Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
As nenas teñen que crecer
26
Número de episodio 2
Tempada 4
Número total 26
Título en Teremedó Las nenas ṭenan ke kreḣa
Título en Portugal As meninas têm de crescer
Data do trinque 14 de xaneiro do 2018
Lista de episodios
anterior
Tedes que actuar, Parte 2
seguinte
Porque si
Cousas de Irmás

As nenas teñen que crecer é o episodio 2 da tempada 4 da serie Cousas de Irmás e o episodio 26 en total. Estreouse o 14 de xaneiro do 2018.

Argumento[]

O episodio empeza nunha habitación do hotel Golf, onde Jordi Alejos García está a observar as nenas secuestradas, colle unha e di: “Andrea, non sei cal é o teu plan, pero botarme do teu equipo custarache caro. Non sei quen es, pero eu tamén teño recursos…”. A nena que el colleu está nun estado de hipnose, ata que Jordi Alejos García lle pon un obxecto sobre a súa testa, e a nena esperta. A nena pregunta: “Onde estou? Onde está a miña nai? Quero volver a casa!”. Jordi Alejos García dille: “Irás á túa casa, pero antes tes que falar cuns novos amigos. Ven, confía en min!”… Na nave FEF 07, 0 teletransporta Josep Maria 22 á nave, xa que teñen unha noticia: alguén quere entrar en contacto con eles. 22 di: “Quen quere entrar en contacto connosco?” e 0 di: “Non cho crerás…”. 22 pide que o transporten a bordo, e 0 di: “Temos que teletransportar dúas persoas!”. 22 di: “Dúas?”, mentres o teletransporte está a realizarse. Cando o teletransporte remata, 22 sorpréndese porque veu Jordi Alejos García cunha nena pequena. 22 di: “Vin fotos túas, es Jordi Alejos García, verdade?”. Jordi Alejos García di: “Si, e quero facer un pacto convosco!”…

22 pregunta a Jordi Alejos García: “Como podemos saber que podemos confiar en ti?” e Jordi Alejos García di: “Tráiovos Mariana, unha das fillas de María Natividad. Liberareina e deixareina libre, ou sexa, poderá volver a casa. É esta unha mostra da miña boa vontade?”. 22 di: “Isto é complicado, ninguén a lembra e non podería volver a casa, atopariámonos nun gran problema coas autoridades da Terra!”, pero Jordi Alejos García di: “Eu podo facer que a volvan lembrar, só teño que ir á miña base e desfacer o filtro de percepción. Por favor, confiade en min, quero axudarvos a loitar contra a rexenta Andrea!”. 22 di: “Agora enténdoo, Andrea deixoute, verdade?”, e Jordi Alejos García di: “A rexenta Andrea está tola, fai plans co presidente dos Estados Unidos e teño medo que tome o control de todo o planeta!”. 22 di: “Que é o que ti nos propós?”, e Jordi Alejos García di: “Quero coñecervos, a rexenta Andrea non era unha boa amiga. Sinto todo o que fixen contra vós, pero recompensaréivolo se estiverdes de acordo en aceptar a miña oferta!”. 22 di: “Non somos parvos, que queres a cambio?”, e Jordi Alejos García di: “Teño que facer máis cousas para demostrar que son digno da vosa confianza?”…

