Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
O dobre de Melina
21
Número de episodio 5
Tempada 3
Número total 21
Título en Teremedó Le dopla lada Mellina
Título en Portugal O dobro da Melina
Data do trinque 5 de novembro do 2017
Lista de episodios
anterior
Os problemas dunha investigación
seguinte
O segredo da ligazón
Cousas de Irmás

O dobre de Melina é o episodio 5 da tempada 3 da serie Cousas de Irmás e o episodio 21 en total. Estreouse o 5 de novembro do 2017.

Argumento[]

O episodio empeza nunha casa de Romanía, onde unha cantante famosa que se chama Mădălina está a almorzar tranquilamente coa súa filla, mentres na 07, 0 e Carla están a velas nunha pantalla, xa que Josep Maria 22, que xa non é almirante porque a FEF xa non existe, quere facer algo con Mădălina. 22 di: “Voume ao meu antigo piso” e 0 dille: “Tes a certeza que o teu plan funcionará, ou só o fas porque che gusta?”. 22 di: “Funcionará, vós tedes que facer o que vos dixen. Ao choio!”, e utiliza o teletransportador da nave para ir ao piso de Mila. No piso, chama a 07 e di: “Dádeme outra vez aqueles transportadores móbiles!”, e os obxectos que serven para teletransportar alguén dun lugar a outro aparecen no comedor do piso de 22. 22 pregunta a 0: “Xa me preparastes as coordenadas?” e 0 di: “Sen dúbida!”. Entón Mila vén ao comedor e pregúntalle a 22: “Que fas aquí? E que son estes obxectos?”, e 22 di: “Estas palabras xa as dixeches antes, xa mo preguntaches, non te lembras?”. Mila di que non, e 22 di: “Xa viras estes obxectos, pero non podes lembralos porque che dei Retcon, como seguramente volverei facer, por iso é inútil que volva explicarcho. Pero direiche outra pregunta: gustaríache coñecer unha cantante famosa romanesa?”.

Mila non sabe que dicir, 22 activa os tres transportadores móbiles e fórmase un triángulo que une os tres obxectos, e no medio do triángulo aparecen Mădălina e a súa filla, que quedan sorprendidas. 22 di en romanés: “Bine aţi venit la Barcelona!”, Mădălina di: “Barcelona… asta e Spania?” e 22 di: “Da!”. Mădălina non entende nada, e Mila di: “Quen son elas?”. 22 di: “Son Mădălina e a súa filla, ela é unha cantante de Romanía que se perece moito a Melina, e por iso transporteina aquí, quero facer unha proba con ela. Ela é aquela que cantaba aquela canción que che dixen, non te lembras?”, e Mila di que non sen saber como é que 22 as trouxo no medio do comedor do seu piso. 22 di: “Ben, Mila, ímonos. Mădălina, vino cu mine, vreau să te duc pe tine la locul în care o să-l cunoşti pe dublul tău!”, e Mădălina di: “Cine sunteţi?”. 22 di: “Sunt amiralul Pământului, şi vin din viitor. Eu v-am teleportat pe tine şi pe fiica ta de la România până la aici, unde eu locuiesc. Haide, vino!”, e ela colle a súa filla e di: “Ăsta e viitorul?”. 22 di: “Ţi-am spus că vin din viitor, dar ăsta e încă prezentul. Şi prietena mea, Mila, e din timpul tău şi a rămas atât de surprinsă ca şi tine. Dar acum o să ne ducem acasă unde o să-i cunoşti pe părinţii mei!”, e Mădălina di: “De ce m-ai luat pe mine?”…

