Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement

Jordi Alejos García é o inimigo de Mila e a súa familia, el é o responsable do secuestro das irmás de Mila e quen utiliza a tecnoloxía dos filtros de percepción para converterse nun psicomorfo.

Jordi Alejos García aparece por primeira vez cando os oficiais da FEF estudan o que sucedeu cando Mila era pequena no episodio 18 (O que sucedeu). Descobren que en 1999 el e os seus homes roubaron tecnoloxía da Bóla 04 cando se achegaba á Terra. En 2001 Jordi Alejos García empeza a secuestrar cinco das irmás de Mila e utiliza a tecnoloxía dos filtros de percepción para borrar as lembranzas desas persoas, así ninguén quererá buscalas. Pero a nai de Mila, grazas ao seu amor maternal e á súa gran intelixencia, consegue lembrar as súas cinco fillas desaparecidas. Jordi Alejos García non puido secuestrar Mila e o seu irmán xa que unha versión nova de Yusma (Josep Maria do Universo Espello) apareceu e fixo que os secuestradores fuxan. Jordi Alejos García mantén as irmás secuestradas no hotel Golf, e un dos conserxes chámase Rafael. Nun cuarto deste hotel, un día, todas as cinco irmás secuestradas de Mila repetiron as mesmas palabras á vez: “Aviso: estamos a vir!”…

No episodio 19 (Pararémosvos sexa como for), Jordi Alejos García recibe unha chamada da rexenta Andrea, e deciden formar unha alianza. No episodio 20 (Os problemas dunha investigación), despois de que o almirante Josep Maria 22 teletransportara Melina á FEF 07, descóbrese que os enganaron entre Melina e Jordi Alejos García (que traballan xuntos), e puxeran unha Mila falsa na actividade de teatro de Tres Turons para enganalos e conseguir información sobre a FEF, xa que Mila este curso xa non fai teatro. 0 cae inconsciente ao chan porque fixera unha fusión mental teremedosiana coa falsa Mila, e lévano á enfermaría da 07. Na televisión do piso de Mila aparece unha cara de pallaso rindo, e Melina di que Jordi Alejos García deulle a orde de espialos e saber cousas da FEF, e mentres ela estaba na holocuberta, puido roubar datos da FEF sen que ninguén soubese nada. Ela descubriu a tecnoloxía de volver atrás no tempo, e que a base central de 22 se atopa nunha nave estelar. Mila non estivo nunca na 07, e Melina sabía durante todo este tempo que non estaba na Terra. De súpeto Carla chama desde a 07 e di que 0 tamén está a dicir: “Aviso: estamos a vir!”, e Melina di que iso non é cousa deles… No mesmo episodio, Yusma contacta coa 07 e di que estas palabras non foron causadas polo grupo de Melina, foi alguén outro, no entanto esta entidade ou entidades queren entrar en contacto co equipo de Melina, un grupo de psicomorfos liderados por un home que se chama Jordi Alejos García. Vendo isto, Andrea chama Jordi Alejos García e pide acelerar o plan da extracción da existencia das irmás de Mila.

No episodio 21 (O dobre de Melina), os oficiais da FEF 07 planearon utilizar unha cantante romanesa que se chama Mădălina porque se parece a Melina, e utilizarana para substituíla. Pero Jordi Alejos García toma o control de Mădălina coa axuda de Andrea, pero 22 decátase e evita que o equipo de Jordi Alejos García consiga o seu obxectivo facendo un regreso ao pasado. Jordi Alejos García e Andrea decátanse que os oficiais da FEF fixeron un regreso ao pasado, por iso eles dous utilizarán uns tubos para inmunizarse. Agora só teñen que atopar o programa para volver ao pasado…

