Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Facede o que quixerdes
7
Número de episodio 7
Tempada 1
Número total 7
Título en Teremedó Ḟew lz ke vzlġew
Título en Portugal Fazei o que quiserdes
Data do trinque 22 de febreiro do 2015
Lista de episodios
anterior
Xa que es única
seguinte
Sodes vós?
Cousas de Irmás

Facede o que quixerdes é o episodio 7 da tempada 1 da serie Cousas de Irmás e o episodio 7 en total. Estreouse o 22 de febreiro do 2015.

Argumento[]

O episodio empeza nun ascensor da escola Traball, onde un home está a subir ao edificio. O home métese na oficina do director, colle un obxecto do seu peto cunha espiral e móveo. A escena cambia á clase de Kimberly, onde se ouve un ruído nos altofalantes. Daquela a profesora di: “Ensinareivos a parte máis difícil de álxebra: derivadas e integrais. E como vós estades en sétimo de primaria, tedes que…” e queda calada. Despois duns segundos di aos alumnos: “Podedes ir xogar, facede o que quixerdes”. Algúns alumnos quedan moi contentos por isto, pero Kimberly ve algunha cousa que non é normal. Kimberly di á profesora: “Está todo ben?” e a profesora responde: “Si, e tes tempo libre… indefinido”.

Kimberly sae da aula, e atópase con Karla e moitos máis alumnos nos corredores. Kimberly di á súa irmá: “O teu profesor tamén che dixo para facer o que quixeres?” e Karla di que si. Kimberly di que algunha cousa está mal, e entón decide que as dúas falarán co director. As dúas raparigas van cara á oficina do director, e atópanse co director. Kimberly dille que se non tiveren nada que facer, iranse a casa, pero precisan dun permiso para facer festa. O director di: “Sen dúbida, Kimberly, es libre de ir a casa coa túa irmá!” e dálles unha autorización para volver a casa. As raparigas non entenden nada, e din que se os docentes da escola estiveren así ao día seguinte, comunicaranllo a Jordy Kúdigy.

As raparigas chegan a casa, e os seus pais preguntan por que é que volveron antes. Kimberly dálles a autorización do director, e din que non saben o que sucede na escola. Os pais len a autorización e din: “Bo, quedade”. Kimberly di a Karla: “Será que che gustaría botar unha ollada ao meu proxecto? Non é unha cousa normal, o meu proxecto ten algúns segredos”. Karla di: “Imos velo!” e as dúas raparigas van ao cuarto de Kimberly. Entón Kimberly saca un obxecto dun armario e móstrallo a Karla, e di: “Isto é un portal, utilizando outro obxecto roubado da FEF. Dígoche tamén que sen querer o activei hai uns días, pero non sei que pasou”. Karla responde: “Actívao unha vez máis!” pero Kimberly di que agora non é o momento.

O día seguinte, as dúas raparigas regresan á escola, pero atópanse a mesma situación: as aulas están pechadas e baleiras, e o director di que non hai aulas ata novo aviso. Kimberly di a Karla que falarán con Jordy, e as dúas mozas saen da escola. Kimberly e Karla collen os trens STK ata o hotel Kasa Tot, e alí Jordy dilles: “Teño que falar convosco urxentemente”. As raparigas entran no despacho de Jordy, e alí Jordy explica que hai uns días abriuse un portal entre o universo normal e un universo paralelo preto da escola por algunha razón descoñecida, e se cadra saíu alguén do portal. Karla quere dicir que elas teñen o obxecto que crea portais, pero Kimberly di: “Non temos nin idea de por que se abriu ese portal”.

