Sodes vós? | |
---|---|
Número de episodio | 8 |
Tempada | 1 |
Número total | 8 |
Título en Teremedó | ¿Sou vzsalṭras? |
Título en Portugal | Sois vós? |
Data do trinque | 0 de marzo do 2015 |
Lista de episodios | |
anterior Facede o que quixerdes |
seguinte Unha vez máis nunha nave estelar |
Cousas de Irmás |
Sodes vós? é o episodio 8 da tempada 1 da serie Cousas de Irmás e o episodio 8 en total. Estreouse o 0 de marzo do 2015.
Argumento[]
O episodio empeza no hotel Kasa Tot, onde Jordy está a falar cuns clientes nunha das habitacións sobre a televisión, que non funciona. Jordy di que este problema sucede moitas veces, e encargarase de arranxar a televisión. Un dos clientes di que estivo moitas veces neste hotel e nunca pasara este problema, ou sexa, non “sucede moitas veces”. Jordy non sabe que dicir, e di que nos últimos días si sucedeu moitas veces. Jordy di que debe volver á súa oficina, e vaise. No ascensor, Jordy di en voz baixa: “Non sei se poderei resolver o teu problema, en verdade nunca traballei nun hotel”. Cando chega á entrada do hotel, Jordy atópase con Kimberly e Karla que din: “Sabemos que ti non es o noso Jordy”.
Jordy pregunta ás raparigas o que pasa e por que é que elas dixeron iso, e Kimberly di: “Vés doutro universo, e tes que volver a ese universo e facer que o noso Jordy regrese”. Jordy di: “Non podedes ordenarme nada, non sabedes quen son. Tedes que esquecer todo…” e saca un obxecto cunha espiral para facer que as raparigas esquezan algunha cousa. Pero Karla colle un obxecto transportador e di: “Se quixeres pararnos, téntao, pero sabemos como actuar convosco!” e fai que as dúas raparigas se transporten na súa casa. Karla di a Kimberly: “Estás ben?” e Kimberly responde: “Non poderán connosco, temos que activar o portal e facelo nós mesmas”. Karla acepta, e as dúas van ao seu cuarto.
Kimberly saca do armario o seu creador de portais, e actívao. E un portal aparece na porta da casa. Os pais din ás súas fillas: “Cara a onde ides?” e Kimberly di que volverán cando tiveren tempo, e que non se preocupen. As dúas raparigas baixan ata a porta da súa casa e Kimberly pregunta a Karla: “Estás preparada para facer unha viaxe nun sitio descoñecido?” e Karla di: “É claro!” e as dúas raparigas cruzan o portal. Agora están nunha nave estelar no espazo, que está a viaxar cara a algún sitio que descoñecen. Un home pasa preto delas e obsérvaas, e logo grita: “Terranos! Alerta vermella!” e soan ruídos na nave, e veñen dúas persoas que collen as raparigas. Cando Kimberly ve as súas caras, ve que son os seus pais, e di: “Sodes vós?”…
A parella de gardas non entende nada, e Karla di: “Papá? Mamá?” pero o home fala con alguén e di: “Temos os terranos, son dúas femias novas”. E recibe como resposta “Traédemas aquí”. A parella con aspecto dos seus pais levan as raparigas ata o que parece a sala de mando, e resulta que a nave a dirixe Jordy, que di: “Non son terranas”. Logo di ás raparigas: “Grazas por vir. Estaba a esperarvos. Vide comigo”. Jordy vai coas dúas raparigas ata outra sala, e explica: “Estou nunha operación secreta, simulei que me secuestraban para saber máis sobre o dobre do almirante 19, Yusma, que aquí é malvado. Preciso de vós para que digades ser terranas prisioneiras”.
Kimberly pregunta: “Terranas?” e Jordy responde: “Neste universo, os humanos son chamados terranos e están baixo o mando dun imperio salvaxe e sádico”. Karla di que logo que acontecerá, e Jordy di: “Tedes que simular que vos escapades, e seredes teletransportadas á Terra. Alí hai un portal e levaravos de volta cara á vosa casa. Se atopardes algún garda, facede este xesto”. E Jordy fai un xesto de saúdo. Kimberly e Karla din que aceptan, e seralles divertido. Pero antes preguntan o que pasa co seu dobre que está en Teremedó, e Jordy di que el quedará alí e di: “Pensará que me capturaron. Pero cando non o espere, farei un intercambio e cambiarémonos o lugar. Está todo planeado”.