No episodio 22 (O segredo da ligazón), o equipo de Jordi Alejos García secuestra Mila e pona nunha simulación da Terra para conseguir a información do cerebro de 0, xa que el lle fixo unha fusión mental teremedosiana anteriormente. Xa que Mila non quere colaborar, Melina téntao pola forza, pero actívase un programa de emerxencia que 0 lle puxera ao cerebro de Mila que é unha copia básica do cerebro de 0. Mentres tanto, os oficiais da FEF descobren que Mila está no Universo Espello, e van buscala. Andrea e Jordi Alejos García levan Mila a un cuarto, e Jordi Alejos García di a Andrea que non toque Mila, e Andrea di a Jordi Alejos García que el tampouco o toque. Pero Mila fai algo cos ollos, e con isto, Jordi Alejos García colle Andrea e bícao. Andrea cae ao chan inconsciente, e Mila di: “A túa beleza non é nosa perdición, é a túa!”. Jordi Alejos García tamén cae ao chan inconsciente, pero Mila tamén queda inconsciente, esgotada. Mentres tanto, a 07 chega á Terra do Universo Espello e localizan Mila. Na Terra do Universo Espello, Mila volve á normalidade e recoñece Jordi Alejos García, e entón empeza a lembrar a súa verdadeira vida e as 5 irmás secuestradas polo propio Jordi Alejos García. Jordi Alejos García ve que o seu plan cada vez se afunde máis, e Melina entra no cuarto. Mila recoñece Melina como a súa irmá, aínda que ela é o seu dobre. Entón aparece unha esfera de transporte, sae Yusma cun fáser e empeza un tiroteo. Cando o equipo de Andrea e Jordi Alejos García está a gañar o tiroteo, o equipo da 07 chega e axuda as dúas Milas e a Yusma. Coa bóla de transporte, salvan Mila e escápanse. Andrea colle un dispositivo de teletransporte entre universos e desaparece, posiblemente vaise ao universo normal para continuar o seu traballo e a súa misión. Jordi Alejos García e Melina tamén se van con outros dispositivos parecidos. Ao final, os oficiais da FEF farán un regresi ao pasado para reverter o caos na Terra coa policía sobre a desaparición de Mila. Cando darán Retcon a Mila para facer que esqueza todo o que pasou no Universo Espello, esta vez Mila quere lembralo todo. Pero 22 cre que se ela lembrar todo, a súa vida estará en perigo, e dálle Retcon. Cando o regreso ao pasado rematou, 22 e Mila son transportados nas súas casas, e ninguén lembra nada da desaparición de Mila. No tobo de Andrea, Jordi Alejos García di a Andrea que se decatou que volveron ao pasado. Andrea non sabe que pasou, e entón Jordi Alejos García dá un bico a Andrea, e despois danse outro bico longo. E na 07, 0 di que o Retcon non desfai as fusións mentais teremedosianas, ou sexa, a Mila que agora está na Terra é a Mila que estivo no Universo Espello e que lembrou as súas irmás e o secuestrador, Jordi Alejos García. A pesar de que non pode lembralo conscientemente, estas lembranzas continúan no seu subconsciente e algún día ela lembrará todo de novo…

No episodio 23 (Ao choio!), 22 e a súa tripulación fan unha alianza con Yusma e a súa muller, Lola (dobre de İhi do Universo Espello). Esta alianza servirá para derrotar Jordi Alejos García e a rexenta Andrea, que utilizan as cinco irmás de Mila para conseguir poderes psicomórficos. No entanto, unhas entidades tamén interveñen e queren contactar tanto coa alianza de 22 como co equipo de Jordi Alejos García e Andrea, e fano tomando o control dos corpos das nenas secuestradas e dunha amiga de Mila… Nun lugar descoñecido, Jordi Alejos García teletranspórtase por primeira vez coa rexenta Andrea ata o hotel Golf, onde hai as cinco irmás de Mila secuestradas. Jordi Alejos García di a Andrea que estas nenas son a fonte dos seus poderes psicomórficos. Tamén lle di que as nenas sempre din “Aviso: estamos a vir!”, pero entón as nenas din unha cousa diferente: “Activade a fisura e levádenos ao voso establecemento principal”. Jordi Alejos García pregunta: “Quen sodes vós?”, pero as nenas seguen repetindo esta frase. De súpeto una das nenas levántase e empeza a camiñar, Jordi Alejos García tenta parar esta nena, pero a nena lanza un raio desde a súa man e deixa Jordi Alejos García e Andrea no chan inconscientes…

