Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Na vosa casa
29
Número de episodio 5
Tempada 4
Número total 29
Título en Teremedó A kasa vosṭra
Título en Portugal Na vossa casa
Data do trinque 25 de febreiro do 2018
Lista de episodios
anterior
Move o cu
seguinte
O teu equipo
Cousas de Irmás

Na vosa casa é o episodio 5 da tempada 4 da serie Cousas de Irmás e o episodio 29 en total. Estreouse o 25 de febreiro do 2018.

Argumento[]

O episodio empeza na 07 un día, 0 está a descansar coa súa muller, Carla, cando de súpeto recibe unha mensaxe que provén de Jordi Alejos García, quen di que ten outra moza das catro irmás secuestradas de Mila, e propón devolverlle a súa idade como xa fixeron con Mariana. 0 di que ten que avisar 22 e preguntarlle se o pode teletransportar a bordo, e Jordi Alejos García di que o entende. 0 teletransporta 22 á 07, e dille que Jordi Alejos García falou con el e quere subir á 07. 22 está de acordo, e teletransportan Jordi Alejos García á nave. Van á sala de reunións, e Jordi Alejos García explica que unha moza das outras catro irmás de Mila estaba nunha rúa de Barcelona, el atopouna e a nena díxolle que se escapou do lugar onde Andrea a tiña secuestrada, xa que alguén a puido espertar. 22 cre que eses alieníxenas que invadiron a Terra posuíron esta moza, e cando a deixaron ela quedou esperta no canto de volver quedar inconsciente. Por iso conseguiu escapar sen que Andrea puidese decatarse. Jordi Alejos García explica que el ten un control das nenas secuestradas, e por iso atopouna na rúa. 22 pregúntalle como se chama esta moza, e Jordi Alejos García di que esta moza se chama Lucía e que lle teñen que devolver a súa idade para levala a casa.

Jordi Alejos García di a 22: “Ao principio pensaba que ela era Adriana, outra irmá, xa que se parecen moito. Pero despois vin que non era Adriana, senón Lucía, que é a máis nova e ten 20 anos. Adriana ten 22, coma ti, almirante…”, e 22 di: “Temos que ir ao teu hotel Golf de Arxentina agora, para recuperar a ficha das dúas mozas que temos, así poderemos identificalas e seranos moito máis fácil facer que volvan ter as vidas que tiñan antes de que as secuestrases ti, Jordi Alejos García…”. 0 di a 22: “Tes a certeza que poderemos confiar neste home que antes era o noso inimigo?” e 22 di: “Non, pero por agora está a axudarnos moito. Aproveitarémolo!”. 22 di que prefire ir ao hotel Golf de Arxentina virtualmente, e 0 di que el tamén irá virtual. Jordi Alejos García di: “Como quixerdes”, e dá as coordenadas a 22 para transmitilas ao supercomputador da nave. Jordi Alejos García teletranspórtase ao hotel Golf de Arxentina, e 22 e 0 van virtuais. 22 e 0 aparecen nun escampado, e atopan unha estrada. Jordi Alejos García di: “Ese edificio de alí ao final é o hotel Golf”, e 22 di: “Sorte que cando estou coa miña forma virtual non me canso de andar…”, e andan ata o hotel Golf. Cando chegan, atopan que a porta do hotel Golf está pechada, e non poden entrar…

