Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
O segredo da ligazón
22
Número de episodio 6
Tempada 3
Número total 22
Título en Teremedó Le sekreṭ da ľenyac
Título en Portugal O segredo da ligação
Data do trinque 19 de novembro do 2017
Lista de episodios
anterior
O dobre de Melina
seguinte
Ao choio!
Cousas de Irmás

O segredo da ligazón é o episodio 6 da tempada 3 da serie Cousas de Irmás e o episodio 22 en total. Estreouse o 19 de novembro do 2017.

Argumento[]

O episodio empeza nunha lembranza do pasado, onde 0 fai unha fusión mental teremedosiana a Mila mentres está oculto. Agora, en novembro, Mila está a andar tranquilamente cara á súa casa. Cando entra, atopa uns ruídos parecidos aos dunha relación sexual no seu cuarto. Mila abre a porta amodo e atopa Josep Maria 22 e Melina a foder na cama do cuarto, e 22 di: “Ei, Mila, se cadra gústache o espectáculo?”. Mila sorpréndese e non sabe que dicir, 22 di: “Fóra de aquí e déixanos sós!” e Mila aínda se sorprende máis. Entón a escena cambia a “outro mundo”, onde a compañeira de piso de Mila, Aisha, envía mensaxes a Mila co WhatsApp e despois a chama, pero ela non lle responde. Son as 22 horas da noite, e Aisha preocúpase. Dúas horas máis tarde, ás 0 horas, 22 recibe unha chamada de 0 quen lle di que non sabe onde está Mila e pregunta se el sabe algo. Mentres tanto, Aisha chama Urxencias de Tres Turons. Aínda así, tampouco saben onde está ela. 22 di á 07 que ninguén atopa Mila e nin saben onde está ela. Ninguén o sabe, e 22 empeza a preocuparse…

Urxencias de Tres Turons mobilízase e deciden avisar a policía, xa que están moi preocupados. A policía empeza a buscar, e 22 volveu á 07 para controlar as accións das autoridades coa tecnoloxía da nave. 0 tamén axuda 22 accedendo ás cámaras de seguridade de toda Barcelona, e despois dunha gran investigación, 22 e 0 chegan á conclusión que Mila non se atopa en Barcelona nin seguramente na Terra. Noutro mundo, Mila di a 22: “Un pouco de respecto, as educadoras non permitirán isto!” e 22 dille: “Queres unirte?”. Mila di: “Que⁇” e 22 di: “Melina, importaríache ter unha moza máis connosco?”. Mila di: “Ti non es así…” e 22 dille: “Non me digas que non tes ganas!”. Melina di: “O teu antigo compañeiro de piso está a proporche vir aquí connosco, pero eu proporeiche unha cousa moito mellor: se quixeres saber respostas, dáme ti unha…”, e Mila non entende nada. 22 di: “Non lembras a fusión mental?” e Mila di: “Que?”. Melina dille a 22: “Es libre de explicarllo”, e 22 di: “Hai un tempo o meu irmán fíxoche unha fusión mental teremedosiana, e nese momento os vosos cerebros conectáronse. Forma parte das habilidades teremedosianas, a miña especie. Ou sexa, tes unha pequena copia do seu cerebro no teu cerebro. E querémola!”…

Mila di: “Por que a queres ti?” e 22 di: “Esta información non cha podo dar”. Mila di: “Se cadra porque ti non es Josep Maria, xa que el non ten irmáns…” e 22 di: “Melina, cóllea, farémolo da maneira difícil…”. Mila di: “Non!” pero Melina colle Mila evitando que se mova, e 22 achégase a ela e bícaa á forza. Entón 22 cae ao chan, e Mila abre os ollos e nas súas pupilas hai as letras “FEF”. “22” revela ser Jordi Alejos García que estaba disfrazado, e Mila di: “Jordi Alejos García, crías que non a protexería?”. Jordi Alejos García di: “Quen es?” e Mila di: “Son 0-Mila”. Jordi Alejos García non entende nada, e Mila di: “A parte do cerebro de 0 tomou o control do meu corpo e agora son unha especie de clon del. Ou sexa, para empezar, lisquemos desta simulación da merda, e despois, Torchwood encargarase de todo!”. Jordi Alejos García di: “Torchwood?” e Mila di: “A FEF xa non existe, tiñamos que elixir un nome. E agora, levádeme a casa!”. Jordi Alejos García di: “E unha merda!” e dobres das educadoras Sandra, Eli, Anna e Merche collen Mila evitando que se mova, mentres Melina di a Jordi Alejos García: “Que Andrea veña aquí”.

