Pararémosvos sexa como for | |
---|---|
Número de episodio | 3 |
Tempada | 3 |
Número total | 19 |
Título en Teremedó | Vzs pararem siġi kom siġi |
Título en Portugal | Parar-vos-emos seja como for |
Data do trinque | 8 de outubro do 2017 |
Lista de episodios | |
anterior O que sucedeu |
seguinte Os problemas dunha investigación |
Cousas de Irmás |
Pararémosvos sexa como for é o episodio 3 da tempada 3 da serie Cousas de Irmás e o episodio 19 en total. Estreouse o 8 de outubro do 2017.
Argumento[]
4 meses antes…
O episodio empeza nun cuarto dun lugar descoñecido, onde Yusma ten Mila secuestrada nunha cama e inconsciente, e neste momento fala por teléfono cunha rapariga que ten o aspecto de Mila: “Xa podes ir, tes que facer a túa misión agora!” e a rapariga que ten o aspecto de Mila di: “O teu plan realizarase con éxito, o teu dobre cae nesta debilidade facilmente!”. A rapariga que ten o aspecto de Mila atópase na rúa preto do piso, e entra no edificio… Mentres tanto, no piso, Josep Maria 22 está a prepararse para ter unha reunión de piso con Selene (a súa compañeira de piso) e unha educadora, e todos están sorprendidos porque Mila non está, no entanto 22 foi durmir cando ela aínda estaba no piso e non a viu marchar, e agora xa non está. 22 cre que seguramente marchou durante algún momento mentres que el levaba os auriculares do computador e non a ouviu. Cando empezarán a reunión sen ela, Mila entra pola porta coas súas chaves e di que fora tirar o lixo e despois estivo co seu noivo, Marc, que lle dixera improvisadamente que a quería ver por uns asuntos persoais.
22 dubida e di: “Cando marchaches? Non te vin saír!” e Mila respóndelle: “Estabas a facer os teus ovos fritos e supoño que non te decataches que eu marchara do piso. Empezamos a reunión?” e a educadora di: “Si, claro!”. A reunión empeza, e 22 aínda está a dubidar da súa compañeira, xa que se comporta estrañamente durante a reunión. Mila de súpeto di: “Josep Maria, por favor, podo falar contigo en privado dunha cousa importante?” e a educadora di: “Non o queres compartir connosco?”. Pero Mila di: “É importante que llo diga sen vós, tampouco vos podo dicir por que non o podo compartir convosco. É unha cousa de Marc, creo que el xa sabe de que falo, pero crédeme que non volo podo dicir. Pero se as cousas se solucionaren, poderéivolo dicir. Josep Maria, ven ao meu cuarto!” e eles dous van ao cuarto de Mila. Cando 22 entra, di: “Que pasa?” e Mila pecha o cuarto. 22 di: “Fai falta a porta pechada?” e Mila de súpeto achégase a 22 e di: “Non quero que nos vexan…”. 22 asústase, e Mila tenta bicar 22. Entón 22 entende todo: esta Mila é do universo espello. 22 non deixa que o dobre de Mila lle dea un bico e di: “Podes dicirme quen te enviou?” e ela di: “Ou el estaba confundido, ou el non sabía que ti es máis bo do que pensaba…”.
22 di: “El?” e o dobre de Mila dille: “Non che podo dicir de quen falo, xa que non me deixa…” e 22 di: “Sospeitarán se non volvermos á reunión, así que volvamos rápido. Pero antes unha pregunta: onde está o teu dobre?” e Mila di: “Tena el, pero non te preocupes, non lle fixo nada, tena durmida. Agora temos que facer a reunión, non?” e abre a porta. Volven ao comedor, e 22 di: “Xa me dixo o que facía falta, xa podemos continuar a reunión. Ao choio!”. E continúan a reunión. Mentres tanto, a tripulación da nave FEF 07 está a velo todo. 0 di a Carla que teñen que facer algo para facer que Mila de verdade volva ao seu piso, e teñen que facelo agora, pero Carla di a 0: “Adianteime e conseguín obter as coordenadas da verdadeira Mila, estás listo para facer o intercambio?” e 0 di: “Cada día consegues sorprenderme cunha cousa nova!”. 0 e Carla activan os transportadores, e sen notalo, o dobre de Mila intercámbiase coa verdadeira Mila, e unha aura percorre o piso. 22 inmediatamente chama a 07 e di: “Que fixestes?”, e 0 di: “Colocamos unha pequena protección para evitar transportes non desexados. Fará falta saír da casa e afastarte uns metros se quixeres ser transportado cara aquí. E outra cousa: ninguén lembra a vosa pequena reunión no cuarto dela nin o que ese dobre de Mila vos dixo cando quería que viñeses ao seu cuarto. Ou sexa: non pasou nada inusitado no voso piso!”. 22 di: “Grazas” e desconecta a chamada.