22 pregúntalle a Jordi Alejos García: “Que pasa se me cargo a porta?”, e Jordi Alejos García di: “Non o sei…” e queda pensando. 22 apunta o brazo cara á porta e di: “Frecha láser!”, e do brazo de 22 sae unha frecha luminosa que fai un buraco na fechadura. Repíteo ata que a porta se abre. E a continuación a porta cae ao chan. Os oficiais da FEF e Jordi Alejos García entran no hotel, e Jordi Alejos García leva os oficiais da FEF ata a sección onde se atopa toda a información. Jordi Alejos García busca todo sobre Mariana e Lucía, e consegue toda a ficha de cada unha delas. 22 di a Jordi Alejos García: “Vai á 07 con todas estas caixas, agora viremos nós…” e Jordi Alejos García teletranspórtase á 07. 22 di a 0: “Disparareiche para facerte volver á 07, non quero que el quede só. Sei que está Carla, e non quero que lle pase nada…”, e 0 di: “Tiña razón, non confías nel!”. 22 di: “Quedarei un pouco máis aquí, volvo enseguida”, e dispara a 0 para facelo volver á nave. 22 dá unha ollada ao hotel Golf, que agora está baleiro e non hai ninguén, e cando considera que o viu todo, di a 0 que o materialice. 22 volve á 07, e di: “Tedes todos os papeis da documentación das dúas mozas?”. Jordi Alejos García di que si, e 22 di: “Pois ao choio. Primeiro devolverémoslle a Lucía a idade que realmente ten. Imos!”…

Nun lugar descoñecido, que é a base secreta de Alxy Frankz, a rexenta Andrea di a Alxy Frankz: “O meu plan funciona, téñoos onde eu quero. Caerán na miña trampa…” e Alxy Frankz dille: “Xa vexo que es moi intelixente, o teu plan será un éxito. Pero tes que ir amodo, non queiras correr ou perderemos!”. Na 07, os oficiais da nave e Jordi Alejos García están a preparar facer que Lucía recupere a súa idade. 22 di a Lucía: “Non teñas medo, entra neste escáner e todo irá ben, imos!”, e Lucía faino. 22 activa o programa, e a continuación Lucía sae do escáner coa súa idade correcta. Entón as luces da nave apáganse, a enerxía cae e os escudos desactívanse… Nunha bóla de transporte no espazo, Mila do universo espello di que teñen que axudar os oficiais da nave FEF 07, xa que os enganaron. E na base de Alxy Frankz, Andrea ri dicindo que conseguiu o seu obxectivo, e Melina di a Andrea que esta vez gañaron. Andrea di que non gañaron toda a loita, só marcaron un gol pero o partido continúa. Melina di que ela ten a certeza de que Andrea pode gañar o partido enteiro, e Andrea di que si e bícanse. Alxy Frankz di que se el non as axudase, non conseguirían nada, e Andrea di: “Creo que agora temos que falar coas túas versións máis novas, non?”. Alxy Frankz di que si.

Na 07, 22 usa un tricórder para analizar Lucía, e descobre que ela levaba un virus no seu corpo que causou o problema da perda de enerxía da nave. El di que posiblemente Andrea si a colleu, púxolle este virus e fíxolle crer que se puido escapar. Ao devolverlle a súa idade co supercomputador, o virus entrou no computador, por tanto foron enganados. Entón Jordi Alejos García pregunta que farán, e 0 responde que sabe arranxalo, xa que se preparou para saber como se arranxa un supercomputador vendo vídeos. 22 di: “Vídeos da Terra?” e 0 di: “Pero seranme útiles, xa verás!”. 0 empeza o seu traballo… Mentres tanto, no piso de Mila, Mila está a prepararse para filmar outro anaco da serie falsa de televisión que ela está a facer con Andrea e Melina disfrazadas da actriz Penélope Cruz e o seu director. Mila sae de casa e vai á parada de metro para ir á casa de Castelldefels onde Andrea a está a esperar. Mentres tanto, Andrea di a Alxy Frankz que quedou con Mila, e ten que irse. Melina e Andrea vanse, e Alxy Frankz di que fan ben enganando Mila, xa que se ela morrer, 22 sufrirá moito e este é o obxectivo. Andrea dille que ten razón, e ela e Melina teletranspórtanse directamente á casa de Castelldefels, onde se atopan con Mila que as está a esperar.

