
Cousas de Irmás.
Cousas de Irmás é unha serie creada por Dýmapko que segue as aventuras de dúas irmás, Kimberly e Karla, que plasman o día a día. Karla, é a pequena travesa que a todos conquista coa súa cara de anxo. Kimberly, a maior culpable de todos os seus males. A serie foi estreada en Teremedó o 30 de novembro do 2014, cun episodio cada dúas semanas. Pero por problemas económicos, o 0 de marzo do 2015 a serie quedou suspendida temporalmente, e o 26 de xullo do 2016 continuouse a serie cunha segunda tempada. Tamén se fixo unha terceira e unha cuarta tempada, con novas personaxes: dúas novas irmás, Mila (Milagros) e Melina (nome falso).
Personaxes[]
- Kimberly Duver§a: é unha das dúas protagonistas da serie. É a maior das dúas irmás. Estuda na escola Traball de Bàrcinon (Ketalània) en Teremedó, xunto á súa irmá, e vai a sétimo de “Primària”. Na súa escola, a xente considera ela e a súa irmá “raparigas especiais”, e non está definido se son teremedosianas ou humanas.
- Karla Duver§a: é a outra protagonista da serie. É de máis nova das dúas irmás. Estuda na escola Traball de Bàrcinon (Ketalània) en Teremedó, xunto á súa irmá, e vai ao curso “PƐ”. Normalmente adoita levar lentes na escola.
- Jordy Kúdigy: é o dono do hotel Kasa Tot de Bàrcinon, o hotel máis importante da cidade con 111 pisos. Jordy ten unha boa relación coas dúas raparigas, e lévanse moi ben. Ás veces veñen visitarlle, cando non teñen que facer nada.
- Almirante Yusepy Maray #: é un oficial da Frota Estelar da Federación teremedosiano, que normalmente visita o seu planeta Teremedó coa nave FEF 09.
- Rexenta Andrea: é unha terrana do universo espello que procura vinganza despois de ser derrotada pola FEF, por tanto tenta destruír todo o que está relacionado coa FEF: os seus planetas e os seus oficiais. Ela é a responsable polos ataques xihadistas na Terra e pola destrución dos planetas da FEF, un feito que causa que a FEF deixe de existir. É unha salvaxe sexual e bisexual, como todas as raparigas terranas, e con frecuencia utiliza esta súa calidade cos homes.
- Mila: é unha das novas protagonistas da terceira tempada. É da Terra, e vive nunha casa xunto co almirante da Terra, Josep Maria 22. Ten seis irmáns, pero cando era unha nena, o seu pai desapareceu e unhas entidades descoñecidas que colaboran co universo espello secuestraron as súas cinco irmás, e o seu irmán máis vello escapou. Entón estas entidades utilizaron filtros de percepción con Milagros, o seu irmán e a súa nai, para facer que as cinco irmás secuestradas “desaparezan”, e así esqueceranas e ninguén as quererá procurar. Pero a nai de Mila é moi intelixente e non esqueceu as súas cinco fillas, xa que o seu amor maternal é máis forte cós filtros. Por iso, as entidades fan que a nai pareza tola e ninguén a queira escoitar.
- Melina: é a outra nova protagonista de terceira tempada. O nome de “Melina” é falso, descoñécese o seu nome real. É da Terra, e é a máis nova das sete irmás. É unha das irmás secuestradas, pero por agora só se coñece a versión do universo espello dela. Ela fai unha actividade de teatro nun centro cívico, e forma parte dunha entidade na que se atopa o apartamento de 22 e de Mila. O obxectivo de 22 é salvar o dobre de Melina e as outras catro irmás de Mila secuestradas.
- Jordi Alejos García: é o inimigo de Mila e a súa familia, el é o responsable polo secuestro das irmás de Mila e quen utiliza a tecnoloxía dos filtros de percepción para converterse nun psicomorfo.
