Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
O que sucedeu
18
Número de episodio 2
Tempada 3
Número total 18
Título en Teremedó Lz ke va passá
Título en Portugal O que aconteceu
Data do trinque 24 de setembro do 2017
Lista de episodios
anterior
Irmás a distancia
seguinte
Pararémosvos sexa como for
Cousas de Irmás

O que sucedeu é o episodio 2 da tempada 3 da serie Cousas de Irmás e o episodio 18 en total. Estreouse o 24 de setembro do 2017.

Argumento[]

O episodio empeza nunha holocuberta da nave FEF 07, onde Josep Maria 22 e o seu equipo de tripulación están a preparar un programa para ver o que sucedeu cando Mila e Melina eran pequenas, e teñen esta información grazas a uns rexistros da Terra que eles conseguiron descifrar coa tecnoloxía da FEF. 0, quen conseguiu obter estes rexistros, di que a información podería ser inexacta, no entanto as imaxes que verán a continuación son bastante fieis ao que pasou de verdade. 22, 0 e Carla prepáranse para empezar a holosimulación…

Ano 1994
Mila ten 6 anos. Ela, o seu irmán que ten 13 anos, a súa irmá máis nova de 2 anos e os seus pais Marcial e María Natividad están nun hospital mentres a nai de Mila, María Natividad, está a prepararse para ter o seu cuarto fillo, que será unha nena. Despois dun parto sen moitos problemas, a nena nace. Esta nena máis adiante será o dobre da Melina no universo principal, unha das cinco irmás de Mila que foron secuestradas. O pai alégrase ao ter un cuarto fillo, e a nai di: “Teño a certeza que con dúas das nosas fillas sucederán cousas moi grandes!”. O pai di: “Isto é só o que tes na túa testa?” e a nai di que a súa intuición nunca falla. O pai di: “Non sei como o fas para ser tan intelixente, aínda así quérote e querereite sempre!” e a nai di: “Que ninguén separe esta familia nosa, prométemo!”…

Ano 1999
Durante o mes de setembro, nun lugar descoñecido, uns homes que só se ven como siluetas detectan que ao ceo unha nave está a achegarse á Terra. O xefe dos homes di: “Activádeo!” e teletransportan algo roubado desta nave. O xefe dos homes di: “Agora xa podemos rematar a nosa misión, con esta tecnoloxía podemos converternos en psicomorfos. O noso obxectivo realizarase con éxito!”. Pero uno dos seus subordinados dille que el, como director do proxecto no que traballan, ten que autorizar o uso da tecnoloxía alieníxena que acaban de conseguir. O director asina uns documentos, a nome de Jordi Alejos García… E empezan a extracción e a manipulación da tecnoloxía que acaban de roubar á nave que sobrevoou o ceo de Barcelona. Entón un dos subordinados informa que a nave está a volver voar polo ceo de Barcelona, pero esta vez a nave márchase da Terra. Jordi Alejos García di: “Déixaos marchar, nós xa rematamos o noso traballo!”…

Ano 2001
Nunha casa onde viven Mila e a súa familia, pola noite, de súpeto a nai levántase e di chamando aos seus fillos e ao seu marido que uns homes entraron na casa. O seu marido di que non hai ninguén, pero a nai di que os viu entrar. De súpeto una das fillas desaparece, e a nai ve que a levan. Pero sen saber por que, o pai non a lembra, nin tampouco a lembran os outros irmáns. O mesmo sucede con outra irmá, e isto repítese ata que desapareceron cinco irmás de Mila. Só quedan Mila e o seu irmán, pero cando Mila está a piques de ser tamén secuestrada, unha versión nova de Yusma (Josep Maria do universo espello) aparece e fai que os secuestradores fuxan, quedando na casa só Mila, o seu irmán maior e os seus pais. Yusma vaise, pero entón unha explosión de luz branca enche a casa de Mila, e Mila, o seu irmán e os seus pais quedan inconscientes no chan…