Na actualidade
Na nave FEF 07, o fillo de 0, Franny, fala co seu pai e di: “Quero coñecer a dobre da miña nai, podo ir á súa casa?” e 0 di: “Nin falar!”. Entón Franny di: “Merda, non me deixas facer nada!”, e 0 vaise do cuarto. Entón Franny toca un botón dun aparello que ten na man, e uns segundos despois actívase a alerta vermella. Na ponte, Carla di a 0: “Unha mensaxe do equipo de Melina!” e 0 responde: “Poñédeo en pantalla!”. Entón na pantalla aparece unha figura descoñecida e di: “Pararémosvos, sexa como for!”. Carla di: “Temos problemas!” e 0 di: “Fixeches ben activando a alerta vermella…”. Na casa de Carla da Terra, a dobre da nai de Franny, está a comer cos seus pais, cando alguén se teletransporta ante eles, e a familia sorpréndese. Resulta que é Franny, que di a Carla: “Ola, chámome Franny, e son o fillo do teu dobre!”. Carla di: “Un momento: de onde viñeches e como apareciches aquí da nada?” e Franny di: “É sinxelo: utilicei o teletransportador da miña nave estelar!”. Carla di: “Isto está relacionado con Josep Maria?” e Franny di: “O meu tío? Non, pero mellor que falemos rápido, os meus pais descubrirán cedo que os enganei e virán buscarme!”. Cando Carla quere dicir outra cousa, alguén tamén se teletransporta e resulta que é Carla da FEF, a nai de Franny.
Ela di: “Todos criamos que a mensaxe viña do equipo de Melina, isto non é ningún xogo!” e Franny di: “É que a quería coñecer!”. Carla di: “Estás castigado un mes, e tes sorte que o teu pai é bo e convenceume a non ser mala contigo!”. A outra Carla olla o seu dobre e di: “Quen es ti e como é que ti tes a mesma cara ca eu?”. E Carla di: “Agora si que temos un problema, e creo que temos que chamar 22…”. Carla da FEF di a Franny: “Ves que me fixeches facer?” e despois di ao seu dobre: “Son a comandante Саrlа Dе lа Rоја, primeira oficial da nave FEF 07 que pertence á Frota Estelar da Federación. Se aínda existir…”. Carla da Terra di: “Un momento: queres dicir que todo o que dicía Josep Maria é verdade?” e a outra Carla di: “Todo o que el escribe naquilo que el chama historia imaxinaria, realmente é verdade. Todo. Pero é tan incrible que ninguén llo cre, e por iso escríbeo. Pero non lembrarás nada, xa que Josep Maria 22, que é o almirante da Terra e o meu cuñado, non me deixa que ninguén saiba nada da verdade, nin sequera ti…”. Carla da Terra di: “Cuñado?” e Carla da FEF di: “O meu marido, o pai de Franny, é irmán de Josep Maria 22. Non o sabías, despois de ler a historia?”. Carla da Terra di: “Sei moi pouco, xa que non me interesou a historia. Pero agora vexo que tería que prestar máis atención á súa historia, polo que vexo…”. Unha vez máis, un terceiro teletransporte sucede na casa de Carla da Terra, e veñen dúas persoas máis: 0 e 22, que din: “Basta!”…
