Liscade de aquí! | |
---|---|
Número de episodio | 6 |
Tempada | 2 |
Número total | 14 |
Título en Teremedó | ¡Marḣew ďakí! |
Título en Portugal | Ide-vos embora! |
Data do trinque | 16 de outubro do 2016 |
Lista de episodios | |
anterior A merda do cu |
seguinte A Terra, Parte 1 |
Cousas de Irmás |
Liscade de aquí! é o episodio 6 da tempada 2 da serie Cousas de Irmás e o episodio 14 en total. Estreouse o 16 de outubro do 2016.
Argumento[]
O episodio comeza no hotel Kasa Tot, onde Jordy Kúdigy está a retomar o seu traballo, e atópase unha nota nun armario que di que lle quitaron os obxectos da FEF porque xa non pertence á FEF. Pero Jordy non sabe que pasou co seu dobre. Mentres tanto, en casa, Kimberly e Karla están a planear a misión que lles deu Jordy, e teñen que ir con coidado no caso de que fallen. As raparigas saen da súa casa e van en metro a Pulá, e tentan entrar. Pero un oficial non permite a entrada a xente que non sexa da FEF ou dunha sección do goberno con permiso. Entón as dúas raparigas vanse, pero collen o holoemisor da FEF para volverse invisibles, e conseguen entrar. Comezan a súa misión da procura, e teñen que ir á sección das informacións secretas da FEF. Chegan ata unha sala, e alí atopan o computador que ten o control dunha parte de Pulá…
Karla quere comezar a buscar, e Kimberly di: “Tes a certeza que aquí atoparemos o que nós queremos?” e Karla di: “E cal é o teu plan? Porque penso que tampouco tes un plan”. Karla comeza a traballar nese computador, e de súpeto a sala queda escura. Mentres tanto, fóra do edificio, parece que o tempo se conxelou, porque nas rúas todos os vehículos e todas as persoas non se moven, están nunha burbulla e o tempo está detido. En Pulá, as dúas irmás saen da sala, cando atopan a porta, e atopan o mesmo: están nunha burbulla temporal e todo está parado. Karla di: “E agora como podemos volver ao tempo normal?” e Kimberly di que poden dar unha ollada pola cidade conxelada. As raparigas saen de Pulá, e Karla comeza a xogar coa xente da rúa conxelada. Pero atopan outro problema: os seus corpos están a desaparecer…
Kimberly e Karla volven a Pulá rápido, preocupadas polos seus corpos inestables. En Pulá, non lembran a sala na que entraron, e pérdense no edificio. Pero elas descobren nunha zona grande de Pulá que a nave FEF 09 está alí, e os oficiais superiores Pumiky e Ann tamén están alí conxelados. E uns oficiais están a facer algo nos motores, pero tamén están sen moverse, dunha maneira parecida ao resto de persoas. Kimberly di que rematou a broma e teñen que volver ao tempo normal, e pensa que sabe onde estaba a sala que conxelou o tempo. As raparigas atopan a sala na que estiveron antes, pero o computador tamén está conxelado. Non saben que poden facer, e a única cousa que queren facer é saír da burbulla do tempo. Pero se non puideren saír, os seus corpos desaparecerán. Karla di que non quere que este sexa o seu último día, e Kimberly di que ela tampouco quere irse á merda.
Máis tarde, despois de buscar nos libros, Kimberly pensa que a máquina do tempo de Pulá pode axudalas a volver á normalidade. Pero Karla di que a máquina ten unha gran protección, e ademais non é utilizada porque alí fixeron unha regra que impide o seu uso. Pero Kimberly di que elas están nunha burbulla temporal, as súas vidas están en risco e aquí non hai regras, teñen que utilizar o que for necesario para salvarse. E Karla está de acordo, e utilizarán a máquina. Agora o obxectivo é que a máquina funcione na burbulla, e as mozas comezan a tocar botóns. Cando finalmente conseguen que funcione, agora teñen que poñer unha data e hora para viaxar, e fano. Cando a máquina está lista, utilizarana. As raparigas soben na máquina, e de súpeto desaparecen…
As raparigas están a flotar entre unhas imaxes da historia de todo o universo, e despois acaban nunha sala da FEF, con moitos oficiais de Pulá que as atoparon, e están as castigalas por entrar en Pulá sen permiso. Kimberly dilles que Jordy lles deu unha misión para entrar alí, e un dos oficiais di que Jordy xa non é da FEF, foi expulsado. As raparigas non entenden por que o sacaron da FEF, e o oficial di que isto é confidencial. Kimberly pídelle desculpas, e o oficial di: “Petición de desculpas aceptada, porque sodes vós”. As raparigas tampouco entenden nada, e vanse. As raparigas collen o metro, e Kimberly di que se cadra quitaron Jordy da FEF porque pasou algunha cousa co seu dobre que eles non saben, e deciden que teñen que falar con Jordy no hotel Kasa Tot, persoalmente.
No hotel, Jordy di ás raparigas que el non lles dixo nada aos oficiais da FEF en Pulá sobre as súas accións porque llo pediu o almirante 21 directamente, e dilles que antes de facer unha viaxe á Terra, teñen que falar co almirante 21, e atoparano na nova holocuberta de Bàrcinon. As raparigas din que están de acordo, e Jordy di que elas dúas son a única esperanza da FEF e dun bo futuro para o almirante 21. E dálles unha pasaxe para ir en tren á Terra cos STK. As raparigas vanse do hotel, contentas porque finalmente irán á Terra. Cando as raparigas están ben lonxe do hotel, Jordy di: “Xa sei por que vós non tedes dobres no Universo Espello nin na liña temporal orixinal… Pero aínda non vos podo dicir a razón disto ata ser o momento”…
As irmás Duver§a chegan a casa, e din aos seus pais que xa irán á Terra, porque Jordy lles deu unha pasaxe para os trens STK que pasan pola Terra. E antes, teñen que ir á inauguración da nova holocuberta de Bàrcinon porque alí estará o almirante 21 e teñen que falar con el, segundo o que dixo Jordy. Os seus pais din que a Terra pode ser un lugar perigoso para elas, non é tan segura como Teremedó, e os países non están moi unidos. Hai guerras, regras distintas e moita diversidade de linguas, e por todo iso é que non permiten ás persoas de visitar a Terra cando quixeren. No entanto, prepararanas para esta viaxe tan importante e perigosa, e din que na Terra estarán soas, sen pais ou profesores, e a policía da Terra é moito máis dura que en Teremedó. As raparigas din que aceptan os riscos e comunicaranllo ao noivo de Karla.
Karla chama o seu noivo e dille que irán á Terra, e o mozo di que xa llelo pediu aos seus pais e non aceptaron. No entanto, irá de todos os xeitos, e escaparase de casa. Karla di que non o faga, e el di que o fará sexa como for. E farao aínda que non obtivo o permiso dos seus pais. Karla acepta. Os tres do equipo están a prepararse para a viaxe, pero lembran que antes teñen que ir á holocuberta de Bàrcinon para falar un pouco co almirante 21, que estará a gozar alí da nova holocuberta. E unha vez máis, Kimberly ruborízase cando fala sobre o almirante 21, e así se demostra que a ela lle gusta el. Na viaxe pasarán por tres países, para ir ata unha cidade que se chama Barcelona, porque alí vive o almirante 21. Pero visitarán unha cidade que se chama Lisboa, xa que alí falan portugués, e elas falan esa lingua porque tamén se fala en Portugània, do planeta Teremedó. Despois de planear a viaxe, remata o episodio.