Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement

Kimberly Duver§a Sariṭe Makġi é unha personaxe da serie Cousas de Irmás de Dýmapko.

Kimberly é a irmá maior das dúas irmás Duver§a. Estuda na escola Traball de Bàrcinon (Ketalània) en Teremedó, xunto á súa irmá Karla, e vai a sétimo de “Primària”. Na súa escola, a xente considera ela e a súa irmá “raparigas especiais”, e non está definido se son teremedosianas ou humanas. Ten 17 anos cando empeza a serie.

Aínda que a súa cor de pel é diferente aos demais teremedosianos, elas afirman que son teremedosianas como todos. Kimberly ten un interese especial polo almirante 19, e parece que empeza a estar namorada del cando descobre que rompeu coa súa noiva İhi. É moi travesa, e busca conseguir sempre o que ela quere. Cando as dúas raparigas coñecen Jordy Kúdigy, o responsable do hotel Kasa Tot, empezan a meterse nos problemas da Frota Estelar da Federación, porque Jordy revela que el tamén é un oficial da FEF que á vez traballa no hotel e aínda que ofrece ás raparigas unirse á FEF, elas rexeitan a oferta afirmando que prefiren quedar como simples cidadás. No entanto, as raparigas teñen moita tecnoloxía roubada da FEF. Máis tarde, as dúas raparigas empezan a ter un interese por visitar a Terra, planeta orixinal da FEF, e buscan maneiras para conseguir este obxectivo. Kimberly envexa Karla porque a súa irmá ten noivo e ela nunca tivo noivo, aínda que é maior.

Nun episodio descobren que Kimberly e Karla teñen un ADN diferente aos seus pais, a pesar de formarse no útero da súa nai, e o ADN non corresponde a un teremedosiano. O seu pai di que parece unha mestura imposible dun ADN humano cunhas características teremedosianas moi fortes, que lles producen ter grandes poderes. Non é un caso de híbridos, o seu ADN é humano pero teñen unhas características no ADN que producen os órganos fonte dos seus poderes teremedosianos, e os seus poderes son dos máis fortes coñecidos. Pero as raparigas teñen que vivir unha vida normal de teremedosianas, e o seu ADN diferente non ten que ser un problema para elas.

Ao final da tempada 1, ven que algo sucede con Jordy e empezan a ver cousas estrañas, e descobren a existencia dun universo paralelo chamado Universo Espello, onde todo está duplicado pero coas personalidades inversas, e nese universo Teremedó foi destruído e só quedan uns poucos teremedosianos que sobreviviron, e Jordy explica que neste universo, os humanos son chamados terranos e están baixo o mando dun imperio salvaxe e sádico. Jordy pasa un tempo neste universo, mentres que o substitúe o seu dobre de alí. Tamén o almirante da Terra fala coas raparigas sobre Yusma, o seu dobre malvado no Universo Espello.

Na tempada 2, ofrécenlle a Kimberly entrar nun programa de telerrealidade, e estará nunha casa onde hai cámaras que gravan todo o que sucede. Kimberly alégrase moito con isto. As raparigas e o noivo de Karla descobren unhas instalacións secretas da FEF, onde entran sen permiso e descobren cousas que non deberían saber. Cara ao final da tempada, Kimberly é expulsada da casa, porque o director da casa traballa para Yusma. Entón as raparigas descobren que a rexenta Andrea do Universo Espello é unha inimiga común para Yusma e para a FEF, e destrúe a casa da telerrealidade matando a todos. Kimberly e Karla obteñen permiso para ir á Terra, e despois de falar co almirante 21, conseguen ir á Terra. Pero entón a rexenta Andrea colle Kimberly e Karla, e colócaas nuns tubos de éxtases inconscientes. Descóbrese que o Jordy do Universo Espello está ao lado dela, pero ela traizóao e tamén o pon nun tubo inconsciente, e revela que está a planear facer unha fusión do seu corpo co corpo do Jordy do universo normal. Nunha esfera de transporte, Yusma e İhi Kadse queren parar Andrea, pero fallan e tamén son capturados. Andrea tenta cambiar a historia, porque traballa para alguén descoñecido. Jordy enfróntase a Andrea, pero é derrotado por ela e morre. Andrea fusiona os dous Jordys con éxito, e logo mátao. Envía İhi Kadse do Universo Espello ao pasado onde comeza a vivir unha vida baixo o nome de Lola e coma se fose dunha familia de Arxentina. Os anos pasan, e Josep Maria 19 namórase dela, e el namórase máis dela cando remata a súa relación con İhi Kadse normal. Logo borra a memoria de todos os habitantes de Teremedó sobre as irmás Duver§a, e envía Kimberly e Karla tamén ao pasado, no 2013, na igrexa onde está Kirannis (a Creación Áurea), onde todos na igrexa cren que as irmás son de alí e sempre estiveron na igrexa. As irmás Duver§a teñen un acento como o da República Dominicana, e aínda que teñen aínda os seus nomes orixinais, teñen vidas e pais diferentes, coma se fosen da Terra. Ao final da serie, alguén descoñecido coa forma dunha silueta fala con Andrea, e dille que se verán moi pronto, e Andrea dille que ten ganas de velo e chámao “Dono das Inocencias” marcando unha alianza entre a rexenta Andrea do Universo Espello e o enigmático Dono das Inocencias.

Advertisement