Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Move o cu
28
Número de episodio 4
Tempada 4
Número total 28
Título en Teremedó Mow le kul
Título en Portugal Mexe esse cu
Data do trinque 11 de febreiro do 2018
Lista de episodios
anterior
Porque si
seguinte
Na vosa casa
Cousas de Irmás

Move o cu é o episodio 4 da tempada 4 da serie Cousas de Irmás e o episodio 28 en total. Estreouse o 11 de febreiro do 2018.

Argumento[]

O episodio empeza nunha rúa de Barcelona, onde Robert está a andar ata a rúa “Gran Vía”, que é onde vive Andrea. Robert entra nun bar que hai preto da casa de Andrea, achégase a un home, ponlle un obxecto no brazo e o home automaticamente dálle 20 euros a Robert. Cando Robert vaise, o home non lembra dar diñeiro a Robert, e di: “Teño a certeza que levaba máis diñeiro!”. O home non pode pagar a súa consumición ao bar, e o dono do bar di: “Sempre fas o mesmo, es moi despistado. Esta vez perdoareicho porque son o teu amigo, pero lembra que tes que levar o diñeiro a próxima vez que viñeres, está ben?”. O home move a testa para dicir que si, e vaise do bar. Nunha esquina da rúa, Robert di: “Usar filtros de percepción para roubar diñeiro está ben, pero agora teño que usar un filtro de percepción e todos os recursos que teño para evitar que Andrea se pase da raia. Xa asasinou moitas persoas inocentes, e sei que o que farei agora causará máis mortos, pero é mellor dous que mil…”, e colle un comunicador parecido aos da FEF.

Na 07, de súpeto 0 recibe unha chamada dende a Terra. 0 pon a chamada en pantalla, e resulta que é Robert, que di: “Quero falar convosco, pero sobre todo con 22. Onde está el?” e 0 di: “Precisamente agora está nunha misión en Teremedó, por mor da destrución de dous astros de Teremedó que causou Andrea, o planeta está inestable: Lludne e Jekrumedó foron destruídos, e por iso Teremedó perdeu a rotación sobre o seu eixo. A partir de agora nunha parte do planeta sempre será de noite e a outra parte do planeta quedará sempre iluminada. Por tanto, nunha parte do planeta está a subir a temperatura e na outra parte está a baixar a temperatura. 22 foi a Teremedó para axudar os habitantes situados en zonas cunha temperatura moi alta ou moi baixa, xa que teñen que recolocar a poboación afectada…” e Robert interrompe dicindo: “Xa o sei, o planeta é un caos, creo que é sabio dicir un spoiler: unha terceira parte da poboación teremedosiana morrerá!”. 0 di: “Que?”, e Robert di: “Podédesme subir á 07?”. 0 di: “Por que queres vir connosco agora? 22 tardará en chegar!”, pero Robert di que quere estar na 07 ata que 22 volva.

Mentres tanto, en Teremedó, 22 atópase en Noyó, onde a temperatura chega aos 42ºC. Está a reunir un grupo de habitantes para levalos a unhas lanzadeiras, e di a un compañeiro: “Non sei onde poremos toda esta xente…”. O compañeiro acaba de reunir toda a xente, e pecha as portas da lanzadeira deixando moitas máis persoas nunha cola, á espera de entrar noutra lanzadeira. A xente ten sede, e quere beber auga. 22 di a toda a xente: “Estade tranquilos!”, pero a xente continúa gritando. 22 di: “Son teremedosianos e parecen humanos…”, e despois di ao seu compañeiro: “Transportareime á outra punta do planeta, quero ver como vai o frío da noite eterna, ti tes que quedar aquí coidando dos cidadáns de Noyó, está ben?”. O compañeiro di: “Wi, poṭs marḣá”. 22 transpórtase cun teletransportador móbil, e aparece nun punto dunha cidade cuberta de xeo, e é pola noite. Non se ve nada, xa que moitos farois están fundidos. 22 ten frío, e di: “Un gran cambio para o meu corpo. Os meus pais non saben que estou aquí, pero notarano se me puxer doente polos cambios de temperatura!”. Entón 22 recibe unha chamada da 07, e 0 dille que Robert está a bordo.

22 di: “Subídeme”, e 0 teletranspórtao á 07. Na 07, 22 di: “Robert, agora teño que ir á miña casa ou os meus pais notarán que non estou, dinos que queres pero hoxe non faremos nada, está ben?”. Robert di: “Sabía que dirías isto. Quero facer unha misión convosco: temos que ir ao tobo da rexenta Andrea e parala dunha vez por todas. Se quixeres, podemos facelo mañá, pero mañá ven cara aquí e move o cu!”, e 22 di: “Moi ben, agora baixarei á miña casa. Teremedó está feito unha merda por culpa de Andrea…”. 22 vaise, e Robert di: “Vós tamén, movede o cu e dicídeme onde me podo aloxar mentres estarei nesta nave. Tedes lugar, verdade?”, e 0 di: “Non sabemos se é sabio terte a bordo, xa que es…”. Robert interrompe dicindo: “O teu irmán, 0. Son Josep Maria, pero rexenerado. Son el cando for maior. Por que tedes medo de min?”, e 0 di: “Sabemos que cambiaches, es diferente ao meu irmán orixinal. Roubas, saltas calquera norma, e ademais a rexeneración cambioute. Eu coñezo moi ben o meu irmán, e a pesar de que el será o que ti es, sodes moi diferentes!”. Robert di: “O 0 que sempre fai bromas, agora fala coma se fose o tío máis serio do mundo. Creme, cambiei, si, pero sigo sendo o antigo almirante da Terra, Josep Maria 27. E sei que aínda cambiarei moito máis, espérame unha vida moito máis longa…”.