Na 07, de súpeto Mariana e Lucía son teletransportadas, alguén as colleu mentres os escudos da nave estaban desactivados. 22 di que ten a certeza de que foi Andrea, aproveitou que tiñan os escudos desactivados para secuestrar outra vez as dúas mozas que conseguiran liberar. Jordi Alejos García di que se cadra agora deron un paso atrás, xa que perderon todo o que gañaran. 22 di que é verdade, agora teñen que empezar de cero co rescate das irmás de Mila. Entón, a 07 recibe unha mensaxe de Mila do Universo Espello quen di que os quere axudar a recuperar as dúas mozas que Andrea colleu e as outras tres mozas que aínda están secuestradas nun lugar descoñecido baixo o control de Andrea e de Alxy Frankz. 22 pregunta que poden facer, e Mila do Universo Espello di que elas teñen un plan. Pero teñen que ouvir este plan na súa bóla de transporte, xa que na 07 hai unhas cámaras e uns micrófonos cos cales Andrea pode ouvilos. 22 dille que ten razón, e di que el, 0, Carla e Jordi Alejos García irán á bóla de transporte de Mila do Universo Espello. Mentres tanto, en Castelldefels, Andrea está nun cuarto e di: “Merda!”, xa que non poderá ouvir o que 22 e os seus amigos planearán. Andrea sae do cuarto, disfrázase e reúnese con Mila do universo normal…

En Castelldefels, Andrea e Melina disfrazadas preparan outro anaco da falsa serie de televisión, pero Mila non sabe que a están a enganar. Andrea disfrazada do director de Penélope Cruz dille a Mila: “Ven comigo á sala de rodaxes, temos que facer unha escena diferente das outras…” e Mila di: “Que escena?”. Entón o director revela a Mila que ten que dar un bico a un mozo que aparece na serie como o interese romántico da protagonista. Mila dille: “Fai falta que o faga?”, e o falso director di: “Por agora, ven comigo, xa que te teño que preparar…”, e leva Mila ata unha cama onde a dorme cun sedante. Ponlle unha cousa na testa, e volve espertala. Cando Mila esperta, di: “Estou lista para gravar a escena do bico!”. O falso director di: “Perfecto!”, e leva Mila con Penélope Cruz. O falso director vaise, mentres Mila ponse a maquillaxe. Penélope Cruz e Mila gravan a escena, vén o mozo e bica Mila. Entón Mila cae ao chan inconsciente… O mozo revela que é Andrea, quen puxo no cerebro de Mila algo para controlala. Andrea, sen disfrace, dá outro bico a Mila mentres Melina está a velo, e di: “Por que lle deches este segundo bico?”. Andrea dille: “Non sexas celosa, sei o que fago, fíxeno para a nosa misión. Xa verás como gañaremos, e o almirante 22 perderá!”…

Mentres tanto, na 07, 0 remata o seu traballo e a nave recupera toda a enerxía e os escudos. 22 di a 0: “Bo traballo!”, e 0 di que lle foi moi fácil arranxar o supercomputador. 22 dille a Jordi Alejos García que, agora que teñen enerxía e escudos de novo, teñen que atopar as irmás de Mila e levalas a casa, e Jordi Alejos García respóndelle que el está do seu lado, ou sexa, axudarao se puider. 22 agradécelle a súa axuda, e Jordi Alejos García di que se cadra teñen que ir a Arxentina outra vez, alí el ten amigos que os poden axudar e estes amigos estarán ao lado dos oficiais da 07. 22 pregúntalle a Jordi Alejos García: “Tes a certeza de que todos estes teus amigos son de confianza?” e Jordi Alejos García responde: “A maioría destes meus amigos si”. 22 di: “Pois ao choio!”, e di a Jordi Alejos García que pode usar o supercomputador para chamar os seus amigos. Pero Jordi Alejos García explica que seleccionou tres entre os seus amigos, xa que este tres amigos son máis de confianza cós outros. 22 di que xa pode facer a chamada, e Jordi Alejos García explica aos seus amigos todo. Un deles di que axudará, e os outros din que tamén están de acordo. 22 di: “Andrea, quero que saibas que non só ti tes aliados, eu tamén teño!”, sorrí e o episodio remata aquí.

Advertisement