Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Porque si
27
Número de episodio 3
Tempada 4
Número total 27
Título en Teremedó Pe vuy
Título en Portugal Porque sim
Data do trinque 28 de xaneiro do 2018
Lista de episodios
anterior
As nenas teñen que crecer
seguinte
Move o cu
Cousas de Irmás

Porque si é o episodio 3 da tempada 4 da serie Cousas de Irmás e o episodio 27 en total. Estreouse o 28 de xaneiro do 2018.

Argumento[]

O episodio empeza nunha casa de Barcelona do universo espello, onde o dobre de Mila está a preparar uns plans coas outras mozas que formaban parte do exército de mozas de Yusma, e estes plans son para vencer a rexenta Andrea e os seus aliados. Mila di que o primeiro que teñen que facer é contactar cos oficiais da FEF e con Josep Maria 22, e unir forzas para conseguir o seu obxectivo. Mila di que sabe que Jordi Alejos García fixo unha alianza cos oficiais da FEF, pero ela di que non confía nel e non sabe se di a verdade ou non. Mila selecciona catro mozas que irán con ela á Terra do mundo normal, e estas mozas chámanse Lorena, Karla, Mariam e Marta. Marta di que ela é quen máis odio ten contra Andrea, xa que Andrea matou á moza que lle gustaba, Clàudia Kacely. Mila di que Clàudia Kacely era parella da rexenta Andrea, e Marta di que por este motivo este amor era imposible, pero ela estaba moi namorada desta moza. As cinco mozas métense na bóla de transporte de Mila, saen da Terra, abren un portal e van ao universo normal. De súpeto, nun momento de distracción, Marta activa un obxecto que ela leva… Na base de Andrea, Andrea ve na súa pantalla que a bóla de transporte de Mila está a vir, e di: “Marta, grazas pola túa axuda!”…

A bóla de transporte chega á Terra do universo normal, e Mila organiza o que teñen que facer as outras catro mozas: Marta diralle a 22 que queren formar unha alianza, mentres Karla e Mariam irán á casa de Andrea para investigar. Lorena ten que quedar con Mila na bóla de transporte, e Marta levará a bóla de transporte nun peto. Empezan o plan, Marta sae da bóla, chama a 07 e di: “Transportádeme, xa que quero falar convosco…” e 0 di: “Quen es e por que queres falar connosco?”. Marta di: “Son Marta, compañeira de clase de 22. Podedes teletransportarme?”, e 0 di: “Espera que aviso 22…”. Cando 22 chega á nave, di a 0: “0, tes que poñer Marta nun campo de forza, non sabemos quen é!”. Cando Marta chega á 07, di: “Por que me puxestes nun lugar pechado?” e 22 di: “Quen es?”. Marta di: “Moi ben, direivos toda a verdade. Son do Universo Espello, unha das mozas do exército do teu dobre que morreu. Mila do meu universo quere facer unha alianza convosco, e por iso viaxamos ao teu mundo. Mila está na nosa bóla de transporte, agora sairá!”. Mila e Lorena saen da bóla de transporte, e Mila di: “Podedes desactivar o voso campo de forza agora?”. 22 di: “Moi ben, mozas, créovos. Desactivade o campo de forza e imos cara á sala de reunións!”.

Na sala de reunións da 07, as tres mozas falan cos oficiais da nave e dinlles que están dispostas a parar Andrea sexa como for, e dúas mozas máis atópanse na porta da casa dela para collela. 22 di: “Non tedes que correr tanto, equivocástesvos se enviastes dúas mozas das vosas á casa de Andrea, ela mataraas!”. Mila di: “Foi unha idea de Marta, xa que ten un interese persoal por matar Andrea, xa que ela estaba namorada dunha moza que Andrea matou…” e Marta interrompe a conversación dicindo: “Non tiñas que explicar isto!”. Mila di: “Non temos que ter ningún segredo con eles se quixermos a súa axuda, Marta. Nós axudámosvos só porque si. Por iso dicímosvos que vós non tedes que confiar moito nun home que antes fora o voso inimigo. Falo de Jordi Alejos García, non volo creades!”. 22 di: “Faremos o que considerarmos correcto, pero teremos en conta as túas palabras, Mila. Nós non lle revelaremos todos os nosos plans, pero contaremos coa súa axuda se nola der, de acordo?” e Mila di que está de acordo. De súpeto a 07 recibe unha chamada dunha orixe descoñecida, e 22 di: “En pantalla!”. É Andrea, quen ensina os corpos de Mariam e Karla, mortos. Ela di: “Se quixerdes, podedes collelos para enterralos. Déixovolos nun lugar fóra da miña protección de casa para facilitarvos o teletransporte. Adeus!”…

