Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Gran broma
3
Número de episodio 3
Tempada 1
Número total 3
Título en Teremedó Ġran broma
Título en Portugal Grande piada
Data do trinque 28 de decembro do 2014
Lista de episodios
anterior
Visita nun hotel
seguinte
Segue o teu xeito
Cousas de Irmás

Gran broma é o episodio 3 da tempada 1 da serie Cousas de Irmás e o episodio 3 en total. Estreouse o 28 de decembro do 2014.

Argumento[]

O episodio empeza en Bàrcinon, onde toda a cidade está nevada. Están de vacacións. Na casa de Kimberly e Karla, Karla está a planear algunha cousa. Entón Karla entra no cuarto de Kimberly, e dille que quere ver unha cousa do seu boneco de cando era unha nena. Kimberly dálle o boneco á súa irmá, e Karla colle o boneco e di que podería converterse nun boneco de neve, e poderíalle servir para unha cousa que ela está a facer. Entón Karla abre a xanela e saca o boneco pola xanela, e o boneco empeza a quedar cuberto de neve. Karla finxe un accidente e deixa caer o boneco á rúa, e di que se lle escorregou das súas mans e non o puido suxeitar.

Kimberly entra na sala de estar da casa, e di aos seus pais que sen querer Karla tirou o boneco pola xanela, e irá recollelo. Os pais din que está a nevar, pero Kimberly di que só estará fóra un pouco de tempo. Kimberly sae da casa, baixa polo ascensor e sae á rúa. Mentres isto sucede, Karla está a ollar pola xanela. Cando Kimberly colle o boneco do chan, a porta da casa péchase e cae sobre Kimberly unha chea de neve lanzada nun cubo que estaba preparado para facer que caia a neve. Era unha trampa, e Kimberly queda cuberta de neve na rúa preto da súa casa. Karla empeza a rir, e di que foi unha gran broma.

Os seus pais ven Kimberly na rúa cuberta de neve, e entón saen á rúa, sácana do chan e fana entrar de novo na casa. Kimberly ten moito frío, e Karla di: “Vexo que tes moita neve na túa cara. Tes frío? Pois eu non”. Os seus pais din a Karla que estará castigada polo que fixo, e Kimberly está moi enfadada coa súa irmá. Un pouco máis tarde, a familia está a ver a televisión, e na pantalla hai un home que di que todo o país de Ketalània e toda a península Bèrtika está nevada, e ademais o mar superior á península ten unha capa de xeo e agora pódese pasar da península ao polo norte camiñando.

Kimberly está a quentarse, e entón di que pensará nalgunha forma para vingarse pola broma. Kimberly entra no seu cuarto, colle o seu computador e ábreo, e empeza a buscar cousas da Terra. Abre o buscador Google da Terra, e accede cuns códigos secretos conseguidos por Jordy Kúdigy (dono do hotel Kasa Tot) para acceder ás páxinas da Terra. Kimberly pon no Google: “Hoxe na Terra” para ver o que están a facer agora, pero descobre unha cousa mellor para ela. Nese momento, Kimberly vai á sala de estar e di aos seus pais se saben se hai algunha festa que estean a celebrar agora, e os pais din: “Nadal”.

Kimberly queda sorprendida porque é unha cousa diferente ao que atopara, e pregunta aos seus pais que é Nadal. Os seus pais din que é unha festa da Terra que celebran o nacemento dunha persoa importante para unha relixión humana, e eles non saben moi ben como é esta festa. Kimberly volve ao seu cuarto e empeza a buscar cousas sobre o Nadal. Pero descobre que a Nadal se celebra de maneira diferente en varias rexións da Terra, e os pais de Kimberly veñen dicirlle que a Terra está dividida en diferentes culturas, a diferenza de Teremedó onde todo o planeta é a mesma cultura, e por iso na Terra adoita haber guerras.

Kimberly di que non o sabía, pecha o computador e vai á sala de estar. Entón consegue rematar de pensar nun plan para vingarse de Karla, e cre que este plan funcionará. Kimberly vai ao seu cuarto, colle algúns obxectos de alta tecnoloxía e gárdaos nunha mochila, e di aos seus pais que o dono do hotel Kasa Tot, Jordy, quere dicirlle unhas cousas. Os seus pais din que está a nevar e fai frío, e non é recomendable saír á rúa. Pero Kimberly di que estará ben se for con coidado, e os seus pais aceptan. Kimberly sae da casa, colle o ascensor e sae á rúa, e empeza a quedar cuberta de neve.