No episodio 24 (Tedes que actuar, Parte 1), nunha persecución polas rúas de Barcelona entre os oficiais da 07 e Jordi Alejos García, el escapa con Andrea mentres Mila e a súa nai quedan na 07 para evitar que sexan atacadas por Jordi Alejos García. Máis tarde, desde a Terra, alguén ataca a 07 e deixa a nave sen enerxía. Por tanto, os escudos caen e Jordi Alejos García teletransporta Mila e a súa nai ao seu tobo. Neste tobo, catro irmás de Mila desapareceron, e a quinta nena, exactamente a versión de Melina do universo normal, é posuída por uns alieníxenas que queren falar con Donald Trump, e queren abrir unha fisura entre o polo norte da Terra e o polo norte do planeta dos alieníxenas, mentres Robert tenta paralo. Finalmente ábrese a fisura, e unha columna levántase desde o chan xeado do polo norte ata o ceo. Nas rúas de todas as cidades da Terra aparecen uns alieníxenas que saen de vórtices… E na 07, os oficiais da nave ven todo o que está a suceder na Terra, e non o poden parar. En órbita aparecen naves alieníxenas, e espállase o caos por toda a Terra, mentres no polo norte, Jordi Alejos García, Andrea e Donald Trump son absorbidos pola fisura e desaparecen da Terra. O episodio e a tempada remata con todo isto…

Na cuarta tempada, Jordi Alejos García e Andrea logran volver á Terra. No episodio 26 (As nenas teñen que crecer), a rexenta Andrea fai unha alianza con Melina, e deciden que xa non contarán con Jordi Alejos García. Por iso, Jordi Alejos García contacta cos oficiais da FEF 07 e pide facer un pacto, e para demostrar a súa boa vontade, libera Mariana, unha das irmás secuestradas de Mila. Pero Mariana e as demais irmás de Mila seguen tendo a mesma idade que tiñan cando foron secuestradas, ou sexa, aínda son nenas que teñen que crecer. Máis tarde, cando Andrea se decata que Jordi Alejos García a traizoou, ela e Melina fanse pasar por unha actriz española famosa chamada Penélope Cruz e o seu director, e enganan Mila para facer unha película con eles. Pero en realidade planearon matala para facer que o almirante 22 teña rabia pola perda da moza da que está namorado. No episodio 27 (Porque si), Jordi Alejos García vén á 07 e di que quere facer unha misión ao hotel Golf onde estaban as nenas secuestradas, e este hotel Golf é unha base secreta que finxe ser un hotel, pero en realidade é a base secreta dun amigo seu que xa é morto. O hotel Golf está en Arxentina, nunha estrada. Jordi Alejos García di que ten outra base en Xangai, China, pero alí non hai nada especial. 22 di que teñen que preparalo todo, de momento non prepararon nada e irán outro día. A operación dos oficiais da FEF trasládase a Arxentina… No episodio 29 (Na vosa casa), Jordi Alejos García axuda os oficiais da FEF a facer que volvan a casa Mariana e Lucía, dúas das irmás de Mila. Pero a misión complícase, xa que a rexenta Andrea puxo un virus en Lucía para facer que a nave FEF 07 perda a súa enerxía. Cando a enerxía da nave se desactiva, Andrea teletransporta Mariana e Lucía cara á base de Alxy Frankz, ou sexa, secuéstraas de novo. Vendo isto, Jordi Alejos García propón unir forzas con tres dos seus amigos que se atopan en Arxentina, xa que estes amigos seus son de confianza e poderán axudalos. No episodio 30 (O teu equipo), Jordi Alejos García e os seus amigos queren loitar contra a rexenta Andrea, e a pesar de que conseguen salvar catro das cinco mozas secuestradas (a quinta está morta), Andrea mata Jordi Alejos García e os seus amigos. As mozas rescatadas non poden volver á Terra porque non poden cambiar a vida de Mila, polo tanto Adriana, Lucía e Mariana vivirán libres en Bàrcinon mentres o dobre de Melina queda na 07 de momento.

Advertisement