22 di: “Transportade os corpos ao espazo. Díxenvolo, mozas, tiña razón!”. Marta di: “Non pensaba que as matase…” e Mila di: “Non pasa nada, Marta. 22, nós quedaremos neste mundo e poderedes contactar connosco cando quixerdes. Douvos un código, podedes chamarnos se precisardes de axuda. Agora irémonos. Podedes levarnos á Terra?”. 22 di: “Moi ben. Adeus!” e teletransporta as tres mozas nun punto de Barcelona. Cando Mila xa quere marchar, Marta di: “Pódome quedar un intre nesta cidade?”. Mila pregúntalle por que, e Marta di que quere ver o seu dobre deste mundo. Mila acepta, di que teña coidado e vaise coa bóla de transporte. Marta vai á casa de Andrea, e Melina di a Andrea: “Está a vir, daranos información, non?”. Pero Andrea di: “Máis que isto. Non cho dixen, pero ordenei a Marta poñer unha cámara que espiará a 07. Ou sexa, xa non preciso de nada máis dela, xa a podo matar…” e bica Melina. Melina di a Andrea: “Ti matarasme cando non precisares de nada máis de min?”, pero Andrea di: “Ti es especial. Eu non te mataría nunca, a non ser que me traizoes. Pero estarás sempre ao meu lado, verdade?”. Melina di: “Sempre…” e dálle un bico longo a Andrea. Andrea interrompe o bico e di: “Vai, que temos que recibir Marta”. E Marta entra na base…

Marta fai o saúdo do Universo Espello a Andrea, e dille: “Ninguén se decatou que vin cara aquí. Instalei con éxito as cámaras e os outros obxectos que me deches por toda a nave mentres andaba pola nave. É isto todo o que querías?”, e Andrea di: “Dareiche outra misión, porque si: tes que ir a unha comisaría de policía, roubar unha pistola e darma. Se fixeres isto, ascendereite como ti querías!”. Marta di: “De acordo, fareino!” e vaise. Cando xa marchou, Melina di a Andrea: “Estou a ver que levas un uniforme da FEF…” e Andrea di: “Este é un uniforme que fixen eu mesma, leva o emblema do Imperio Terrano. Tamén teño unha diadema na testa, xa que teño o título de rexenta, ves?”. Nunha comisaría de policía, Marta entra invisible cun holo-emisor móbil para evitar que a vexan. Atopa dúas pistolas nunha mesa, colle unha e sae da comisaría sen que a vexan. Cando volve ao tobo de Andrea, Marta dille: “Misión cumprida!” e ensínalle a pistola. Andrea dá a pistola a Melina e dille: “Gárdaa”. Melina vaise, Andrea achégase a Marta, dálle un bico e crávalle un coitelo no estómago. Marta pon a man na camiseta de Andrea manchándoa co seu sangue, e a continuación cae ao chan morta. Melina vén, e Andrea di: “Misión cumprida. E gústame esta mancha de sangue na miña camiseta…”.

