Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Tedes que actuar, Parte 1
24
Número de episodio 8
Tempada 3
Número total 24
Título en Teremedó Ṭeniw k’akṭuá, parṭ 1
Título en Portugal Tendes de actuar, Parte 1
Data do trinque 17 de decembro do 2017
Lista de episodios
anterior
Ao choio!
seguinte
Tedes que actuar, Parte 2
Cousas de Irmás

Tedes que actuar, Parte 1 é o episodio 8 da tempada 3 da serie Cousas de Irmás e o episodio 24 en total. Estreouse o 17 de decembro do 2017.

Argumento[]

O episodio empeza nunha persecución nunhas rúas de Barcelona, onde 0 e uns oficiais holográficos da 07 están a perseguir Jordi Alejos García pola rúa Gran de Gràcia. Josep Maria 22 vai detrás, ata que atopa Mila. Ela pregúntalle que fai el aquí, e el di que están a perseguir Jordi Alejos García, mentres a súa nai está a salvo a bordo da nave FEF 07 nunha holocuberta. Cando Mila dirá algo máis, 0 vén dicirlle a 22 que pillaron Jordi Alejos García nunha calella sen saída. 22 di a Mila que veña con ela para falar co seu inimigo, cando de súpeto unha esfera de transporte do universo espello aparece voando polo ceo de Barcelona e disparando tiros, vai ata a rúa onde se atopa Jordi Alejos García, cólleo e vaise voando e disparando. 22 colle o fáser de 0 e dispara á esfera de transporte, pero falla o tiro e só consegue facer un buraco nun edificio. Entón a esfera vaise da Terra e desaparece cun dispositivo de camuflaxe, e cando a policía vén facerlles preguntas, 22 decide teletransportarse con Mila a bordo da 07…

Na bóla de transporte de Yusma, Yusma e Lola (İhi Kadse do universo espello) están a planear unha misión para atacar Andrea, e Lola di que esta misión é moi perigosa e se cadra poderían morrer. Yusma bica Lola, pero cando remata o bico, Lola cae ao chan inconsciente. Yusma di: “Seino, por iso entrei no teu cerebro e borrei as túas lembranzas de İhi, agora es Lola e seralo sempre. Tes que crerme, fíxeno para salvarte…”. Yusma teletransporta Lola á súa casa de Barcelona, e prepararase para facer a misión só. Mentres tanto, na 07, Mila, a súa nai e a tripulación da nave están reunidos na sala de reunións. Mila está sorprendida, xa que non sabía o segredo de 22. 22 explica que Mila e a súa nai quedarán durante un tempo na 07 mentres as substituirán hologramas na Terra, para evitar que sexan atacadas por Jordi Alejos García. 0 di que teñen que atopar Jordi Alejos García, e 22 di que ten a certeza que Andrea o colleu coa súa bóla de transporte, e agora teñen que falar con Yusma e completar a súa misión. Pero cando tentan contactar con el, el non responde.

Yusma está na súa bóla de transporte e está a dirixirse cara ao tobo da rexenta Andrea, cando de súpeto unha segunda bóla de transporte aparece e dispara á bóla de Yusma. Yusma activa as súas armas, e empeza un tiroteo no ceo preto da casa de Andrea. Algunhas persoas están a ver o tiroteo e pensan que son tronos, a pesar de que o ceo está sereno e non hai ningunha nube. Despois dunha loita, a bóla de transporte de Yusma explota… Na 07, Mila e a súa nai veñen falar con 22 e Mila pídelle que lle diga toda a verdade sobre a súa familia, e 22 empeza a explicar todo desde o principio. Pero de súpeto as luces da sala de reunións apáganse e actívase a enerxía auxiliar da nave. No entanto, a holocuberta desactívase e Carla decátase que non está na Terra, e sae da holocuberta para tentar saber onde se atopa. 22 di a Mila e á súa nai: “Vide connosco, temos problemas!”, e toda a tripulación da 07 vai con Mila e a súa nai á ponte. 22 di que irá buscar Carla antes de que cause problemas, e vaise. Finalmente 22 atopa Carla polos corredores, e dille: “Estás nunha nave estelar desde hai meses, pero por agora ven comigo á ponte. Confía en min!”. Carla vai con 22 á ponte, onde atopa o seu dobre e sorpréndese aínda máis…