22 di a Carla da Terra: “Non lembrarás nada, xa que faremos un regreso ao pasado!” e despois dille a Carla da FEF: “O dobre de Melina portouse moi ben, aínda así temos que facer un regreso ao pasado para evitar o incidente do teu fillo. Programei un regreso ao pasado retardado que se activará nuns segundos!”. Carla da Terra di: “Se o entendín ben, non lembrarei nada, verdade?” e 22 di: “Si, reverteremos esta incursión do meu sobriño retrocedendo unhas horas cara ao pasado. Se quixeres responder á pregunta que agora che farei, tes só un minuto!”. Entón Carla da Terra di: “Que pregunta?” e 22 di: “Se a ti te fixermos membro do noso equipo, serás fiel e o máis importante, gardarás o noso segredo?”. 0 e Carla da FEF din: “Que⁇” e 22 di: “Rápido!”. Carla da Terra di: “Non teño a certeza, dádeme tempo para pensar!” e 0 di: “Sexa como for, volveremos ao pasado, non?”. 22 di a Carla da Terra: “Tempo? Sabía que dirías isto, coñezo a miña cuñada coma se foses ti, xa que o es!” e toca un botón. Entón Carla da Terra teletranspórtase cara a algún lugar, todos se sorprenden e 22 di: “Volvemos ao pasado agora!”. Unha aura branca percorre a casa e cobre todo…
0 e Carla saen dos escáneres da 07, despois de volver ao pasado. 0 dille a Carla: “Que está a planear o meu irmán?”, Carla di: “Ti coñécelo mellor, non?” e 0 di: “Esta vez, non…”. 0 investiga, e detecta que Carla se atopa a bordo da 07 nunha holocuberta, mentres que noutra holocuberta aínda está Melina. E na Terra un holograma de Carla está a substituír Carla da Terra, do mesmo xeito que Melina. Franny vén á sala do supercomputador e di: “Ola, antes de facer o meu plan, falei co tío 22, e el estaba de acordo co meu plan!”. O seu pai, 0, dille: “El estaba de acordo a facerte pasar por Melina?” e Franny di: “Isto díxomo el, el preparou todo!”. 0 di: “Ás veces o teu tío é máis estraño ca ti e eu!”. Entón 0 detecta que unha bóla de transporte está a achegarse á casa de Mila. Carla di: “Temos que impedir que esta vez leven Mila, encárgaste ti de poñer inhibidores no antigo piso de 22?” e 0 di: “Eu tamén te podo sorprender, xa me avanzou e estou a traballar niso!”. Carla di: “En que pensas?” e 0 di: “Todo se complica… E o meu irmán sábeo, creo que por iso fixo isto co teu dobre!”…
Na súa casa, 22 di: “Espero que Carla estea ben e que acepte o que lle dixen, xa que por mor do problema con Melina e o seu equipo inimigo, precisamos dun membro máis no noso equipo. Derrotarémosvos, sexa como for!”. Mentres tanto, nun lugar descoñecido, o dobre de Mila di a Yusma: “Por que tivemos que anular a misión?” e Yusma di: “O equipo do meu dobre puxo uns inhibidores en casa do teu dobre e non conseguín desactivalos, e por iso non podo transportar o teu dobre cara aquí. Aínda así, o meu plan realizarase máis tarde ou máis cedo, xa que eu tamén estou inmunizado aos regresos ao pasado!”. A dobre de Mila pregúntalle: “Os que?” e Yusma di: “Quero axudalos pero non se decatan!”… E noutro lugar descoñecido, Jordi Alejos García recibe unha chamada de alguén, que lle di: “Ola, chámome Andrea, pero se quixeres poderás chamarme rexenta. Os inimigos dos meus inimigos son os meus amigos, ou sexa, propóñoche traballar xuntos. Se ti me axudares en todo o que che dixer, eu axudareite a ser un psicomorfo todopoderoso!”. Jordi Alejos García di: “Por que te teño que axudar?” e a rexenta Andrea di: “Ten a certeza que se o fixeres, non te arrepentirás!”. Jordi Alejos García di: “De acordo, fagámolo!”…