Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Dúas raparigas especiais
1
Número de episodio 1
Tempada 1
Número total 1
Título en Teremedó 2’a noyas especials
Título en Portugal Duas raparigas especiais
Data do trinque 30 de novembro do 2014
Lista de episodios
anterior
seguinte
Visita nun hotel
Cousas de Irmás

Dúas raparigas especiais é o episodio 1 da tempada 1 da serie Cousas de Irmás e o episodio 1 en total. Estreouse o 30 de novembro do 2014.

Argumento[]

O episodio empeza nun curso académico do ano 2014, na escola Traball de Bàrcinon. Kimberly sae de clase e está a baixar coas súas amigas polo ascensor, ata que se reúne con Karla uns pisos máis abaixo. Cando chegan ao piso da rúa, algunhas amigas diríxense ao metro, e outras van fóra da escola. As irmás Duver§a están na entrada da escola. Entón unhas amigas de Kimberly din que o edificio Pulá ofrece entradas para unha inauguración dunha nave estelar, e farana o día 21 de novembro. Karla insiste en ir, e deberán coller os STK, uns trens de Bàrcinon que nunca colleran (elas sempre van con metro ou con autobús).

As dúas mozas collen os STK, e chegan ata a estación do edificio Pulá. Cando entran no edificio, preguntan onde teñen que ir para obter entradas para a inauguración da nave estelar. Un home indícalles unha fila de xente e deben esperar a que chegue a súa quenda para obter entradas. As mozas deciden esperar na fila, pois teñen todo o día. Mentres están a esperar, un home olla as mozas e sorpréndese pola súa cor de pel, e pregúntalles: “Por casualidade sodes humanas?”. Pero Karla di que son teremedosianas como todos, e usa a súa telecinesia. Kimberly dille que pare. Entón un home con uniforme olla as mozas e comproba uns datos do seu mini-computador, e entón decide achegarse ás mozas.

O home pregunta ás mozas: “Será que sodes as irmás Duver§a?” e Kimberly responde que si, que ela é Kimberly e preséntalle a súa irmá Karla. O home di que o seu superior, o almirante 19 reservoulles dúas entradas especiais para elas para ver a inauguración da FEF 09. Karla pregunta: “Que é a FEF 09? Nós queremos entradas para a inauguración da nave estelar”. O home dilles: “A FEF 09 é a nave estelar. Na fila vós estaredes máis de dúas horas porque os oficiais ollan ben cada persoa, e normalmente só é para dicir que non. Vide connosco”. Kimberly non sabe que facer, pero Karla di que será divertido. E as dúas deciden ir con el.

O home introduce un código e pon a súa man como protección, e entran no recinto privado de Pulá. Alí, o home di que as mozas foron convidadas especialmente polo almirante 19, e que a inauguración será ás 3 da mañá e rematarase ás 4. Karla di que é en plena noite, e o home di que o fixeron para evitar que a xente queira vir, pero aínda así, a fila é ben grande. Kimberly di que ao día seguinte teñen clase, e o home pregunta se estudan na escola Traball e a que curso van. Kimberly di: “Si, imos a Traball, eu vou a sétimo de primaria e Karla vai a PƐ.” e o home di: “Se quixeres, podo chamar ao teu profesor para dicirlle que o día seguinte á inauguración non poderás ir a clase, e terás festa que tes que aproveitala para durmir e descansar. A túa irmá, igual”.

Kimberly e Karla están de acordo, e saen de Pulá. Kimberly di que Karla sempre consegue todo o que se propón, e Karla di que lle gustaría saber quen é ese almirante 19. As dúas mozas volven a casa nun camiño diferente que nunca fixeran: collen os STK unha estación ata Tot e logo a liña 4 de metro ata “La Paz”, que é onde viven. Elas sempre colleran a liña 2 para ir da escola á súa casa. Cando entran en casa, os seus pais preguntan onde estiveran. Elas din que teñen entradas para ir á inauguración da nova nave estelar FEF 09 que se realizará en Pulá. Os seus pais están de acordo, pero preguntan como lograran ter as entradas. Kimberly di que o almirante da Terra lles reservara unhas entradas, pero non saben porqué.

O día 21 de novembro, chegan as 3 da mañá. Kimberly e Karla chegan a Pulá, e non saben como vai ser a visita. As dúas dan as entradas a un oficial, e el ábrelles o paso. As dúas irmás van cos outros invitados seleccionados, para empezar a visita. Entón Kimberly e Karla atopan a nave, e quedan observándoa. Un oficial sae nunha xanela da nave nun piso máis arriba da nave, e di: “Ollade a nave FEF 09: a nosa última nave coa tecnoloxía máis avanzada da FEF. E vós estades convidados coas vosas entradas para entrar, ver, coñecer e visitar esta nave estelar. Tedes que ir á entrada e logo ide ata a primeira sala que atoparedes, onde me reunirei convosco”. As dúas mozas e os outros convidados entran na nave.

Os invitados soben nunhas cadeiras que se moverán para facer a visita pola nave, e as dúas mozas van xuntas. A visita empeza, e primeiro pasan pola sala de enxeñaría, e logo pasan polas holocubertas da nave e o home que os está a guiar di que as holocubertas recrean calquera ambiente con personaxes onde todo é un holograma, e pronto engadirán holocubertas en Bàrcinon para o uso dos cidadáns. Logo ensinan a sala das lanzadeiras, que é a sala máis grande que hai, e logo van á sala de recreo onde os tripulantes comerán e pasarán os seus tempos libres. Despois de ensinarlles varias outras salas, chegan á ponte, a sala de mando da nave e onde os oficiais adoitan estar normalmente, porque é o sitio onde se controla a nave. Mentres tanto, o pai das mozas está esperto e preocupado, e a nai dille que vaia a durmir.

O home que os está a guiar di aos invitados que poden sentar brevemente na cadeira de brazos de mando, e Karla ofrécese en sentar a primeira. Kimberly vai despois. Cando remata a visita, as mozas están moi emocionadas polo que viron, e ven un mozo case da idade de Kimberly que se está a achegar. As mozas non saben que quere nin quen é, pero lévanse unha sorpresa cando o mozo di que é o almirante da Terra, 19. Preséntase ás mozas, e logo vén İhi. 19 fala coas mozas despois de presentar İhi, e di que lles deu entradas porque quería coñecelas, xa que son especiais en Teremedó pola súa cor de pel. Logo 19 dá ás mozas dous comunicadores da Frota Estelar da Federación, ensínalles como funciona e di que así se poderán comunicar cando quixeren. E 19 e İhi vanse.

As dúas mozas volven a casa, e explican todo aos seus pais, incluído o que lles contou o almirante 19. Os pais din que non saben nada sobre esa situación e foi unha cousa bastante rara, pero dilles que non se preocupen, teñen que esquecer ese detalle xa que ninguén lles dirá nada sobre iso en Teremedó. As mozas van aos seus cuartos e estíranse nas súas camas para durmir, xa que foi un día moi movido. E ao día seguinte, como combinaron os oficiais da FEF, as dúas non terán clase, e poderán durmir toda a mañá. E o episodio remata.

Advertisement