Ao día seguinte, 22 teletranspórtase á 07, e di: “Xa podemos facer a misión, ao choio!”. A tripulación da 07 vai ao tobo da rexenta Andrea para parala, e van cunha lanzadeira ata a súa casa. Coa axuda de Robert, usan uns filtros de percepción para evitar que a xente os vexa e fan un buraco á rúa diante da súa casa cos fásers. 0, Rutitto e Maray baixan desde a lanzadeira e métense dentro do tobo, mentres 22 e Carla controlan a misión desde a nave FEF 07. Cando os tres oficiais entran no tobo, atopan que Andrea os ataca con Daleks simulados, uns seres da serie de televisión “Doutor Who”. Os oficiais da FEF divídense, evitan os ataques dos Daleks e 0 consegue entrar na sala principal do tobo. Pero Andrea non está aquí, e descobre que puxo bombas como trampa para matalos. Todos marchan, pero mentres están a saír do tobo, Andrea aparece e cunha nova arma dispara a Rutitto e a Maray cun só tiro, e morren. 0 quere axudalos, pero vendo que non pode facer nada, escapa coa lanzadeira e volve á 07. O tobo explota. Na 07, 22, 0 e Carla lamentan a morte dos seus amigos, e con rabia 22 di que derrotarán Andrea sexa como for.

Na sala de reunións da 07, 22 enfádase con Robert, e di: “Ti sabías que eles morrerían!”. Robert di: “Primeiro: non temos que cambiar a historia. Eles tiñan que morrer nesta mesma misión, e así foi. Segundo: a súa morte foi significativa, xa que grazas á nosa misión o tobo de Andrea foi destruído xunto con todos os seus aparellos de alta tecnoloxía, e ela tivo que marchar sen ningún traste que podería acabar de destruír Teremedó. Ela ten que empezar de cero!”. 0 di: “Ti dixeches que un terzo da poboación teremedosiana morrerá, non?”, e Robert di: “No voso planeta non podedes facer nada para salvar toda a xente, non hai lugar para toda a xente na zona habitable. Que esperades, maxia?”. 22 di: “A coalición entre Andrea e Alxy Frankz, que pasará?”, e Robert di: “Spoilers”. 22 di: “Veña, vai, agora non, merda!”, e Robert di: “Pasarédesvos toda a reunión a rifarme porque estades enrabiados pola perda dos vosos amigos?”. 22 di: “Esta reunión rematou. Podedes volver aos vosos lugares, eu volverei a casa. Robert, move o cu!”, e Robert di: “Sei que o fas para imitarme, pero non poderás evitar dicilo nun futuro…”. 22 di: “Vaite á merda, lisca da miña nave!”, e Robert di: “A nosa nave. Somos a mesma persoa, sabías?”. 22 di: “Vaste?”, e Robert di: “Claro, impaciente…” e activa un obxecto co cal se teletransporta cara á Terra. 22 di: “Tiñamos os escudos activados!”…

Na Terra, Mila vai ata unha casa nunha rúa abandonada de Castelldefels, con medo deste lugar. Pero vai contenta, porque quedou con Penélope Cruz e o seu director, para concretar o seu papel nunha serie de televisión onde Mila será unha das protagonistas. Pero todo isto é unha trampa de Andrea, e todo é falso. Mila chama á porta, sae o director e di: “Tiña ganas de verte!”. O director leva Mila ao interior da casa, que a diferenza do exterior abandonado, o interior é todo cheo de luxos. Penélope Cruz aparece, e di: “Temos que ocultar os nosos estudos nunha zona que pareza abandonada, así ninguén sospeitará que estamos aquí. Vai co meu director!”, e o director di: “Eu arranxareite para filmar a primeira escena, temos que empezar hoxe ou non teremos tempo de filmalo todo antes da estrea da nosa serie. Ven comigo!”. O director leva Mila ata un camerino, ponlle maquillaxe na cara e prepara a súa roupa que levará a personaxe. Despois o director leva Mila ata a sala de filmacións, pero alí non hai ningunha cámara, só hai unhas ferramentas estrañas e unha cama. O director di a Mila: “Confía en min, déitate na cama e todo irá ben…”. Mila faino, e o director dórmea…

O director sácase a camuflaxe e revela que é Andrea, e Penélope Cruz tamén se saca a camuflaxe e revela que é Melina. Elas dous rin, bícanse e Melina di: “Temos Mila onde queriamos!”. Andrea di: “Teño que dicirche que non esperaba que o dobre da túa irmá fose tan parva, é moi inocente e fácil de enganar!”. Melina di: “Que faremos agora?”, e Andrea di: “Soltala. Non lembrará nada da sala de operacións cerebrais, e ademais ela crerá que gravou unha escena da falsa serie connosco. Veña, poñámonos as camuflaxes de novo!”, e elas dous transfórmanse de novo en Penélope Cruz e o seu director. O director toca un botón, os cables axustados á testa de Mila retíranse da súa testa e Mila espértase. Mila di: “Gustáronme moito as escenas que filmamos!”, e o director di: “Fixéchelo moi ben, tes talento para isto. A semana que vén faremos máis traballo, agora xa podes ir a casa. Queres que te acompañe ata a porta?”. Mila di: “Si, acompáñame se quixeres”, e o director e Penélope Cruz acompañan Mila ata a porta. Mila di adeus aos dous impostores, volve á súa casa e remata o episodio.

Advertisement