Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
O teu equipo
30
Número de episodio 6
Tempada 4
Número total 30
Título en Teremedó La ṭewa ṭilda
Título en Portugal A tua equipa
Data do trinque 11 de marzo do 2018
Lista de episodios
anterior
Na vosa casa
seguinte
O fin das cousas
de irmás, Parte 1
Cousas de Irmás

O teu equipo é o episodio 6 da tempada 4 da serie Cousas de Irmás e o episodio 30 en total. Estreouse o 11 de marzo do 2018.

Argumento[]

O episodio empeza no Universo Espello nunha holocuberta, onde Mila do universo espello está a adestrar as outras mozas do antigo exército de Yusma. Lauryn, China, Lorena e Nelianny Isabel están a bicar réplicas de Yusma ata que as catro réplicas holográficas se transforman nunhas réplicas da rexenta Andrea e as catro mozas atácanas. Mila para este programa e di: “Tedes que ser máis rápidas!”. Lauryn di: “O teu adestramento é máis duro có de Yusma!”, e Mila di: “Non te tes que queixar se quixeres derrotar Andrea”. Lorena di: “Ela ten razón, es moi dura!”, e Mila di: “Moi ben, traballastes bastante hoxe, xa rematamos. Podedes descansar…” e vaise. Lauryn di: “Estou cansada deste traballo, Andrea mataranos se quixer. Por iso propóñovos deixarmos esta vinganza contra ela e facermos unha nova vida. Que vos parece?”, e Lorena di: “E Mila?”. Lauryn di: “Deixarémola soa”, e Lorena responde: “Tes razón, Lauryn. Estou de acordo convosco. Temos que dicir a Mila que xa non formaremos parte da súa guerra. Estades todas de acordo?” e todas din que si. Lorena, neste momento, é chamada por Mila e di ás outras mozas: “Mila quere falar connosco”, e Lauryn di: “Arre carallo!”. Lorena di: “Polo menos deixádeme que fale con ela, direille todo…”.

Lorena explica a Mila que teñen que deixar a misión de derrotaren a rexenta Andrea, xa que elas xa non queren continuar nin teñen a mesma idea de vinganza que Mila ten. Mila di: “Vós mesmas, se a rexenta Andrea vos matar, eu xa non vos poderei protexer máis. Pero tedes que saber que vós soas non vos poderedes defender sen o meu adestramento. Queredes irvos?” e Lorena di que si, e di: “Mila, o noso equipo disólvese. Adeus!”. Na nave 07, 22, 0, Carla e Jordi Alejos García están a prepararse para iren á Arxentina e falaren cos amigos de Jordi Alejos García. 22 e 0 irán virtuais, e Carla quedará na nave para controlar o supercomputador. Carla virtualiza 22 e 0, e teletransporta Jordi Alejos García á Arxentina. Nunha casa, Jordi Alejos García e os oficiais da 07 reúnense con tres amigos que son de confianza, e todos explican a situación. Teñen que rescatar as mozas secuestradas, e para facéreno teñen que atopar a base de Alxy Frankz. 22 propón aos tres amigos de Jordi Alejos García que veñan a bordo da nave 07, e o tres homes aceptan. 22 di que eles teñen información sobre as mozas, xa que tomaron uns documentos do hotel Golf da Arxentina. Un dos homes di: “Estivestes no hotel Golf recentemente? Hai un mes que o asaltaron uns homes estraños!”. 22 di: “Falemos na miña nave”…

