FANDOM


Melina (nome falso) é unha personaxe da serie Cousas de Irmás de Dýmapko.

Melina é a outra nova protagonista da terceira tempada. O nome de “Melina” é falso, descoñécese o seu nome real. É da Terra, e é a máis pequena das sete irmás. É unha das irmás secuestradas, pero por agora só se coñece a versión do Universo Espello dela. Ela fai teatro nun centro cívico, e forma parte dunha entidade na que se atopa o piso de 22 e de Mila. O obxectivo de 22 é salvar a dobre de Melina e as outras catro irmás secuestradas de Mila.

22 tivo Melina a bordo da FEF 07 desde o episodio 17 (Irmás a distancia) ata o episodio 20 (Os problemas dunha investigación), cando se decatou que fixeron un truco entre Melina e Jordi Alejos García (que traballan xuntos), e puxeran unha Mila falsa na actividade de teatro de Tres Turons para enganalos e conseguir información sobre a FEF, xa que Mila este curso xa non fai teatro. Melina di que Jordi Alejos García deulle a orde de espialos e saber cousas da FEF, e mentres ela estaba na holocuberta, puido roubar datos da FEF sen que ninguén soubese nada. Ela descubriu a tecnoloxía de volver atrás no tempo, e que a base central de 22 se atopa nunha nave estelar. Mila non estivo nunca na 07, e Melina sabía durante todo este tempo que non estaba na Terra. No episodio 21 (O dobre de Melina), os oficiais da FEF 07 planearon utilizar unha cantante romanesa que se chama Mădălina porque se parece a Melina, e utilizarana para substituíla. Pero Jordi Alejos García toma o control de Mădălina coa axuda de Andrea. No episodio 22 (O segredo da ligazón), Melina ten o papel de axudante de Jordi Alejos García durante o secuestro de Mila, e ela aparece fodendo cun dobre de 22. Eles queren conseguir a información do cerebro de 0, xa que el lle fixo unha fusión mental teremedosiana anteriormente. Xa que Mila non quere colaborar, Melina téntao pola forza, pero actívase un programa de emerxencia que 0 lle puxera ao cerebro de Mila que é unha copia básica do cerebro de 0. Tras un tiroteo, Mila volve ao seu universo e bórranlle a memoria con Retcon.

Na cuarta tempada, a rexenta Andrea fai unha alianza con Melina, e deciden que xa non contarán con Jordi Alejos García. Por iso, Jordi Alejos García contacta cos oficiais da FEF 07 e pide facer un pacto, e para demostrar a súa boa vontade, libera Mariana, unha das irmás secuestradas de Mila. Pero Mariana e as demais irmás de Mila seguen tendo a mesma idade que tiñan cando foron secuestradas, ou sexa, aínda son nenas que teñen que crecer. No episodio 27 (Porque si), Melina ve que Andrea mata unha das súas antigas compañeiras porque xa non necesita nada máis desta moza, e pensa que fará o mesmo con ela. Pero Andrea dille que Melina é especial e non a matará salvo que a traizoe. No episodio 28 (Move o cu), Mila vai ata unha casa nunha rúa abandonada de Castelldefels, onde quedou con Penélope Cruz (Melina disfrazada) e o seu director (Andrea disfrazada), para concretar o seu papel nunha serie de televisión onde Mila será unha das protagonistas. Pero todo isto é unha trampa de Andrea, e todo é falso. A diferenza do exterior abandonado, o interior da casa é todo pleno de luxos. Penélope Cruz di que teñen que ocultar os seus estudos nunha zona que pareza abandonada, así ninguén sospeitará que están aquí. E o director di que filmarán a primeira escena, pero en realidade non filman nada e utilizan filtros de percepción para facer que Mila crea que filmaron un anaco de película. No episodio 29 (Na vosa casa‎‎), Mila fai outro anaco da falsa serie de televisión con Andrea e Melina disfrazadas, onde Mila ten que dar un bico a un mozo que aparece á serie como o interese romántico da protagonista. Mila non o quere facer, pero Andrea ponlle unha cousa na cabeza para convencela a facelo. Cando Mila dá o bico ao mozo, cae ao chan inconsciente… O mozo revela que é Andrea, quen puxo no cerebro de Mila algo para controlala. Andrea, sen disfrace, dá outro bico a Mila mentres Melina está a velo, e queda celosa. Pero Andrea di que sabe o que fai. No episodio 30 (O teu equipo), Jordi Alejos García e os seus amigos queren loitar contra a rexenta Andrea, e a pesar de que conseguen salvar catro das cinco mozas secuestradas (a quinta está morta), Andrea mata Jordi Alejos García e os seus amigos. As mozas rescatadas non poden volver á Terra porque non poden cambiar a vida de Mila, polo tanto Adriana, Lucía e Mariana vivirán libres en Bàrcinon mentres o dobre de Melina queda na 07 de momento. No episodio 31 (O fin das cousas de irmás, Parte 1), Andrea mata Melina porque a traizoou e axudara a súa irmá Mila, e agora Andrea empeza unha relación con Alxy Frankz. Melina do universo normal vivirá na Terra facendo a vida do seu dobre morto.

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.