Entón Kimberly decide usar os seus poderes e voar, para ir sobre as nubes e evitar a nevada. Kimberly despega e voa ata o ceo, e observa a cidade nevada. Kimberly decide voar ata as aforas da cidade de Tarràkonon, e baixa ata preto das vías dun tranvía que vai ata o norte do país. Kimberly ponse nunha árbore e saca un obxecto que levaba na súa mochila, e revela ser un dispositivo que crea hologramas que ela roubara da nave FEF 09 na súa visita de inauguración que foi hai un mes coa súa irmá. Kimberly acende o dispositivo e empeza a programar un holograma co que ela enganará a súa irmá.

Na casa, Karla di que lle gustaría acompañar Kimberly, e pregúntase o que ten que dicir Jordy a Kimberly sen Karla. Nas vías do tranvía, Kimberly remata de programar o holograma e actívao, e sae unha imaxe. Na casa, Karla está a ollar a televisión cando recibe unha mensaxe de alguén importante no seu móbil. Karla vai ao seu cuarto e revélase que na mensaxe está un mozo que Karla está namorado del, e este mozo dille a Karla que precisa da súa axuda. Karla pregúntalle que pasa, e o mozo di que ía nun tranvía cos seus pais, abriu a xanela pero caeu ao chan e agora está atrapado nas vías.

O mozo di que precisa da súa axuda, e que Karla é a única persoa que a pode salvar porque ela é especial. Karla axudaralle, e o mozo di que non diga a ninguén que lle pediu axuda a ela, e Karla dille para estar tranquilo e que irá salvalo. Karla colle a roupa e vístese para saír á rúa, e os seus pais din que fai moito frío e por que quere saír agora. Karla di que ten que salvar unha persoa, e os seus pais preguntan se é Kimberly. Ela di que se for Kimberly, deixará que morra nas vías do tranvía, pero non é ela. Os seus pais non entenden nada, e Karla dilles que non quere que se metan nisto, e vaise.

Karla fai como a súa irmá, vaise voando onde o mozo lle pediu axuda. Cando chega ás vías do tranvía, Karla ve o mozo que a está a chamar cos seus brazos, e ela baixa. Pero o mozo é un holograma e detrás hai un boneco de neve, e Karla remata cuberta de neve como a súa irmá anteriormente. Kimberly aparece dunhas árbores e dille: “Vés salvar o teu amor? Pois non sabía que era un boneco de neve…” e ponse a rir. Karla non entende nada, e pregúntalle: “Por que fixeches isto?”. Kimberly dille que hoxe na Terra é o “Día dos Santos Inocentes”, e é o día de facer bromas.

Na casa, o pai de Kimberly e Karla tenta centrarse nas súas fillas con telepatía para saber o que están a facer, e a nai di que non é adecuado que faga iso. Pero o pai di que non pode centrarse porque unha terceira persoa llo está a impedir. Na rúa, Karla dille a Kimberly: “Es mala, direillo a papá e mamá!” e Kimberly respóndelle: “Diraslles que estiveches namorada dun mozo e che marchaches de casa para salvalo? Bo, se quixeres revelar ese segredo…” e Karla non sabe que dicir. Kimberly di: “Será mellor ir a casa, está a nevar e as dúas quedaremos cubertas de neve unha vez máis”. E as dúas volven a casa voando.

Cando chegan a casa, as dúas raparigas están enfadadas. Os seus pais preguntan que pasa, pero elas non queren responder, e só din que están con frío e queren estar quentes en casa, e din aos seus pais que poñan a calefacción ao máximo. A súa nai faino, e logo pregúntalles se houbo algunha outra broma. Karla di que agora están en paz, e Kimberly explica que na Terra hoxe, 28 de decembro, é un día onde os humanos fan bromas. Os seus pais din que non sabían que na Terra había máis festas a parte do Nadal, e as raparigas din que hai moitas cousas da Terra que non saben, e remata o episodio.

Advertisement