Personaxe | Tempadas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||||
Kimberly Duver§a | Si | Non | ||||||
Karla Duver§a | Si | Non | ||||||
Almirante Yusepy Maray # | Si | |||||||
Mila | Non | Si | ||||||
Melina | Non | Si | ||||||
Jordy Kúdigy | Si | Non | ||||||
Rexenta Andrea | Non | Si | ||||||
Yusma | Si | Non | ||||||
İhi Kadse | Invitada | Non | Sí (Lola) | Non | ||||
0 | Invitado | Non | Invitado | |||||
Carla | Non | Invitada | ||||||
Jordi Alejos García | Non | Si |
Episodios[]
Tempada 1[]
# | ![]() ![]() |
![]() ![]() |
![]() ![]() |
Data do trinque |
---|---|---|---|---|
1 | Dúas raparigas especiais | 2’a noyas especials | Duas raparigas especiais | 30 de novembro do 2014 |
Dúas raparigas irmás, Kimberly e Karla Duver§a, están a facer unha vida normal: van á escola, teñen amigas… Ata que un día, unhas amigas de Kimberly dinlle a ela que haberá unha inauguración dunha nave estelar, e Karla quere ir. Desde este día, as súas vidas cambiarán para sempre. | ||||
2 | Visita nun hotel | Visiṭá 1 žṭel | Visita num hotel | 14 de decembro do 2014 |
Karla é aceptada para ir con Kimberly a unha excursión ao edificio xemelgo da escola, o hotel Kasa Tot. Cando chegan ao hotel tras unha viaxe cos STK, as dúas raparigas coñecen Jordy Kúdigy, o responsable do hotel. Pero Jordy revela que el tamén é un oficial da FEF que á vez traballa no hotel e ofrece ás raparigas unirse á FEF, pero elas rexeitan a oferta afirmando que prefiren quedar como simples cidadás. | ||||
3 | Gran broma | Ġran broma | Grande piada | 28 de decembro do 2014 |
En vacacións e coa cidade nevada, Karla fai unha broma a Kimberly e fai que Kimberly quede cuberta de neve na rúa. Kimberly decide devolver a broma a Karla, e descobre que na Terra o día 28 de decembro é un día onde os humanos fan bromas. Kimberly consegue pensar nun plan para vingarse de Karla, que consiste en utilizar un holograma e facer crer a Karla que o mozo que a ela lle gusta, está en perigo e pídelle axuda. | ||||
4 | Segue o teu xeito | Saġeḣ le ṭeu §eyṭ | Segue o teu jeito | 11 de xaneiro do 2015 |
10 días despois do lanzamento da FEF 09, Kimberly e Karla van ao hotel Kasa Tot para falar con Jordy, pero el non está. Entón Kimberly colle un obxecto da FEF para facerse invisibles e entran no despacho de Jordy para investigar. Cruzan un portal e acaban nunha sala con instrumentos de alta tecnoloxía. E Jordy está nesta sala, que di que isto é altamente secreto e non poden dicir nada a ninguén sobre esta sala. Despois Jordy explica ás raparigas que esta sala é unha sala secreta que pertence á FEF, e desde aquí Jordy ten o control de varias cousas, algunhas co permiso do alcalde de Bàrcinon, e ademais desde aquí pode contactar coa Terra. Cando volven a casa, as dúas raparigas van en metro, pero o tren párase no túnel. Kimberly propón pedir axuda aos pasaxeiros e con telecinesia fan que o tren chegue á seguinte parada. | ||||
5 | A rapariga que tes que ser | La noya ke ṭens ke sé | A rapariga que tens de ser | 25 de xaneiro do 2015 |
Desde que unha rapariga dixo a Kimberly que é diferente e non é “a rapariga que ten que ser”, Kimberly decide ollar con Karla uns rexistros do seu pasado no concello para saber máis sobre as súas orixes. | ||||
6 | Xa que es única | P’eṭs ûnika | Já que és única | 8 de febreiro do 2015 |
Karla estivo namorada dun mozo da súa clase desde que era unha nena, e ela consegue facer un traballo da escola con este mozo. Durante o traballo, el revela que tamén sente algo por ela e deciden empezar unha relación como parella, cousa que Kimberly envexa porque ela nunca tivo noivo, aínda que é máis vella. | ||||
7 | Facede o que quixerdes | Ḟew lz ke vzlġew | Fazei o que quiserdes | 22 de febreiro do 2015 |
As raparigas ven que os profesores actúan dunha maneira estraña, ven que algo sucede con Jordy e empezan a ver cousas estrañas. Por iso deciden investigar o que sucede cos adultos, e descobren que se trata de asuntos da FEF. | ||||