A nave chega á Terra dese universo e atópase con outra nave, onde Yusma aparece na pantalla e di: “Jordy, novidades?” e Jordy di: “Teño dúas prisioneiras terranas moi poderosas”. Yusma di: “Dáme fotos delas!” e Jordy di que non tivo tempo de facer fotos, pero envíalle o vídeo da cela onde elas están detidas. Yusma ve a cela e non hai ninguén, e Jordy di: “Escaparon, informarán o Imperio Terrano! Alerta negra!” e Yusma di: “Déixao! Xa vexo que me teño que encargar de todo eu…” e pecha a transmisión. Na Terra, Karla di a Kimberly: “Por fin estamos na Terra!” e Kimberly responde: “Esta non é a verdadeira Terra”. Pasa un garda, e Kimberly e Karla fan o saúdo.
As dúas raparigas entran no cuarto onde está o portal. Alí as dúas raparigas ven unha cinta cunha gravación, e unha mensaxe que di que teñen que ver esta gravación cando chegaren á súa casa, e é importante. As raparigas collen a cinta, e veñen uns gardas que lles preguntan o que están a facer. As raparigas cruzan o portal sen pensar, e o portal péchase. Logo Jordy, desde a súa nave, ve que o sitio da Terra onde estaba o portal explota, e morreron os gardas que había. Jordy di: “Envía unha mensaxe a Yusma: as prisioneiras morreron”. E logo Jordy di en voz baixa: “Espero que elas estean ben na súa casa, fóra de perigo”. E logo un home di a Jordy: “Yusma di que está ben pero non precisa de nós, e que non lle molestemos de novo”.
Na casa das raparigas, os pais están a ollar a televisión cando as súas fillas aparecen, e dinlles “Sodes vós?”. Os seus pais responden: “Estades ben?” e elas din que todo vai ben, só era unha broma. As dúas mozas entran no cuarto de Kimberly, e Kimberly di: “Parece que os nosos pais son os verdadeiros, xa estamos no noso universo. Imos ver a gravación”. As raparigas empezan a ver a gravación desde o computador, e na gravación está o almirante 19 quen explica que Yusma é o seu dobre malvado nun universo paralelo chamado Espello, onde todo está duplicado pero coas personalidades inversas, e nese universo Teremedó foi destruído e só quedan uns poucos teremedosianos que sobreviviron.
Logo na gravación aparece Jordy dicindo que deben actuar co Jordy que está no hotel agora coma se fose o verdadeiro. Karla di: “Demasiado tarde”. E Jordy continúa dicindo que ninguén debe saber que elas saben tantas cousas da FEF ou colleranas, xa que no Universo Espello as súas leis baséanse na maldade e a traizón. A gravación remata, e entón Kimberly di que enviarán hologramas delas dous ao dobre de Jordy para que Jordy lles borre a memoria, pero en realidade non acontecerá nada porque elas estarán na súa casa. Karla pregunta se o dobre de Jordy podería sospeitar, e Kimberly di que esperarán que non. Kimberly prepara os dous hologramas e envíaos ao hotel Kasa Tot.
No hotel Kasa Tot, os hologramas de Kimberly e Karla aparecen, e parecen que están a mover as cousas de Jordy. O dobre de Jordy vén, e elas din: “Non sabía que estabas aquí. Xa nos imos”. O dobre de Jordy colle o obxecto coa espiral e borra a memoria aos hologramas, e os hologramas vanse. As raparigas rin, e Karla di que gañaron. Kimberly di que aínda hai unha cousa máis que fixo, o obxecto coa espiral do dobre de Jordy ten un dobre tamén que o ten ela, e móstrao. Karla pregunta que se o do dobre de Jordy é un holograma, e Kimberly di que non, simplemente creou un duplicado na casa de facer copias que hai en Gerûmdanon onde foi co teletransportador antes. As dúas rin, e remata o episodio.