Na 07, os oficiais da nave están a ver nunha pantalla que morreu Marta, e saben que ela era unha traidora. Polo tanto, seguramente ela puxo cámaras pola nave. Pero despois dunha procura para atopalas, non conseguen atopar ningunha cámara nin ningún dispositivo coa función de espionaxe. Por iso teñen que ter coidado cando falaren ou cando fixeren plans a bordo da 07. 22 chama Mila do Universo Espello e infórmalle que Marta en realidade era unha traidora e unha espía, e enganounas. Aínda así Andrea asasinouna. 22 tamén di a Mila que Marta puxo algúns obxectos de espionaxe pola nave, pero non os poden atopar. Mila di que elas foron totalmente enganadas, xa que non imaxinaban nunca que Marta podería ser unha traidora, e confiaban nela e en todo o que ela dicía. Mila di que ela e Lorena son as únicas que se atopan no universo de 22, xa que as outras mozas que formaban parte do exército de Yusma quedaron no Universo Espello. 22 pregúntalle a Mila que fará, e Mila di que quedará e axudaraos, mentres as outras mozas que se atopan no Universo Espello farán o seu traballo de parar Andrea independentemente. 22 acaba de falar con Mila, cando Jordi Alejos García chama a 07 e di que quere subir á nave, xa que el quere facer unha misión ao hotel Golf onde estaban as nenas secuestradas…

Jordi Alejos García sobe á 07, e 22 dille: “Benvido de novo á nosa nave. Para empezar, pódesme dicir onde se atopa ese Hotel Golf?”. Jordi Alejos García di: “O hotel Golf é unha base secreta que finxe ser un hotel, pero en realidade é a base secreta dun amigo meu que xa morreu. Cando formos, temos que ter coidado, xa que hai trampas para os intrusos!”. 22 di: “Si, pero aínda non respondiches a miña pregunta: onde se atopa?”, e Jordi Alejos García di: “Está en Arxentina, nunha estrada. Agora dareivos as coordenadas para ir, está ben?”. 22 sorpréndese e di: “En Arxentina?”, e Jordi Alejos García di: “Teño outra base en Xangai, China, pero alí non hai nada especial. Os meus amigos e eu movémonos por todo o mundo, tedes que saber que nós tamén temos forza. Cando vós queredes ir?”. 22 di: “Temos que preparalo todo, por agora non preparamos nada. Pero nós avisarémoste cando estivermos listos, está ben?”, e Jordi Alejos García di: “Moi ben, esperareivos. Agora, por favor, deixádeme no punto desde onde fun teletransportado. Adeus e ata pronto!”. 22 teletransporta Jordi Alejos García á Terra, e di: “Temos que facer unha reunión na sala de reunións, pero esta vez farémola só nós, os oficiais desta nave. Temos que falar dos aliados que temos. Ao choio!”…

Na sala de reunións, 22 di: “Se o que Jordi Alejos García dixo for verdade, a nosa operación trasladarase a Arxentina. Pero teño que saber que pensades vós: se podemos confiar no equipo de Mila do Universo Espello ou non, e o mesmo con Jordi Alejos García. Que pensades?”. 0 di: “Eu só direi que só se pode confiar nos oficiais da FEF, ou sexa, en nós. Os aliados que temos, temos que analizar coidadosamente todo o que nos dixeren. Temos que ter claro cal é o noso obxectivo!”. Carla di que ela pensa o mesmo ca 0, e Rutitto e Maray din que eles tamén pensan o mesmo. 22 di: “Moi ben, grazas pola vosa opinión”. Mentres tanto, no tobo de Andrea, Andrea está a escoitar todo e di: “Creo que chegou o momento no que teño que falar con Alxy Frankz, preciso da súa axuda…”, e nunha pantalla aparece Alxy Frankz. Andrea di: “Ola, Alxy Frankz, ou Amo das Inocencias. É o momento de usar a primeira parte da túa máquina que destruirá Teremedó. Que temos que facer?” e Alxy Frankz dille: “Tes razón, temos que poñer en marcha a primeira parte do noso plan. Cando todos estiveren distraídos, lanzarei a arma sobre Teremedó. Pero preciso da túa axuda!”. Andrea di: “Claro, pero cando o faremos?” e Alxy Frankz di: “A semana que vén…”, e remata o episodio.

Advertisement