Ano 2004
Nun lugar descoñecido, hai un hotel que se chama “Hotel Golf”, onde un dos conserxes que se chama Rafael chama por teléfono a Jordi Alejos García e di: “Señor Alejos, teño problemas coas nenas. Preciso de axuda psicomórfica, ou non as poderei manter máis intre!”. Nun cuarto, Jordi Alejos García di: “Xa veño. Se as nenas causaren problemas, tráeas á cabina da dor sen pensarcho!”. Nunha habitación deste Hotel Golf, todas as cinco irmás secuestradas de Mila están nun estado estraño, e repiten as mesmas palabras á vez: “Aviso: estamos a vir!”. Entón Jordi Alejos García chega, ve o estado das nenas e di a Rafael: “Lévame á sala de control, agora!”. Na sala de control, Rafael di que o acceso está restrinxido a só o seu superior, Jordi Alejos García, quen rapidamente introduce o seu código de activación e toma o control da sala. Toca uns botóns da sala, e de súpeto as nenas deixan de falar á vez, e volven durmir.

Ano 2017 - Marzo
Josep Maria 21 descubriu que poderá coñecer a nai de Mila, xa que escoitou unha conversación entre ela e o seu noivo que ao día seguinte irán vela. Ao día seguinte, 21 vai ata unha estación do metro de Barcelona onde Mila e o seu noivo, Marc, están a esperar a nai de Mila. Cando Mila e Marc atopan 21, sorpréndense porque el veu por sorpresa e cun vestido dunha serie de ciencia-ficción que se chama Torchwood, e 21 fai ver que rastrexou a Mila seguindo a localización do seu teléfono móbil. Cando vén a nai de Mila, 21 empeza a sacarlle información da verdade: as cinco irmás secuestradas de Mila. Mila sorpréndese e infórmalle todo á xefa de Tres Turons, pero é demasiado tarde: 21 xa contactou coa nai e pensa descubrir a verdade e liberar as cinco irmás secuestradas de Mila sexa como for. 21 pide o teléfono móbil da nai de Mila, pero a nai non lembra o número e Mila non llo quere dar.

Ano 2017 - De abril a setembro
21 descubriu que o dobre do Universo Espello dunha destas irmás vai ao grupo de teatro de Tres Turons onde vai Mila, e finxe que se chama “Melina”. Por iso, 21 engana a xefa de Tres Turons, Lorena, facendo ver que quere ir a teatro el tamén. Pero Lorena non o acepta, por agora. Un día, 21 vai ao lugar onde fan teatro, para falar con Melina. 21 atopa Melina e fala con ela, e os dous van xuntos ata a estación de metro. 21 preséntase como un compañeiro de piso de Mila e di que coñece outros antigos amigos dela, pero ela recoñéceo como almirante da Terra xa que no Universo Espello 21 é famoso. Máis tarde, 21 tenta falar con Marisa, a xefa do grupo de teatro e ademais a coordinadora de Tres Turons, para ver se pode entrar no grupo de teatro, e ademais fai ver que a noiva de 21, Sandra, quere apuntarse a Tres Turons. Marisa case non quere falar con el.

Ano 2017 - Presente
O programa de holocuberta remata, e 22 explica que conseguiu o teléfono móbil da nai de Mila despois dun truco combinado entre Robert e a astucia de 22, conseguiu ollar os contactos de Mila e sacou o número da nai de Mila. 22 admite que realmente non estaba moi preocupado por este tema, ata que sucedeu o ataque de Melina tentando matar Mila. Teñen un gran problema xa que Melina decidiu contraatacar. Pero a FEF derrotaraa sexa como for. Mentres tanto, nun lugar descoñecido que xa apareceu no episodio anterior, unha silueta con voz distorsionada dille ao dobre de Mila: “Todo está listo, xa falei con Lola e xa o preparei todo. Ou sexa: ao choio!” e o dobre de Mila sobe nunha plataforma de teletransporte vestida como a Mila orixinal, transpórtase cara a un lugar descoñecido e pouco despois revélase que a silueta descoñecida é Yusma (do presente), e remata o episodio.

Advertisement