No tobo da rexenta Andrea, Yusma espértase atado nunha cama e non se pode mover. Andrea dille a Yusma que o equipo de mozas que el formou desfarase, xa que ela o matará, pero antes quere saber os códigos secretos del. Como el non quere darllos, Andrea inxecta un veleno ao corpo de Yusma que lle causa dor e morrerá lentamente. Andrea di que o pode reverter, pero ten que darlle os códigos. Yusma dille que isto é o último que faría, e Andrea colle un coitelo e di a Yusma que este veleno debilita as súas defensas teremedosianas, polo tanto ela pode ferilo coma se fose un humano. Entón a sádica rexenta Andrea crava o coitelo na perna de Yusma e vaille furando amodo, pero el dille que non servirá nada. Entón Andrea decide sacar os pantalóns e os calzóns de Yusma e di que lle cortará o pene se non responder. Yusma di que non lle dirá nada, e Andrea córtalle o pene a Yusma co coitelo, e Yusma grita de dor mentres perde sangue. Finalmente Yusma morre por todas as feridas de Andrea, pero ela non obtivo ningunha resposta del. Ela leva o corpo de Yusma ata un tubo de desintegración e desintégrao. Andrea di: “Como non es un Señor do Tempo, non te puideches rexenerar e morriches. Almirante, farei o mesmo contigo, xa que aínda non es un Señor do Tempo, pero se o foses, mataríate igualmente!”.

Na 07, Carla quere saber por que a mantiveron nunha simulación da Terra nunha nave estelar, e 22 di que hai dous meses decidiron que ela podería formar parte do seu equipo, pero querían saber o que pensa ela. Por este motivo os oficiais da 07 analizárona. Carla da FEF di ao seu dobre que sabe que ela está asustada ao ver a outra Carla, pero poderá axudalos bastante se ela quixer. 22 di a Carla que ten que pensar ben esta decisión, e Carla di que non sabe se todo isto é unha broma, xa que ela cre que todo isto parece ciencia ficción. 22 di a 0: “Creo que agora tes que dicir as palabras máxicas…”, e 0 di a Carla da Terra: “FEF”. Entón Carla lembra o momento cando Franny se transportou á casa dela hai dous meses, e todo o que sucedeu aquel día. Carla di: “Como é que eu o esquecín?”, e 0 di: “Porque che demos Retcon”. De súpeto a 07 empeza a ser atacada por un raio que vén desde a superficie da Terra, exactamente desde o deserto do Sáhara. 22 di: “Xusto onde nos transportamos. Alerta vermella e escudos ao máximo!”. Este ataque continúa, e 22 decide disparar cos fásers ao lugar da Terra desde onde provén o raio atacante. Rutitto di que fixou os fásers, 22 di: “Lume!” e a 07 destrúe unha base secreta. Pero entón a 07 queda sen enerxía e sen escudos…