Mentres tanto, no mundo real, un grupo de policías atópase reunido co equipo de Tres Turons, e din que non atoparon Mila en ningures, no entanto aínda están a buscar por todas partes. Desde a 07, 22 e 0 tamén están a facer a mesma investigación, no entanto eles utilizan uns parámetros máis extensos, ou sexa, buscan por toda a Terra e os planetas do Sistema Solar que se atopan ao alcance dos sensores da 07. Finalmente, 22 di: “O universo espello!” e 0 di: “Queres ir alí? Atoparemos toda a frota de Andrea a ensinar os seus dentes!”. 22 di: “Andrea está aquí, e ademais, temos a axuda de Yusma!” pero 0 di que tentou contactar con Yusma pero non obtivo resposta, ou sexa, non poden contar con Yusma. Carla di: “E ademais non sabemos se Yusma é de confianza ou non!”, e 22 finalmente di: “El sabe todo, tedes que ter a certeza. Por iso é que agora nos iremos cara ao Universo Espello. Queredes salvar Mila? Pois ao choio!”. A nave 07 entra en curvatura rumbo ao buraco de verme baxorano, para ir despois ao Universo Espello. E na Terra falsa, Andrea e Jordi Alejos García teñen Mila atada nunha cama e tráena ata a comisaría de policía simulada, onde en realidade é a saída da simulación…

Andrea e Jordi Alejos García traen Mila a un cuarto, e Jordi Alejos García di a Andrea: “Sobre todo non toques Mila, non sei que me fixo cos poderes dese extraterrestre!”. Andrea di: “Estás a dicirme que che fixo algo raro?” e Jordi Alejos García di: “Sabes que é?”. Andrea di: “Non, pero é mellor previr que curar. Ou sexa, tampouco me toques ti a min!”. Pero Mila di: “Vai, coma se agora fose iso posible!” e fai algo cos ollos, e con isto, Jordi Alejos García colle Andrea e bícaa. Andrea cae ao chan inconsciente, e Mila di: “A túa beleza non é nosa perdición, é a túa!”. Jordi Alejos García tamén cae ao chan inconsciente, e Mila di: “Por que estades a durmir? Non rematou a diversión-diversión-diversión…”. Entón ela tamén queda inconsciente, esgotada. Mentres tanto, a 07 chega á Terra do Universo Espello co dispositivo de camuflaxe para facerse invisibles, e por agora non atoparon ningún obstáculo. A 07 analiza a Terra, e Carla di: “É estraño que Andrea non contraataque…”. Pero 0 di: “Aquí temos a resposta: estou a detectar Andrea, Mila e outro home nun punto da contraparte da península Ibérica…” e 22 di: “Jordi Alejos García, supoño”. Carla di: “Isto é máis estraño: estou a detectar enerxía teremedosiana por todas partes nese cuarto!” e 0 di: “Xa sei o que queren: queren a información do meu cerebro, e o meu pequeno programa de autodefensa activouse!”…

