FANDOM


Bàrcinon

Bàrcinon.

Bàrcinon é a capital administrativa e a cidade máis importante de Teremedó, un planeta que tamén é coñecido como M2. Bàrcinon está situado na península Bèrtika, no norte do planeta.

Características

Bàrcinon ten tres hoteis: un hotel de seis estrelas que se chama “Kasa Tot” (Casa Todo), un hotel de dúas estrelas que se chama Bàrcinon e outro dunha estrela que se chama “Ula i Adèu” (Ola e Adeus); unha escola que se chama “Traball” (Traballo), un só hospital… e unha soa cousa para todo.

Todas as casas teñen o aparcadoiro (-1), a planta baixa (0) e o primeiro piso (1) só, excepto o hotel e a escola que teñen 111 pisos, e o hospital que ten 12. Ao hotel “Kasa Tot” e á escola, a “Bulevard da Tot” (Paseo de todo) pasa polo 10º piso. Á escola tamén pasa a “Bulevard lad Traball” (Paseo do Traballo) polo 10º piso.

A auga da cidade repártese aos cidadáns desde a “Kasa da ľaigua” (Casa da auga). Vén do mar, entra por un tubo, desvíase en dous tubos, un leva auga e peces e o outro só auga. O de auga, pasa por un depurador que saca o sal e vai por toda a cidade. En cada casa desvíase en dous tubos: un de auga quente e un de auga fría. Todos teñen un tapón ao final. Se a billa se abrir, destaparanse. Depende do lado que se quixer abrir. O de auga e peces desvíase en dous tubos: un só colle peces que os envía á peixaría por comelos e outro tubo colle auga e peces. O tubo de auga e peixes leva os peixes á piscina para xogar con eles.

As prazas de Bàrcinon normalmente collen 1, 2 ou 4 alcouzadas de casas. A “Placa lad Center” (Praza do Centro) está no centro de Bàrcinon. A “Placa ladas Glôrias” (Praza das Glorias), por baixo, é un centro comercial. E por riba, é un parque. A “Placa Letmen” (Praza “Letmen”) é un chafrán grande. As prazas de “Ketalània”, de “Espània” e de “Tàbula” son as outras prazas de Bàrcinon.

Escola

A escola “Traball” (Traballo) é a única escola de Bàrcinon. É un edificio de 111 pisos que dá servizo escolar a todos os cidadáns. Está dividido por pisos:

  • Piso -28 — -1: Aparcadoiro.
  • Piso 0: Patio (para xogos).
  • Piso 1 e 2: Gardaría (P1 e P2).
  • Piso 3: Empeza a escola con P3.
  • Piso 4: P4.
  • Piso 5: P5.
  • Piso 6: P6.
  • Piso 7: P7.
  • Piso 8: P8.
  • Piso 9: P9.
  • Piso 10: PƐ.
  • Piso 11: 1º de Primaria.
  • Piso 12: 2º de Primaria.
  • Piso 13: 3º de Primaria.
  • Piso 14: 4º de Primaria.
  • Piso 15: 5º de Primaria.
  • Piso 16: 6º de Primaria.
  • Piso 17: 7º de Primaria.
  • Piso 18: 8º de Primaria.
  • Piso 19: 9º de Primaria.
  • Piso 20: 10º de Primaria.
  • Pisos 21 — 29: Secundaria (10 cursos tamén).
  • Pisos 30 — 39: Terciaria (10 cursos tamén).
  • Pisos 40 — 48: Cuaternaria (8 cursos).

Ata os 48 anos. Despois, tense que traballar ata os 86 ou se a escola se fixo ben, dan aos cidadáns 5000€ cada 6 anos e pódese descansar. Do piso 49 ata o 111 hai outras cousas.

Kasa Tot

O hotel “Kasa Tot” é un hotel de 6 estrelas que ten 111 pisos, cada piso corresponde á idade dos turistas, no piso 110 hai o terrado e é para a vista (da cidade), o 111 é para o ceo e un piso sobre o edificio para os mortos. O dono deste hotel é Jordy Kúdigy, amigo de Kimberly e Karla.

Metro

O Metro ten 33 liñas e está formado por: “Metrz” (17 liñas), “Serrukarrils lad Tenité da Ketalània (STK)” (10 liñas), que son trens que van á Terra; e “Tramvìa” (6 liñas), para viaxar polo país Ketalània. O autobús en Bàrcinon (chamado “bus”) ten 20 liñas, 12 urbanas e 8 suburbanas.

Outros datos

O hotel Bàrcinon está ben: é un sitio céntrico e ben orientado, pero os cuartos teñen que pedirse con antelación. O hotel “Ula i Adèu” é moi birrioso e todos se marchan rápido.

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.