No Universo Espello, Lauryn e China están a andar tranquilamente pola rúa cando alguén vén collelas. Mata China, colle Lauryn, déixaa inconsciente e lévaa a unha bóla de transporte. Alá atópase con Andrea e Melina, e queren saber información e datos sobre Mila e os seus plans contra ela. Lauryn di que ela e as outras mozas xa non forman parte do exército contra ela, decidiron que vivirán unha vida normal sen pensaren en vinganza. Andrea ri e di: “Deixareite libre se me dixeres todo o que quero saber. Cales son os plans de Mila?”. Lauryn di que non sabe, e Andrea di: “U-la base de Mila?”. Lauryn di: “Dáme un mapa de Barcelona e direicho”. Andrea di: “Do noso mundo ou do mundo de 22 da merda?”, e Lauryn di: “Do noso”. Andrea leva un mapa, e Lauryn dille onde está a base de Mila. Andrea dille: “Grazas”, pero de súpeto bícaa. Cando o bico remata, Lauryn cae ao chan, morta. Andrea di a Melina: “O bico era para verificar que ela dicía a verdade, usando as habilidades teremedosianas que aprendín cunha fusión mental que fixen con Yusma. O bico tamén era para matala, ou sexa, levo a barra de beizos asasina, non nos podemos dar ningún bico ou morrerás, está ben?”. Melina di: “Moi ben, pero sácacho pronto, teño ganas de darche un bico…”, pero Andrea di: “Por agora non mo sacarei, teño que matar alguén máis!”…

Na 07, un dos amigos de Jordi Alejos García explica que alguén entrou no hotel Golf da Arxentina pouco antes de que entrasen os oficiais da 07, ou sexa, algo non vai ben. 0 di: “Pero de alí collemos información sobre as irmás de Mila, crees que estes datos sexan falsos?”, e 22 di: “Revisarei os ficheiros”. 22 abre o computador da sala de reunións e abre os ficheiros coa información das mozas, e ve que todo é falso, datos falsos. 0 di: “Pero eu adianteime: atopei as coordenadas de catro das irmás secuestradas. Síntoo, a quinta está morta…” e 22 di: “De verdade?”. 0 di que se atopan no deserto do Sáhara, pero alí xa foron unha vez e caeron nunha trampa. Un dos tres amigos di: “Temos que ir!”, e os outros dous din: “Si!”. Entón, Jordi Alejos García di: “Iremos todos, estades de acordo?”. 22 di: “É perigoso, non sabedes quen é Andrea!”. Pero Jordi Alejos García di: “Eu si sei quen é, e quero enfrontarme a ela. Se non nos unirmos todos, perderemos!”. 22 di: “Moi ben, pero tedes que saber que teño o presentimento que isto rematará nun desastre…”, e 0 di: “Podo falar co meu irmán en privado?”. Os outros marchan, e 0 di: “El é un tolo suicida, non podemos facer esta misión, Andrea ou Alxy Frankz matarannos xusto cando nos achegarmos á porta!”. 22 di: “Por iso iremos virtuais. Ao choio!”…

Na 07 todos preparan a misión, 22 e 0 irán virtuais á base de Alxy Frankz ao deserto do Sáhara mentres Jordi Alejos García e os seus tres amigos irán co teletransportador. Levarán oficiais de seguridade holográficos para poderen gañar tempo. Mentres tanto, Carla quedará na 07 no caso de que falle o plan, dese xeito ela poderá sacalos de alí se houber algún problema. Carla virtualiza 22 e 0 ao deserto do Sáhara, e cando chegan, Carla teletransporta Jordi Alejos García, os seus amigos e os hologramas. Todos entran na base, ocultos cun holo-emisor móbil. De momento ninguén os viu, e seguen adiante. De súpeto, 0 desaparece. 22 queda preocupado polo seu irmán, cando el o chama dicindo que se adiantou outra vez e que se teletransportou ao lugar onde se atopan as mozas. Uns Daleks aparecen e atacan 0, pero 0 utiliza un poder para facer un escudo e consegue enviar todas as catro irmás de Mila cara á 07, co teletransportador e coa axuda de Carla. 0 quere avisar 22 dicindo que xa teñen as irmás, pero desvirtualízase debido a un ataque dun Dalek. Daquela Carla avisa 22 dicindo que a misión rematou, pero un muro cae dende o teito e separa Jordi Alejos García e os seus amigos de 22. Alguén mata os tres amigos e colle Jordi Alejos García…