No cuarto, Jordi Alejos García e Andrea espertan, e ven que Mila se atopa inconsciente. Andrea di: “Vai, rápido, átaa!” e Jordi Alejos García faino. Andrea di: “En realidade, a pesar de que o bico cho programou el, gustoume moito!” e Jordi Alejos García di: “Queres repetilo?”. Andrea di: “Primeiro temos que rematar o noso traballo con ela” e eles dous atan Mila á cama. Mila entón esperta, e os seus ollos volven ser normais. Mila di: “Que pasou?” e entón ve Jordi Alejos García e Andrea. Mila olla Jordi Alejos García e di: “Coñézote…”, e entón empeza a lembrar a súa verdadeira vida e as 5 irmás secuestradas polo propio Jordi Alejos García. Jordi Alejos García ve que o seu plan cada vez se afunde máis, e Melina entra no cuarto. Mila óllaa e di: “Ti… es a miña irmá!”, pero Melina di: “Non, nena parva, non son a túa irmá, son a irmá doutra Mila… unha Mila moito mellor!”. Entón a porta volve abrirse e aparece outra Mila… Mila do Universo Espello. Ela di á súa irmá: “Es a miña irmá máis mova, e teño que ensinarche moitas cousas…” e Melina sorpréndese. Mila do Universo Espello di: “Aínda non entendo como podedes ser tan imbéciles, non me vedes a man?” e ensina unha esfera de transporte na súa man. Entón da esfera sae Yusma cun fáser e empeza un tiroteo…

Cando o equipo de Andrea e Jordi Alejos García está a gañar o tiroteo, o equipo da 07 chega e axuda as dúas Milas e Yusma. 22 di: “Dous nós, dúas Milas…” e Yusma di: “Xa ves”. Mila do Universo Espello di: “Yusma, utiliza a bóla de transporte!” e Yusma entra na bóla de transporte e empeza a disparar desde alí. Andrea colle un dispositivo de teletransporte entre universos e desaparece, posiblemente vaise ao universo normal para continuar o seu traballo e a súa misión. Jordi Alejos García e Melina tamén se van con outros dispositivos parecidos. De súpeto as dúas Milas, 22 e 0 son teletransportados a bordo da esfera de transporte, onde Yusma pregunta: “Cal é a miña Mila?” e Mila do Universo Espello bica Yusma como resposta. 22 di: “Temos que ir á miña nave” e Yusma di: “Andrea perseguiravos, pero eu protexereivos, ou sexa, virei convosco á vosa nave ata estar nun punto do espazo do voso universo…”. 22 acepta, chama Carla e di: “Transportádenos a bordo da 07, toda a bóla de transporte”. Yusma axuda a 07 para volver a casa con seguridade, e cando chegaron ao buraco de verme, Yusma e Mila do Universo Espello din adeus aos oficiais da FEF, e vanse coa súa esfera de transporte. A 07 volve a casa, e cando chegaron á Terra, 22 di: “Temos que volver ao pasado, hai unha gran lea aí abaixo!” referíndose ao caos na Terra coa policía sobre a desaparición de Mila…

22 di a Mila: “Darémosche Retcon, non lembrarás nada…” pero esta vez, Mila di: “Quero lembrar, lembro todo, lembro a miña familia!”. 22 sorpréndese, e Mila di: “Ti… fuches ti, axudáchesme a lembrar quen son!”. 22 di: “Temos un problema…”, pero 0 di: “Se cadra si que lle temos que dar Retcon…” e leva unha xiringa. 22 di: “Xa te entendo…” e 0 achégase a Mila para inxectarlle Retcon. Mila di: “Non!” pero 22 di: “Creme, son o primeiro que quero que o saibas e que vivas feliz, pero teño que facer isto para salvarte e protexerte. Algún día todo isto sairá á luz!”. 0 inxecta Retcon a Mila, e despois activan o regreso ao pasado. Unha luz branca percorre a Terra, e Jordi Alejos García di: “Si!” mentres 22 di: “Volvemos ao pasado agora!”. Cando o regreso ao pasado rematou, 22 e Mila son transportados ás súas casas, e ninguén lembra nada da desaparición de Mila. No tobo de Andrea, Jordi Alejos García di a Andrea: “Si, conseguino, volveron ao pasado!” e Andrea só di: “Que pasou?”. Entón Jordi Alejos García dá un bico a Andrea, e despois danse outro bico longo. E na 07, 0 di: “O Retcon non desfai as fusións mentais teremedosianas, ou sexa, a Mila que agora está na Terra é a Mila que estivo no Universo Espello e que lembrou as súas irmás e o secuestrador, Jordi Alejos García. A pesar de que non pode lembralo conscientemente, estas lembranzas continúan no seu subconsciente e algún día ela lembrará todo de novo…” e remata o episodio.

Advertisement