8 | Sodes vós? | ¿Sou vzsalṭras? | Sois vós? | 0 de marzo do 2015 |
As raparigas descobren a existencia dun universo paralelo chamado Universo Espello, onde todo está duplicado pero coas personalidades inversas, e nese universo Teremedó foi destruído e só quedan uns poucos teremedosianos que sobreviviron, e Jordy explica que neste universo, os humanos son chamados terranos e están baixo o mando dun imperio salvaxe e sádico. Jordy pasa un tempo neste universo, mentres que o substitúe o seu dobre de alí. Tamén o almirante da Terra fala coas raparigas sobre Yusma, o seu dobre malvado no Universo Espello. | ||||
Tempada 2[]
# | ![]() ![]() |
![]() ![]() |
![]() ![]() |
Data do trinque |
---|---|---|---|---|
1 (9) | Unha vez máis nunha nave estelar | 1’alṭra kop n’1’a naw esṭellar | Mais uma vez numa nave estelar | 26 de xullo do 2016 |
Un oficial da FEF da nave do almirante da Terra chega a casa das raparigas, e pídelles a súa axuda dicindo que elas son as únicas persoas que poden axudar. Soben a bordo da nave FEF 09, e o comandante Pumiky e a tenente comandante Ann McGregor din que están preocupados polo almirante e por unha nova ameaza: unha persoa moi perigosa do Universo Espello, a rexenta Andrea, está a procurar vinganza contra a FEF. E como o almirante xa non está con İhi Kadse, Kimberly está a namorarse del. | ||||
2 (10) | O obxectivo dunha acción | Ľzb§akṭiu ď1’a akció | O objectivo duma acção | 0 de agosto do 2016 |
Kimberly foi elixida para entrar nun programa de telerrealidade, e estará nunha casa onde hai cámaras que gravan todo o que sucede. Kimberly alégrase moito con isto. As raparigas e o noivo de Karla descobren unhas instalacións secretas da FEF na montaña preto de Tarràkonon, onde entran sen permiso e descobren cousas que non deberían saber. | ||||
3 (11) | Tres entidades e os seus donos | 3’a enṭiṭaṭs i les seus amzs | Três entidades e os seus donos | 14 de agosto do 2016 |
Investigando máis profundamente, as raparigas entran con trucos nas instalacións da FEF e descobren que existen tres entidades chamadas “frecuencias”, “conciencias” e “inocencias”, que forman parte da orixe do Universo. E estas tres entidades teñen os seus propios donos, persoas importantes na historia que teñen o poder de controlar parte do espazo-tempo. | ||||
4 (12) | A viaxe | Le viaḣa | A viagem | 4 de setembro do 2016 |
Mentres que Kimberly vai nunha viaxe co equipo da casa da telerrealidade a Pariṭ (capital de “Frànnia”), Karla vén informarlle que ela tamén fará unha viaxe co seu curso da escola a Mardiṭ (capital de “Espània”) e logo Libriṭ (capital de “Portugània”). | ||||
5 (13) | A merda do cu | La merda lad kul | A merda do cu | 25 de setembro do 2016 |
Kimberly recibe unha chamada que provén dunha orixe descoñecida, e dille que o seu director é un espía que está a traballar para Yusma do universo espello, e el está á procura dela e da súa irmá Karla. Mentres tanto, nun lugar secreto, o director contacta con Yusma, e Yusma dille que ten que expulsar Kimberly da casa, e logo di que ten que facer unha vez máis unha fusión mental coa rexenta Andrea para obter máis informacións. Máis tarde na casa, Kimberly está coas súas maletas, e di a Karla que ela quedou fóra do proxecto da telerrealidade. | ||||
6 (14) | Liscade de aquí! | ¡Marḣew ďakí! | Ide-vos embora! | 16 de outubro do 2016 |
Jordy é expulsado da FEF, pero dera ás raparigas unha misión ás instalacións da FEF. Alá, as raparigas quedan atrapadas nunha burbulla temporal e o tempo está parado. E atopan outro problema: os seus corpos están a desaparecer… | ||||
7 (15) | A Terra, Parte 1 | La Ṭerra, parṭ 1 | A Terra, Parte 1 | 6 de novembro do 2016 |
Despois de falar co almirante 21, as raparigas van á Terra porque teñen unhas pasaxes e permitiralles coller os trens STK e viaxar á Terra. Despois de visitar Lisboa, as raparigas van a Barcelona, cidade do almirante, pero a rexenta Andrea está a esperalas… | ||||
8 (16) | A Terra, Parte 2 | La Ṭerra, parṭ 2 | A Terra, Parte 2 | 27 de novembro do 2016 |