Na 07, os oficiais da nave están a falar sobre o que pasou na misión no deserto do Sáhara. 0 di que el tiña razón, e 22 di que afortunadamente recuperaron as catro mozas secuestradas. 0 di que Jordi Alejos García foi capturado porque se arriscou a facer esta misión sexa como for, e a rexenta Andrea e Alxy Frankz son moito máis fortes. 22 non sabe que fará Andrea con Jordi Alejos García, podería torturalo e sacarlle información sobre eles, xa que antes el estaba ao lado dela. 0 di: “Tes a certeza que el non dirá nada a Andrea?” e 22 di: “Non. Pero de momento planearemos o que faremos coas mozas. Non as podemos levar á Terra, porque non podemos cambiar a vida de Mila. Por iso propoño que elas vivan libremente nunha casa de Bàrcinon, en Teremedó. Parécevos ben?” e 0 di que si, é unha boa idea. Despois 0 di: “E Jordi Alejos García, que faremos con el? Rescatarémolo?”. 22 di: “Espero que non me equivoque… Procurádeo na Terra, empezando polo deserto do Sáhara. Pero tede coidado cando o fixerdes, xa que non sabemos por que Andrea o quería vivo. Espero que non caiamos nunha trampa…”. 22 di que agora o que farán é ir a Teremedó e dar un fogar a tres das mozas que rescataron (Adriana, Lucía e Mariana), coa axuda de Pulá e do alcalde de Bàrcinon. O dobre de Melina quedará na nave 07 de momento. A 07 vai a Teremedó para facer esta misión…

Na base de Alxy Frankz, Andrea e Alxy Frankz teñen Jordi Alejos García nunha cama e están a torturalo, usando ferramentas de tortura moi dolorosas. Andrea di: “Querido Jordi, direicho por última vez. Nós compartimos moitas aventuras xuntos, a nosa relación foi moi especial. Se aínda es un home e tes respecto polos nosos momentos xuntos, dirasme o que queremos saber. Queres axudar a túa antiga amiga?”, pero Jordi Alejos García só lles di: “Mellor matádeme agora, os vosos métodos para convencerme non funcionarán. Calquera tortura que me fixerdes só servirá para acelerar a miña morte, unha cousa que sei que queredes…”. Andrea di: “Matarémoste pronto, pero antes direiche outra cousa: sabías que o teu amigo almirante 22 é alieníxena? Ten poderes de hipnose. Eu fixen unha fusión mental co seu dobre antes que el morrese, polo tanto teño os mesmos poderes de hipnose. Sacareiche toda a información que quixer e despois matareite. Non me deixas alternativa, eu quería que ti rematases ben…”, e daquela Andrea bica Jordi Alejos García. El morre, xa que ela tiña a barra de beizos asasina, e di a Alxy Frankz e a Melina: “Tiven que bicar este traidor de merda, pero teño toda a información que quería. Xa me podo quitar a barra de beizos. Con esta información, nós tres derrotaremos o almirante 22…” e rin.

En Bàrcinon, Teremedó, 22 e 0 están reunidos cuns expertos en fusións mentais teremedosianas, e estes homes din que xa non fai falta que procuren Jordi Alejos García, el morreu. No entanto, a rexenta Andrea ten información de 22 e o seu equipo, xa que antes que el morrese, ela bicouno para facer unha fusión mental. 22 recibe unha chamada de Pulá, dicindo que a casa das mozas rescatadas xa está lista. 22 e 0 din adeus aos expertos teremedosianos, e van cara ao lugar onde Pulá preparou a casa das mozas. Cando chegan, uns oficiais de Pulá din a 22 que prepararon todo para dar ás mozas unha vida en Teremedó, e elas terán o diñeiro suficiente para poderen vivir en Bàrcinon. 22 di ás mozas: “Gústavos Teremedó, o meu planeta?”, e unha das mozas di: “É moi acolledor”. Un oficial de Pulá di: “Tamén colocamos unha protección na casa para evitar que alguén as volva secuestrar. Xa podes ter a certeza que nin sequera un filtro de percepción poderá cruzar esta protección, Robert axudounos a crear a protección!”, e 22 di: “Robert?”. O oficial di que si, e di que elas vivirán con seguridade en Bàrcinon, ou sexa, os oficiais da 07 poden estar tranquilos. 22 di: “Se precisardes de axuda coa recolocación da xente que vive nos lugares inhabitables do planeta, axudareivos”, volve á 07 e o episodio remata.

Advertisement