crees en Yusma porque Lola está aquí?” e 22 di: “Yusma quere colaborar connosco, non?”. 0 di que si.

Yusma colle un obxecto co que poden saber o que o equipo de Jordi Alejos García está a facer, e di aos oficiais da FEF: “Teño a certeza que con isto non poderán convosco. Pero precisamos doutra cousa: o cerebro de Mila. Ou sexa, temos que facerlle unha fusión mental teremedosiana para obter a información que hai no seu cerebro. Entendéstelo?” e 22 dille: “Nós xa conseguimos facelo, 0 fusionouse con ela”. Yusma di a 0: “Entón ti tes a chave para a nosa misión!”. Yusma explica que teñen que crear unha Mila falsa na Terra, mentres nunha holocuberta porán á verdadeira Mila para facer que lles dea a información que eles necesitan. Cando fixeren isto, poderán continuar a misión. 22 dille a Yusma que teñen que preparalo todo, e Yusma di que teñen que impedir que o lado inimigo obteña a información que hai no cerebro de Mila. 22 enténdeo, e di a todos: “Ao choio!”…

Nun lugar descoñecido, Jordi Alejos García está a falar coa rexenta Andrea e Melina sobre Yusma, xa que saben que el está a axudar os oficiais da FEF. Andrea di: “Yusma, a túa alianza co teu dobre rematará cedo cando rematarmos o noso plan!” e despois di a Jordi Alejos García: “Estás preparado para ser teletransportado?”. Jordi Alejos García di que si, e os dous entran nunhas cabinas. Jordi Alejos García di a Melina que ela ten que quedar neste lugar mentres el e Andrea farán a súa misión, e Melina acepta. Jordi Alejos García e Andrea son teletransportados ata o hotel Golf, onde atopan as cinco irmás de Mila secuestradas. Jordi Alejos García di a Andrea: “Preséntoche a fonte dos meus poderes psicomórficos, as fillas de María Natividad. Pero teño que dicirche que temos que ter coidado, os meus homes dixéronme que ás veces estas nenas falan nunha maneira estraña. Por iso non as tes que tocar, eu tampouco as teño que tocar. Son só para velas, entendiches?”. Andrea di que si, pero de súpeto as nenas empezan a dicir todas á vez: “Aviso: estamos a vir!”. Jordi Alejos García di: “Dino sempre”, pero entón as nenas din unha cousa diferente: “Activade a fisura e levádenos ao voso establecemento principal”. Jordi Alejos García pregúntalles: “Quen sodes vós?”, pero as nenas seguen repetindo esta frase…

Na 07, Lola di: “En realidade non teño todas as miñas lembranzas de cando era İhi, esa Andrea borroume unha gran parte da miña memoria…” e 22 dille: “Entón cal é a túa misión na loita?”. Lola di: “Só quero axudar o meu marido, xa que o noso amor non foi borrado. As lembranzas están a vir amodo, ao principio pensaba que era unha moza de Arxentina como pensabades vós. E se quixerdes axudarme a recuperar a miña entidade, agradeceréivolo!”. 22 dille que está de acordo con isto, pero Yusma di que antes teñen que facer que o equipo de Andrea e Jordi Alejos García non consiga a información do cerebro de Mila. 22 dille que Andrea tamén formou unha coalición co peor inimigo de 22, Alxy Frankz. Yusma di que xa o sabía, e infórmalle que Jordi Alejos García non sabe nada desta nova coalición. Trátase dunha boa noticia para os oficiais da FEF e os seus novos aliados: Yusma e Lola…

Cando 22 volve á Terra, nunha rúa atopa unha rapariga amiga de Mila que só lle di: “Se quixeres saber máis sobre a nosa especie, abre a fisura. Queremos contactar convosco. Abre a fisura!”. Cando 22 vai responderlle, a rapariga desapareceu. 22 chama a 07 e informa os seus amigos sobre o que pasou con esta amiga de Mila. 0 investigarao e dirallo a Mila para saber quen é esta rapariga. Máis tarde, Yusma está a falar con Lola e dille: “A nosa misión aquí está a complicarse…”. No hotel Golf, tras unha hora en que as cinco irmás de Mila repetían as mesmas palabras sen parar, de súpeto calan e quedan de novo durmidas. Jordi Alejos García di a Andrea que está a perder o control das nenas, e se perder o control, tamén perderá os seus poderes psicomórficos. Andrea dille que ela lle axudará sempre, pero el en cambio ten que cumprir o plan dela, que consiste na destrución de todos os oficiais da antiga FEF, e sobre todo do almirante da Terra, 22. Jordi Alejos García di que está de acordo, e bica Andrea. Pero de súpeto una das nenas levántase e comeza a camiñar…

Jordi Alejos García tenta parar esta nena, pero a nena lanza un raio desde a súa man e deixa Jordi Alejos García e Andrea no chan inconscientes… Mentres tanto, 0 está a falar con Mila polo WhatsApp sobre a amiga dela facéndose pasar por 22, pero Mila di que esta amiga nunca diría nada estraño, polo tanto o que el di sobre ela non ten sentido. 0 dille que o esqueza, xa que non ten importancia. Máis tarde, 22 recibe unha chamada de 0 que lle di que as holocubertas da 07 están a fallar, e Carla podería notar que non está na Terra. Afortunadamente aínda non notou nada, pero isto non durará moito e teñen que actuar rápido. 22 enténdeo, e pídelle que o teletransporte á 07. Cando sobe á nave, 22 nota que o problema das holocubertas é causado por unha sabotaxe que vén da Terra. 22 di: “Fíxoo Yusma ou Lola?” pero 0 di que o problema non se orixina na nave, alguén está a tentar entrar no computador da 07 e a orixe da intrusión vén dun punto da Terra, pero segundo os sensores da nave, alí non hai nada, só un deserto. 22 di que teñen que ir ver alí que pasa de todos os xeitos, pero utilizarán o supercomputador para ter os poderes virtuais. 22 e 0 van coa virtualización ao deserto de África onde se atopa a orixe da intrusión á 07, pero aínda non conseguen atopar nada, só hai area…

22 e 0 camiñan pola area, cando de súpeto caen nun buraco e non poden saír porque o buraco se pecha e comeza a encherse de area. Quedaron atrapados alí. Pero como que están nas súas formas virtuais, 22 e 0 dispáranse mutuamente e volven á 07. 22 e 0 explican que alguén os tentou atrapar, polo tanto é moi perigoso volver a ese lugar. 22 di que por agora teñen que facer outra cousa para evitar a intrusión, e por iso tentarán fortalecer os escudos da nave. Dirixen toda a enerxía necesaria aos escudos, desconectando o que non sexa vital, e os escudos fortalécense. Esta vez parece que tiveron éxito, a intrusión é neutralizada e as holocubertas volven á normalidade. 22 vén falar con Carla á holocuberta, e descobre que afortunadamente Carla non se decatou que non está na Terra. 22 pregunta a Carla se está ben, e Carla actúa dunha maneira coma se 22 viñese ao barrio dela, dicindo: “Por que me estás a preguntar isto?”. 22 di que vai todo ben, e veranse outro día, xa que agora ten que irse. Di adeus a Carla, e sae da holocuberta. Na ponte, 22 di a 0 que se teletransportará de novo na súa casa, e 0 di que o avisará se houberen novidades sobre a intrusión. 22 volve a casa e remata o episodio.

Advertisement