22 di: “Pentru că eşti asemănătoare cu o fată numită Melina, dar pe drum îţi voi explica totul despre misiunea noastră, nu-ţi fie frică!” e Mădălina decide colaborar. Ela, a súa filla e 22 vanse do piso, e cando saen, 22 chama a 07 e di: “0, quitade os transportadores móbiles do meu piso. Levarei Mădălina á miña casa para facer a primeira proba cos meus pais, e se todo for ben, faremos a nosa misión, estades de acordo?”, e 0 di: “Queres levar Mădălina á túa casa?”. 22 di que se Mădălina fixer todo o que el lle dixer, quererá dicir que poden confiar nela para facer a misión. Mentres tanto, nun lugar descoñecido, Jordi Alejos García e a rexenta Andrea están a ver as accións de 22 con Mădălina, e Jordi Alejos García di a Andrea: “Sabes que está a facer?”. Andrea di: “Non, no entanto temos que vixiar, non sabemos que está a planear. Pero el tampouco sabe nada dos nosos plans!”. Nun autobús, Mădălina di: “É dicir: teño que finxir que son Melina?” e 22 di: “A pesar de que falo romanés, é máis cómodo para min falar no meu idioma e utilizar o tradutor de voces, así entendereite mellor e poderei explicarche todo mellor…”. Mădălina di: “Que?”, 22 di: “Óllame como se moven os meus beizos. Ves que o que digo non corresponde co movemento dos meus beizos?” e Mădălina di: “Que quere dicir?”…

22 explica que o tradutor de voces fai que a outra persoa ouza un idioma diferente do idioma da persoa que fala, e di que tamén é tecnoloxía do futuro. Finalmente chegan á casa de 22, e 22 di: “Lembra o que che dixen, tes que dicir que es Melina!”. Entran á casa de 22 coas chaves del, e os pais sorpréndense. 22 di: “Traio unha amiga comigo, ela é Melina. Xa vos falei dela antes, verdade?”, e o pai de 22 dille: “Ola, Melina…”. Mădălina di: “Sodes do futuro?” e os pais din: “Que?”. Mădălina di: “Vin a Barcelona cos vosos teletransportadores…” e 22 interrómpea dicindo: “Fai o que che dixen!”. O pai de 22 di: “Que é isto que di ela?” e a nai di que ela se parece a Mădălina de Romanía, xa que a viu nunhas fotografías. Pero Mădălina di: “Son Mădălina, e ela é a miña filla… Espera, onde está a miña filla?”, e 22 di: “Oculta cun holoemisor móbil, e só a podo ver eu. Pero está aquí á beira. Anais, mă auzi?” e unha voz di: “Da!”. O pai de 22 di: “Quen dixo iso?” e 22 saca o holoemisor do brazo de Anais, e ela faise visible. 22 di: “Rematei a miña proba, xa vexo que non se pode confiar nela…”.

A nai de 22 di: “Ela é Mădălina?” e 22 di: “Si… Uns amigos meus do futuro puideron teletransportala ao meu piso e en autobús tróuxena aquí para falar convosco…”. Nun lugar descoñecido, Jordi Alejos García di: “É hora de facer o teu plan…” e Andrea activa un obxecto… De súpeto, na casa de 22, Mădălina cae inconsciente… e uns segundos máis tarde abre os ollos. 22 di: “Mădălina, estás ben?” e Anais di: “Mamá!”. Pero Mădălina di: “Vai todo ben, non vos tedes que preocupar. Podedes levarme outra vez ao lugar desde onde me transportastes?”, e 22 di: “Por que?”. Pero Mădălina di forte: “Facédeo!”. 22 sorpréndese, xa que Mădălina está a actuar dunha maneira diferente, pero di: “Moi ben, volvemos cara ao piso, pero xa que a miña proba non funcionou, dareivos Retcon para esquecer todo. Mădălina, imos á parada do autobús!” pero Mădălina di: “Utilizade o teletransportador, quero chegar rápido!”. 22 acepta, xa que pensa que Mădălina quere volver a casa. El chama a 07 e di: “Dádeme os transportadores móbiles aquí, na miña casa, levaremos Mădălina directamente a Romanía!”, pero Mădălina di: “Non, quero ir ao teu piso!”. 22 dubida e di: “Un momento… por que ao piso?” e Mădălina di: “Rápido!”. 22 di a 0: “Temos un gran problema…”.