A rexenta Andrea colle Kimberly e Karla, e colócaas nuns tubos de éxtase inconscientes. Descóbrese que Jordy do universo espello está ao lado dela, pero ela traizóao e tamén o pon nun tubo inconsciente, e revela que está a planear facer unha fusión do seu corpo co corpo de Jordy do universo normal. Nunha esfera de transporte, Yusma e İhi Kadse queren deter Andrea, pero fallan e tamén son capturados. Andrea tenta cambiar a historia, porque traballa para alguén descoñecido. Jordy enfróntase a Andrea, pero é derrotado por ela e morre. Andrea fusiona os dous Jordys con éxito, e logo mátao. Envía İhi Kadse do universo espello ao pasado onde comeza a vivir unha vida baixo o nome de Lola e coma se fose dunha familia de Arxentina. Os anos pasan, e Josep Maria 19 namórase dela, e el namórase máis dela cando termina a súa relación con İhi Kadse normal. Logo borra a memoria a todos os habitantes de Teremedó das irmás Duver§a, e envía Kimberly e Karla tamén ao pasado, ao 2013, na igrexa onde está Kirannis (a Creación Áurea), onde todos na igrexa creen que as irmás son de alí e sempre estiveron na igrexa. As irmás Duver§a teñen un acento como o da República Dominicana, e aínda que teñen aínda os seus nomes orixinais, teñen vidas e pais diferentes, coma se fosen da Terra. Ao final da tempada, alguén descoñecido coa forma dunha silueta fala con Andrea, e dille que se verán moi pronto, e Andrea dille que ten ganas de velo e chámao “Dono das Inocencias” marcando unha alianza entre a rexenta Andrea do universo espello e o enigmático Dono das Inocencias. | ||||
Tempada 3[]
# | ![]() ![]() |
![]() ![]() |
![]() ![]() |
Data do trinque |
---|---|---|---|---|
1 (17) | Irmás a distancia | 2’a §ermanas separadas | Irmãs a distância | 10 de setembro do 2017 |
Unha rapariga que se chama Milagros (Mila) vive na Terra nunha casa onde vivira o almirante Josep Maria 22. Pero o que non sabe é que ten cinco irmás que foron secuestradas por unhas entidades descoñecidas que colaboran co universo espello e que utilizaron filtros de percepción con Milagros, o seu irmán e a súa nai, para evitar que alguén as lembre e as queira procurar. Pero a nai de Mila é moi intelixente e non esqueceu as súas cinco fillas, xa que o seu amor maternal é máis forte cós filtros. Por iso, as entidades fan que a nai pareza tola e ninguén a queira escoitar. Unha das súas irmás ten un dobre do universo espello que está encuberta nunha actividade de teatro dun centro cívico e que fai ver que se chama “Melina”. Un día, esta “Melina” decide atacar Mila… | ||||
2 (18) | O que sucedeu | Lz ke va passá | O que aconteceu | 24 de setembro do 2017 |
Neste episodio explícanse os feitos que sucederon desde que Mila naceu ata a actualidade, mentres os oficiais da nave FEF 07 están a estudalo. | ||||
3 (19) | Pararémosvos sexa como for | Vzs pararem siġi kom siġi | Parar-vos-emos seja como for | 8 de outubro do 2017 |
4 meses antes, Yusma enviou o dobre de Mila do universo espello ao piso de 22, substituíndo a verdadeira Mila. Pero 22 decatouse. Actualmente, o fillo de 0 e Carla, Franny, quere coñecer o dobre da súa nai, a verdadeira Carla. Por iso transpórtase á Terra e coñécea. Pero hai algo que non é como parece… | ||||
4 (20) | Os problemas dunha investigación | Les przblemas ď1’a invesṭiġació | Os problemas duma investigação | 22 de outubro do 2017 |
Mentres os pais de 22 ven un mozo que se parece ao seu fillo dándose un bico con Lola (dobre de İhi do universo espello), 22 vai ao piso de Mila para vela, pero en realidade planeou teletransportar Melina e a nai de Mila ao piso para falar con elas. | ||||
5 (21) | O dobre de Melina | Le dopla lada Mellina | O dobro da Melina | 5 de novembro do 2017 |
Os oficiais da FEF 07 planearon utilizar unha cantante romanesa que se chama Mădălina porque se parece a Melina, e utilizarana para substituíla. Pero Mădălina daralles máis problemas que axuda. | ||||
6 (22) | O segredo da ligazón | Le sekreṭ da ľenyac | O segredo da ligação | 19 de novembro de 2017 |