As raparigas ouven un ruído, e Jordy di: “Viñestes con alguén máis?” e as raparigas non saben por que é que Jordy está a preguntar isto. Entón Jordy revela que o noivo de Karla está trala porta. Karla pregunta ao seu noivo por que é que el está aquí, e o noivo responde que quería observar o edificio Kasa Tot e viu ela e Kimberly a entrar no edificio, e quería facerlle unha broma de susto. Pero como que falaron de cousas estrañas, quedou parado para escoitar o que estaban a dicir. Karla propón que lle expliquen o que está a pasar, e Jordy acepta. Entón Jordy di que deberían atopar un modo de facer que os profesores da escola Traball volvan á normalidade.

Kimberly pregunta se o portal está pechado, e Jordy di que só se abriu durante 6 minutos e 42 segundos. Logo Jordy di que avisaron á FEF sobre o asunto, pero responderon que necesitan que alguén con grandes poderes entre no despacho do director da escola e use os poderes para sacar un obxecto, pero ten unha gran protección e as pistolas de fáser non serven. Kimberly pregunta se o almirante 19 ou a súa noiva poderían facer esta tarefa, pero Jordy responde que o director foi programado para detectar o almirante 19 e mailo seu equipo e prohibirlles a entrada, pero Kimberly e Karla poderían entrar sen problemas. As raparigas aceptan, e Jordy prepararaas para facer a misión.

O noivo de Karla quere colaborar, pero Karla di que é unha misión perigosa e ten que quedar na Kasa Tot. Jordy dá a Kimberly e a Karla uns traxes e unhas pistolas de fáser por se apareceren problemas, e di que as teletransportará cara a preto da escola Traball. Karla di que nunca utilizou o teletransportador, e ten medo. Jordy di que os oficiais da FEF fano sempre, e non debe preocuparse. Jordy teletransporta Kimberly e Karla á entrada da escola, e as raparigas entran na escola. Collen o ascensor, e soben ata o primeiro piso, onde se atopa o obxecto. As raparigas ven os profesores durmidos nas aulas, porque están baixo o efecto do obxecto do outro universo.

Karla colle a súa pistola de fáser e pregunta a Kimberly como funciona, pero Kimberly di que non toque ningún botón porque Jordy programou as pistolas para aparvar e poderíanse desprogramar para ferir ou matar. As raparigas entran no despacho do director e atopan o obxecto nun buraco na parede e un campo de forza ao redor do buraco. Kimberly e Karla usan xuntas os seus poderes para desconectar o campo de forza, e conségueno. Entón deben sacar o obxecto do buraco na parede, e usan os seus poderes. As dúas raparigas concéntranse para conseguir o seu obxectivo, e ao final conseguen sacar e destruír o obxecto. O director e os profesores da escola volven á normalidade, e o director atopa as raparigas no seu despacho.

O director pregunta a Kimberly e a Karla o que están a facer no seu despacho, e Kimberly responde se lembra algunha cousa dos últimos dous días. O director di que non, pero ordena ás raparigas para saír do seu despacho. Kimberly di que estaban a buscar unha cosa pero xa se van, e as dúas raparigas collen outra vez os STK para ir á Kasa Tot. Pero na porta do hotel está o noivo de Karla, que di que un home secuestrou Jordy e meteuno nun coche, e el viuno pero puido salvarse porque estaba escondido. Pero entón aparece Jordy, dicindo que todo está ben e non hai ningún problema. O noivo de Karla non sabe que pasou e non entende nada.

Karla pregunta a Jordy o que pasou, pero Jordy está a actuar dunha maneira moi estraña e di aos tres rapaces que deberían volver ás súas casas. O noivo de Karla di que os seus pais o están a esperar, dá un bico a Karla e dille que descubra o que sucede con Jordy e como é que viu que o secuestraban e logo volve estar ben. Karla responde: “Agora volve a casa, xa falaremos. E se houber algún problema, chámame”. Kimberly e Karla tamén van á súa casa. E na casa das raparigas, Karla di que ten a certeza que pasa algunha cousa con Jordy, e posiblemente secuestrárono como dixo o seu noivo e o Jordy que viron é un dobre. Kimberly di que descubrirán outro día o que pasa, pero agora descansarán, e remata o episodio.

Advertisement