22 pregúntalle a Jordi Alejos García por que Mariana é unha nena pequena, xa que se fose unha irmá de Mila tería que ter o aspecto dun adolescente ou dunha persoa maior. Jordi Alejos García di que, para obter poderes psicomórficos, as nenas que secuestrou non poden crecer, e teñen que estar nun estado de coma para poder extraer toda a súa enerxía. 22 di que non entende por que non poden crecer, xa que el non sabe como funciona isto. Jordi Alejos García di que el tampouco sabe como funciona exactamente, aínda así conseguiu moitos poderes con todo este proceso. Pero di que iso ten que rematar, e teñen que atopar sexa como for un método para facer que as nenas crezan e volvan ter a súa idade. Pero el non sabe como se fai isto. 22 pregunta onde están as outras catro nenas, e Jordi Alejos García di que non sabe, el non as ten, xa que a rexenta Andrea as levou antes que el pasase á beira de 22 e o seu equipo. 22 pregúntalle por que a rexenta Andrea quere as nenas, e Jordi Alejos García di que se cadra quere obter o que el quería para ser máis forte. 22 dille a Jordi Alejos García que Mariana quedará na 07 e devolveranlle a súa idade, e cando o fixeren, levarana á súa casa na Terra. Farano sexa como for. Jordi Alejos García di que acepta, e axudaraos.

Mentres tanto, no tobo da rexenta Andrea, Andrea e Melina están a ver nun vídeo a traizón de Jordi Alejos García, e Andrea di: “Matareite, ninguén me pode traizoar. Non entendo como é que te puiden bicar…”. Melina di: “Bicaches Jordi Alejos García?”, e Andrea di: “A nosa relación está totalmente acabada, nós terminamos. Non me van ben os homes maiores, prefiro as persoas da miña idade. Coma ti, Melina…” e bica Melina. Melina di: “22 tamén é da túa idade e non che gusta…” e Andrea di: “El é a excepción. Non só non me gusta, senón que morrerá nas miñas mans lentamente!”. Na sala de reunións da 07, os oficiais están a pensar nun método para conseguir que Mariana volva ser unha moza de 26 anos, xa que esta é a idade que dixo Jordi Alejos García que ela ten. 22 pregúntalle a Jordi Alejos García se el sabe algunha solución, e Jordi Alejos García di que eles roubaron tecnoloxía da 04 en 1999 para conseguir todas as ferramentas necesarias. 22 di: “Claro, tedes a máquina da idade!”, e Jordi Alejos García non entende nada. 22 di que a tecnoloxía da 04 podía cambiar a idade de alguén, e por iso teñen que ir á base de Jordi Alejos García e coller a tecnoloxía orixinal que pertencía á 04 para extraer a máquina da idade. 22 di que sabe como facelo…

Jordi Alejos García dá a 22 as coordenadas da súa base, e 22 informa que el irá dunha maneira diferente mentres os outros irán co teletransportador. 0 di: “Eu prefiro utilizar tamén a maneira de 22, vale?”, e por este motivo todos van á sala do supercomputador. Cando chegan, 22 prepara un teletransporte virtual ás coordenadas que Jordi Alejos García indicou, e el e 0 métense nos escáneres mentres que Rutitto teletransporta Jordi Alejos García á súa base. 22 e 0 aparecen virtuais na base, e Jordi Alejos García lévaos ata a sección principal da base. E a rexenta Andrea está a ver todo… Jordi Alejos García dá a 22 a tecnoloxía roubada da 04, e 22 di: “Collede este obxecto que teño nas mans e levádeo á 07”, e Rutitto teletranspórtao. 22 pregunta a Jordi Alejos García se eles precisan dalgunha cousa máis, e Jordi Alejos García di que isto é todo. Jordi Alejos García volve á 07, e 22 e 0 materialízanse. Na 07, 22 empeza o seu traballo de extraer a máquina da idade, e di: “Isto é exactamente unha copia da tecnoloxía goboliana que había na bóla 04, tiñades todo!”. 22 remata o seu traballo, e saca unha parte da tecnoloxía da 04 que corresponde ao proceso da máquina da idade. Agora só teñen que usalo con Mariana…