Como que Mila fixo unha fusión mental teremedosiana con 0, o grupo de Jordi Alejos García quere a información do seu cerebro. Por iso crearon unha simulación onde atrapan Mila, mentres no mundo real, os amigos de Mila están a buscala e 22 ve que a desaparición de Mila non é normal… | ||||
7 (23) | Ao choio! | Anem-xi! | Vamos lá! | 3 de decembro do 2017 |
22 e a súa tripulación fan unha alianza con Yusma e a súa muller, Lola (dobre de İhi do universo espello). Esta alianza servirá para derrotar Jordi Alejos García e a rexenta Andrea, que utilizan as cinco irmás de Mila para conseguir poderes psicomórficos. No entanto, unhas entidades tamén interveñen e queren contactar tanto coa alianza de 22 como co equipo de Jordi Alejos García e Andrea, e fano tomando o control dos corpos das nenas secuestradas e dunha amiga de Mila… | ||||
8 (24) | Tedes que actuar, Parte 1 | Ṭeniw k’akṭuá, parṭ 1 | Tendes de actuar, Parte 1 | 17 de decembro do 2017 |
Despois dunha persecución por Barcelona, os oficiais da 07 levan Mila e a súa nai á 07 mentres as substituirán hologramas na Terra, para evitar que sexan atacadas por Jordi Alejos García. Yusma borra os recordos de Lola de cando era İhi para salvala, agora será só Lola. Despois disto, Yusma enfróntase a Andrea e morre. Alguén ataca a 07 e fai que a holocuberta se desactive, por tanto Carla decátase que non estaba na Terra. Alguén dende a Terra ataca a 07 e consegue desactivar os escudos da nave, e despois collen Mila e a súa nai. Ao final, Andrea e Jordi Alejos García entran en contacto cuns alieníxenas que queren falar con Donald Trump, e queren abrir unha fisura entre o polo norte da Terra e o polo norte do planeta dos alieníxenas, mentres que Robert tenta paralo… | ||||
Tempada 4[]
# | ![]() ![]() |
![]() ![]() |
![]() ![]() |
Data do trinque |
---|---|---|---|---|
1 (25) | Tedes que actuar, Parte 2 | Ṭeniw k’akṭuá, parṭ 2 | Tendes de actuar, Parte 2 | 0 de xaneiro do 2018 |
Mila e a súa nai misteriosamente atópanse en Bàrcinon, capital do planeta Teremedó, pero conseguen ir á nave FEF 07 para volver á Terra. Teñen que arranxar o problema dos alieníxenas na Terra, e para iso precisan da axuda de Robert, quen lles di que teñen que volver ao pasado e despois teñen que crear unha simulación da Terra para levar alí os alieníxenas que invadiron a Terra e que abriron a fisura entre os dous planetas, usando a tecnoloxía das bólas de transporte do universo espello, que consiste en reducir o que hai no seu interior. Robert tamén di que Andrea, Jordi Alejos García, Yusma e Lola están inmunizados aos regresos ao pasado, dado que Yusma morreu e Lola non lembra nada de cando era İhi, eles dous non volverán. Poderán facer que a Terra volva á normalidade? | ||||
2 (26) | As nenas teñen que crecer | Las nenas ṭenan ke kreḣa | As meninas têm de crescer | 14 de xaneiro do 2018 |
A rexenta Andrea fixo unha alianza con Melina, e deciden que xa non contarán con Jordi Alejos García. Por iso, Jordi Alejos García contacta cos oficiais da FEF 07 e pide facer un pacto, e para demostrar a súa boa vontade, libera Mariana, unha das irmás secuestradas de Mila. Pero Mariana e as outras irmás de Mila continúan a ter a mesma idade que tiñan cando foron secuestradas, é dicir, aínda son nenas que teñen que crecer… | ||||
3 (27) | Porque si | Pe vuy | Porque sim | 28 de xaneiro do 2018 |
Mila do universo espello e catro raparigas do antigo exército de Yusma fan unha alianza cos oficiais da 07. Unha destas raparigas, Marta, é unha traidora. Para demostrar que Marta está do seu lado, a rexenta Andrea ordénalle unha misión absurda: ten que coller unha pistola dunha comisaría de policía e darlla a Andrea. Pero cando Marta consegue a súa misión, Andrea mátaa… | ||||
4 (28) | Move o cu | Mow le kul | Mexe esse cu | 11 de febreiro do 2018 |
Teremedó sufriu un ataque causado pola rexenta Andrea. Os oficiais da FEF unen forzas con Robert para ir ao tobo de Andrea e detela sexa como for. Mentres tanto, Andrea está a enganar Mila do universo normal dicíndolle que participará nunha nova serie de televisión con actores famosos. | ||||
