FANDOM


Els Tres Turons

Logo da entidade.

A fundación Els Tres Turons é unha entidade de iniciativa social e sen afán de lucro, situada en Barcelona, Cataluña, a Terra. É unha fundación que axuda as persoas con discapacidades mentais. Mila forma parte desta entidade, e Melina está encuberta nesta entidade facéndose pasar por unha simple humana que asiste á actividade de teatro da entidade. Josep Maria # formou parte desta entidade durante un ano e medio, vivindo no piso tutelado de Mila.

Características

A fundación Els Tres Turons foi creada no 1985 no Distrito de Horta-Guinardó de Barcelona. A misión principal da fundación Els Tres Turons é a promoción e apoio á saúde mental comunitaria, e favorecer a inclusión social das persoas que sofren trastornos mentais, xa que se poden atopar nunha situación de exclusión social e precisar dunha intervención que vaia máis aló do tratamento da súa sintomatoloxía e que potencie a integración social.

Els Tres Turons corresponsabiliza a persoa no seu proceso de recuperación cun plan de traballo personalizado e consensuado. Nunha visión integral e centrada nas necesidades da persoa, esta fundación dispón dunha lista de servizos dirixida a dar resposta ás necesidades de rehabilitación psicosocial, de inserción laboral, de apoio á vida independente e á participación, e promoción da cidadanía. Actúa desde unha práctica comunitaria: campañas de promoción e divulgación da saúde mental, participación en plataformas do territorio, colaboración en actuacións conxuntas con entidades do territorio (escolas, asociacións de veciños, centros cívicos, empresas, etc.), e traballan en rede: para establecer sinerxías e accións conxuntas, forman parte de varias redes e alianzas estratéxicas.

Membros coñecidos

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.