22 di: “Transportade Mădălina directamente á 07 cun campo de forza, é unha orde!” e Mădălina quere atacar, pero desaparece da casa de 22. 22 di aos seus pais: “Deixádeme que solucione isto, creo que alguén posuíu Mădălina!”, e Anais está asustada porque a súa nai está dunha maneira diferente a como a coñece. 22 di: “0, teletransporta Anais e a min á 07!” e os dous van á 07. 0 di: “22, Mădălina quere falar connosco…” e Mădălina di: “Son Andrea, e o meu amigo a quen xa coñecedes, Jordi Alejos García, quere facer un pacto convosco: ou levades este corpo de Mădălina ao piso de 22, ou matarei este corpo!”. 22 di: “Inhibidores de transporte e preparade un rap, se fordes intelixentes xa saberedes o que tedes que facer. Ao choio!”, pero entón Mădălina di: “Xa vexo que non podo negociar convosco…” e empeza a tusir e a afogarse. 22 di: “Imos, rápido!” e 0 trae os inhibidores e dille: “Carla está a preparar o rap…”. 22 contacta con Carla e di: “Sabes facelo?” e Carla di: “Só dime cando e fareino”. 22 di a 0: “Suxéitaa, eu póñollo!”, e mentres 0 suxeita Mădălina para evitar que se mova, 22 pon o inhibidor no brazo de Mădălina e di: “Levádea coa súa filla á súa casa!”, e 0 transporta Mădălina e a súa filla a Romanía. Entón 22 di: “Carla, agora!”. Carla toca uns botóns na sala do supercomputador e 22 di: “Volvemos ao pasado, agora!”…

De novo no pasado, 22 desde o seu cuarto chama a 07 e di a 0: “Ela está ben?” e 0 di: “Perfectamente, e non lembra nada. Xunto co inhibidor, inxecteille ao brazo un novo medicamento que lle fixo esquecer todo o que viu hoxe…”. 22 di: “Un novo medicamento?” e 0 di: “Se cadra cre que foi un soño, pero creo que foi bastante eficaz, foi un invento meu recente que podería ser alternativo ao regreso ao pasado. Que opinas disto?”. 22 di: “Inventaches o Retcon!” e 0 di: “Podo melloralo, pero si, o que inventei é basicamente Retcon!”. 22 di: “Como a FEF non existe, creo que nos poderiamos denominar Torchwood!” e 0 di: “Xa vexo que che gusta moito esa serie…”. 22 ri, e dille: “Si, xa o sabes…” e 0 di: “Que che gusta máis, Torchwood ou Mădălina?”. 22 ri de novo, e 0 di: “Ou Melina?” e 22 di: “Iso si que non fixo graza! Pero teño que ter coidado, xa que non quero caer no mesmo problema que con Andrea!”. 0 di: “Si, podes finxir que che gusta alguén, pero tes que evitar empezar a sentir nada por ese alguén!” e 22 di: “É difícil, pero tentareino”. Mentres tanto, Mila sae do seu cuarto para cear, e 22 dille por WhatsApp: “Sabes quen é Mădălina?” e Mila di que non. 22 di: “É aquela cantante que se parece a Melina. Pois me parece que hoxe tomou Retcon…” e Mila non di nada e continúa ceando.

Nun lugar descoñecido, Andrea di a Jordi Alejos García: “Fixeron algo, pero non sei que fixeron, no entanto teño a certeza que fixeron un regreso ao pasado e esquecémolo…” e Jordi Alejos García di: “Grazas aos datos que Melina tomou daquela nave, creo que ti e eu tamén nos podemos inmunizar!”. Entón el e Andrea métense nuns tubos que hai nese cuarto, os tubos péchanse e cando se abren Jordi Alejos García di: “Agora só hai que atopar o programa para volver ao pasado!”. Andrea di: “Funcionou a túa inmunización?” e Jordi Alejos García di: “Con certeza!”. Andrea di: “Ben, agora temos que continuar o noso traballo, tal como planeamos. Non poderán facer nada connosco, o antigo almirante da Terra da antiga FEF morrerá nas miñas mans… lentamente!” e ri. Jordi Alejos García pregúntalle: “Por que tes tanta rabia contra aquel mozo?” e Andrea di: “Non tivemos ningunha relación sentimental, se iso for o que preguntaches…” e Jordi Alejos García di: “Entón, que pasou?” e Andrea di: “Ao principio era pura rivalidade, pero un día el enganoume e case morrín, ou sexa, fun derrotada por el. E isto el pagarao moi caro!”. Jordi Alejos García di: “Si, e eu axudareite!”…

Advertisement