5 (29) | Na vosa casa | A kasa vosṭra | Na vossa casa | 25 de febreiro do 2018 |
Os oficiais da FEF están a prepararse para facer que dúas das irmás de Mila volvan a casa. Pero a misión complicarase cando a rexenta Andrea puxer unha trampa aos oficiais da FEF para evitar a súa misión… | ||||
6 (30) | O teu equipo | La ṭewa ṭilda | A tua equipa | 11 de marzo do 2018 |
O equipo de raparigas que Mila está a liderar non está moi unido e empeza a separarse, xa que as raparigas queren vivir unha vida normal sen Yusma e empezan a abandonar a súa vinganza contra a rexenta Andrea. Mila do universo espello está a quedarse soa… Mentres tanto, Jordi Alejos García e os seus amigos queren loitar contra a rexenta Andrea, e a pesar de que conseguen salvar catro das cinco raparigas secuestradas (a quinta está morta), Andrea mata Jordi Alejos García e os seus amigos. As raparigas rescatadas non poden volver á Terra porque non poden cambiar a vida de Mila, por tanto Adriana, Lucía e Mariana vivirán libres en Bàrcinon mentres o dobre de Melina queda na 07 de momento. | ||||
7 (31) | O fin das cousas de irmás, Parte 1 | Le ḟinal ladas kosas da §ermanas, parṭ 1 | O final das coisas de irmãs, Parte 1 | 25 de marzo do 2018 |
Andrea mata Melina porque a traizoou e axudara a súa irmá Mila, e agora Andrea empeza unha relación con Alxy Frankz. Eles dous capturan Mila do universo espello e a súa compañeira, e mátanas. Pero antes de morrer, esta Mila envía un código cifrado a 22. Melina do unvierso normal vivirá na Terra facendo a vida do seu dobre morto. Alxy Frankz ten unha máquina que pode converter un cerebro morto en datos para un computador, e Andrea utiliza esta máquina para extraer a información do cerebro de Mila. Ademais, Andrea teletransporta Mila á base de Alxy Frankz, mentres a substitúe na Terra un filtro de percepción. Andrea envía un obxecto disfrazado como a perdida nave FEF 09 a Teremedó, e consegue matar as tres irmás de Mila. 22 enfádase, e Robert vén á 07 para axudar, xa que Andrea tamén o enganou con filtros de percepción. El di aos oficiais da 07 que ten unha bóla de transporte modificada coa súa cámara para poder viaxar no tempo e no espazo. Ao final, Andrea colle Mila e usa un código que lle programou cunha fusión mental. 22 recibe unha chamada de Mila pedíndolle que a salve, pero cando 22 a teletransporta á 07, Mila colle unha pistola, apunta á súa cabeza, e dispárase un tiro á cabeza. Robert di que non pode facer nada, e Mila morreu… | ||||
8 (32) | O fin das cousas de irmás, Parte 2 | Le ḟinal ladas kosas da §ermanas, parṭ 2 | O final das coisas de irmãs, Parte 2 | 8 de abril do 2018 |
Robert consegue resucitar Mila, pero dá a súa enerxía vital e rexenerarase. Pero antes de rexenerarse, Robert aparece invisible na base de Alxy Frankz e fai unha fusión mental teremedosiana a Andrea para borrarlle calquera recordo de Mila e a súa familia. Andrea tenta paralo, pero Robert vaise coa súa bóla de transporte. Andrea dá un bico a Alxy Frankz sen saber por que… Na bóla de transporte, Robert viaxa atrás no tempo, pero non pode aguantar máis, toca uns botóns da bóla e rexenérase. A bóla de transporte aterra nunha casa dunha época descoñecida, e aparece Robert convertido nun bebé nun berce, con outra familia… Na base de Alxy Frankz, revélase que o bico que Andrea deu a Alxy Frankz foi para aplicar a mesma hipnosis nel. 0 descifra a mensaxe que Mila do universo espello enviara a 22: vén de Robert, e di que os oficiais da 07 teñen que esquecer Mila e a súa familia, xa que se continuaren a misión, poñeranas en perigo. 22 acepta e decide terminar a misión relacionada con Mila e a súa familia. Ao final da serie, Panda dá unha breve explicación do que sucederá nos próximos anos: como derrotarán Andrea e Alxy Frankz, e os prezos que os oficiais da 07 terán que pagar para conseguilo. | ||||