22 non sabe que poden facer para recuperar a enerxía da 07, e pide que traballen para volver á normalidade. De súpeto, Mila e a súa nai son teletransportadas por alguén descoñecido, que aproveitou a ocasión xa que a nave non ten escudos. 22 di: “Merda!”, e 0 di que non sabe onde elas foron teletransportadas. 22 di: “Aínda non perdemos!”, e todos empezan a facer o seu traballo. Nun lugar descoñecido, Andrea di a Jordi Alejos García: “Tes a nai e Mila?”, e Jordi Alejos García di: “Temos un problema máis grande, catro nenas desapareceron!”. Unha das nenas, exactamente a versión de Melina do unjverso normal, está a dicir: “Activade a fisura e levádenos ao voso establecemento principal!”. Entón Andrea di a esta nena: “Que queres?”. A nena cala, e despois di: “Quero entrar en contacto convosco, ouvídesme?”. Jordi Alejos García di que si, e a nena di: “Cal é o voso establecemento principal? Quen é o voso líder?”. A rexenta Andrea di: “Son eu”. A nena queda calada un momento, e despois di: “Mentira!”. Jordi Alejos García di: “Entón con quen queres falar?” e a nena di: “Donald Trump”. Jordi Alejos García di a Andrea: “Isto escápase das nosas mans, que facemos?”, pero Andrea di: “Utilizaremos os nosos teletransportadores para traer o presidente dos Estados Unidos cara aquí. Ao choio!”…

Jordi Alejos García di á nena: “Espera un momento”, e nunha sección diferente da base de Jordi Alejos García, el di a Andrea: “Sabes o que fas?” pero Andrea di: “Vexo que aínda non sabes quen son, fun eu quen puxo Donald Trump como presidente dos Estados Unidos, se non fose por min, Hillary Clinton gañara as eleccións!”. Jordi Alejos García está a asustarse de Andrea polo seu poder, e Andrea di: “Axudarasme ou non?”. Jordi Alejos García, asustado, di: “Si…”. Activan os teletransportadores, e Donald Trump aparece na base de Jordi Alejos García. A rexenta Andrea di a Jordi Alejos García: “Agora te tes que poñer estes auriculares tradutores para ouvilo en galego cando el falar en inglés, e á vez el escoitarate en inglés cando ti falares en galego. Eu farei o mesmo, vai!”. Jordi Alejos García e Andrea póñense os auriculares tradutores, e Andrea di a Donald Trump: “Benvido á nosa base. Uns alieníxenas queren falar con vostede, entraron no corpo dunhas nenas e din que vostede ten que falar con estas entidades…”, pero Donald Trump di: “Quen son vostedes?”, e Andrea di: “Por favor, señor Trump, veña connosco á sala principal”. Donald Trump chega á sala principal con Andrea e Jordi Alejos García, e a nena posuída di: “Grazas por levarme co voso líder. Señor líder da Terra, hai que abrir unha fisura entre o polo norte do voso planeta e o polo norte do noso planeta. Por iso precisamos da vosa axuda, tedes que aceptar a nosa proposta ou o voso planeta será destruído!”…

Donald Trump di: “Non acepto ningunha ameaza!”, pero a nena di: “Non será culpa nosa. A fisura está a consumir os dous planetas, e a única maneira para salvar os planetas é abrir a fisura. Por favor, axudádenos!”. Donald Trump di: “Que teño que facer eu?”, e entón aparece un vórtice e sae un aparello de alta tecnoloxía. A nena di: “Que alguén leve este obxecto ata o polo norte, alá tedes que activalo e todo se solucionará. Por favor!”. Mentres tanto, nunha rúa, Robert está a prepararse para entrar na base de Jordi Alejos García para paralo todo, e baixa cun ascensor secreto que ninguén pode ver pero el si. Pero cando chega, non hai ninguén. Robert sae de novo á rúa, e vai ata o polo norte cunha táboa voadora. Pero cando está a chegar, ve que están a abrir a fisura, e unha columna levántase desde o chan xeado do polo norte ata o ceo. Nas rúas de todas as cidades da Terra aparecen uns alieníxenas que saen de vórtices… E na 07, os oficiais da nave ven todo o que está a suceder na Terra, e non o poden parar. En órbita aparecen naves alieníxenas, e espállase o caos por toda a Terra, mentres no polo norte, Jordi Alejos García, Andrea e Donald Trump son absorbidos pola fisura e desaparecen da Terra. O episodio e a tempada remata con todo isto…

Continuará…

Advertisement