Nunha rúa de Barcelona, Mila está a andar para volver a casa, cando un coche se lle achega. O coche aparca e sae a actriz Penélope Cruz e o seu director. O director di a Mila: “Ti es Mila?” e Mila non sabe que dicir. O director di: “Penélope e eu estivemos a observarte e vimos que tes moito talento para o cinema, por iso nós proporémosche que colabores nunha película connosco. Serás moi ben paga. Estás de acordo?”, e Penélope Cruz di: “Teño moitas ganas de traballar xunto a ti, xa podes ter a certeza que che gustará moito a nosa película. Será un éxito!”. Mila di: “De que trata a película?” e o director di: “Son dúas mozas, interpretadas por ti e Penélope, que se dedican a salvar o mundo duns delincuentes. Penélope interpretará a líder e ti a súa aprendiz. Que che parece?”. Mila di: “É parecido a Star Wars” e o director di: “É moito mellor!”. Mila dálles o seu número de móbil, e o director di: “Ben, estamos en contacto!”. O director e Penélope Cruz vanse cara ao seu coche aparcado, e entón o director revela que era Andrea disfrazada, e Penélope Cruz é Melina, usando uns hologramas. Andrea di: “Se todo isto for ben, Mila caerá na nosa trampa e 22 será derrotado ao ver a súa amiga morta, xa que agora el está namorado dela…”, e as dúas mozas empezan a rir.

Na 07, 22, 0 e Jordi Alejos García están a preparar a máquina da idade para devolver a Mariana a súa idade, xa que ela en realidade ten 26 anos e parece que teña 10 anos. 22 di a Mariana: “Non te preocupes, somos os teus amigos e devolverémosche a túa antiga vida…” e Jordi Alejos García di: “Eu agora estou ao lado dos bos, sei que che fixen cousas malas, pero podes confiar en min, portareime ben convosco a partir de agora. Creme!”. 22 di a Mariana: “Agora só tes que entrar neste escáner e todo irá ben. Ao choio!”, e Mariana métese nun escáner dos que ten o supercomputador. 22 prepara un programa que está conectado á máquina da idade, e escanea Mariana. Mariana desaparece, e 22 di: “Agora é o momento de facer maxia: ou funciona e todo vai ben, ou perdémola!”. 22 toca unhas teclas no supercomputador, e empeza o seu programa. Cando o programa di que todo está listo, 22 activa a materialización de Mariana… e Mariana sae do escáner coa súa idade correcta, 26 anos. Foi un éxito. Jordi Alejos García di: “Que faredes con ela?”, 22 di: “Precisamos dun plan para facer que toda a xente a lembre de novo, e ademais precisamos das outras catro nenas que Andrea ten. Cando tivermos ao cinco mozas, xa pensaremos nun plan para levalas a casa. De momento Mariana quedará aquí, está ben?” e Jordi Alejos García di que si.

No tobo de Andrea, Andrea di a Melina que ten que ir ao piso de Mila para facer que Mila non lle diga nada a 22 do seu encontro falso con Penélope Cruz. Melina pregúntalle a Andrea como o fará, e Andrea di que ela tamén pode facer fusións mentais aínda que non sexa teremedosiana, xa que fixo unha fusión mental teremedosiana con Yusma hai tempo e absorbeu os seus poderes hipnóticos, polo tanto pode hipnotizar calquera persoa, como Mila. Andrea di a Melina que volverá nun momento, e co teletransportador aparece no piso de Mila. Andrea faise invisible cun holo-emisor móbil, e vai ao cuarto de Mila. Mila non se decata, e Andrea achégaselle e faille a fusión mental teremedosiana. Están uns segundos, e cando a fusión remata, Mila cae á cama durmida. Andrea sae do cuarto e volve teletransportarse cara ao seu tobo da súa casa, onde Melina estaba a ver todo nunha pantalla onde pode ver todo o que sucede na Terra. Andrea di a Melina: “Estabas a controlarme?” e Melina di que se aburría e ademais vixiaba que todo fose ben. Andrea di que elas poden ver todo o que sucede na Terra, pero non poden ver o que sucede na 07. Aínda así, elas teñen máis sorte porque poden vixiar Mila, e tamén vixiarán 22 ou Jordi Alejos García cando foren á Terra. E remata o episodio.

Advertisement