Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Tres entidades e os seus donos
11
Número de episodio 3
Tempada 2
Número total 11
Título en Teremedó 3’a enṭiṭaṭs i les seus amzs
Título en Portugal Três entidades e os seus donos
Data do trinque 14 de agosto do 2016
Lista de episodios
anterior
O obxectivo dunha acción
seguinte
A viaxe
Cousas de Irmás

Tres entidades e os seus donos é o episodio 3 da tempada 2 da serie Cousas de Irmás e o episodio 11 en total. Estreouse o 14 de agosto do 2016.

Argumento[]

O episodio comeza na casa da telerrealidade, onde Kimberly está a buscar información para saber máis sobre a orixe dela e da súa irmá, pero aínda non puido atopar nada. Unha muller que tamén está a vivir na mesma casa dille que a está a ver un pouco preocupada, e ela só di que está a buscar unha cousa importante para ela e a súa irmá. Mentres tanto, Karla está en casa sen facer nada, cando de súpeto, no seu teléfono móbil, Karla recibe unha chamada da súa irmá Kimberly e vén dicirlle que tente entrar de novo nas instalacións da montaña que visitaran hai un tempo onde viron información da FEF sobre outra liña temporal, e dille que ela non pode saír de casa ou podería ser castigada polo director da casa. Karla está de acordo, e vai en metro ata Tarràkonon para despois subir a pé á montaña da cidade, como fixo anteriormente…

Cando Karla se atopa preto da sección das instalacións secretas da FEF, na porta hai un oficial que está a controlar a entrada, porque desde que as irmás entraron sen autorización, a protección do local foi aumentada para evitar novas intrusións. Karla colle o seu móbil e chama Kimberly, e dille que ten un problema. Kimberly responde: “Chama o teu noivo e infórmalle que tes que entrar nun local e precisas da súa axuda para entrar”. Karla non sabe en que o seu noivo pode axudar, pero Kimberly di: “Se el tiver algunha idea para ti, axudarate no que el puider”. E desconecta a chamada. Karla chama o seu noivo e pídelle axuda, e el está de acordo e di que fará que o oficial da FEF que está a vixiar quede baixo o seu control. Karla pregunta como el poderá facer iso, e o seu noivo di que pode controlar telepaticamente calquera persoa, sabe facelo moi ben porque está a aprender hipnose na escola, na clase de fusións mentais.

Karla espera que o oficial da FEF a deixe pasar, pero de súpeto o oficial queda durmido e cae ao chan. Karla pregunta ao seu noivo se só sabe facer durmir á xente, e el respóndelle que é novo nisto, pero cedo aprenderá máis, e agora ela ten que vixiar que o oficial non esperte mentres ela dá unha ollada nestas instalacións. Karla entra, e comeza a buscar información sobre a liña temporal alternativa que viu na última vez que estivo alí. Pero atopa outra cousa: dunha maneira que ela non entende, existen tres entidades chamadas “frecuencias”, “conciencias” e “inocencias”, que forman parte da orixe do Universo. E este tres entidades teñen os seus propios donos, persoas importantes na historia que teñen o poder de controlar parte do espazo-tempo. Pero ten dificultades en atopar quen son os donos, porque esa información ten moita protección.

De súpeto, o oficial que estaba durmido esperta, e Karla ten que irse. Ela transpórtase directamente na porta da casa da telerrealidade de Kimberly co seu teletransportador, e pídelle ao director que veña Kimberly porque quere falar con ela. O director di que Kimberly agora está a responder preguntas cun home da televisión de Frànnia, e non pode ser interrompida. Karla colle un cartón do peto roubada das instalacións secretas da FEF e di que Kimberly ten que vir porque é un asunto da FEF, e ademais dille que non ten autorización para revelarlle nada máis. O director chama a Kimberly, e o director vaise e as dúas raparigas quedan soas. Kimberly di a Karla que non ten que dicir a ninguén que están a colaborar coa FEF, e Karla di que para entender mellor o que ela viu, teñen que facer unha fusión mental.

Tras unha fusión mental entre as dúas irmás, Kimberly explica que ten que volver ela ás instalacións da FEF, sexa como for, e alguén o enganará ao director para que elas vaian xuntas ás instalacións secretas. Karla di que lle pedirá ao seu noivo para tomar o control do director, e Kimberly di que é óptimo. Karla chama o seu noivo e pídelle para controlar o director de Kimberly, e dille que esta vez ten que controlalo de verdade, non só deixalo durmido. El di que fará o que puider, e comeza a concentrarse. Entón o director di cunha voz monótona: “Kimberly, podes marchar coa túa irmá”. Karla di ao seu noivo: “Es moi bo nisto, amor meu!”, e as dúas raparigas van á estación de metro para ir de novo á montaña onde está escondida a sección secreta da FEF en Teremedó.

Cando Kimberly e Karla están de novo nas instalacións da FEF, o oficial gardián aínda segue alí, e esta vez está cun casco para impedir ser controlado por alguén de novo. Karla di que o seu noivo non pode facer que o oficial quede durmido, pero Kimberly ten outra idea para entrar: utilizar “alaktrímeda”. Trátase duns raios que debilitan aquel que os recibir. Karla di que iso non é saudable, pero Kimberly di que non teñen elección, ou sexa, teñen que utilizar a forza se quixeren entrar. Karla di que ela non quere lanzar ningún raio, pero Kimberly di que se non o fixeren xuntas, non funcionará. Karla está de acordo, e as dúas irmás xuntan os seus poderes cos raios de “alaktrímeda”, e o oficial queda inconsciente. Karla pregunta se el espertará, e Kimberly di que si, e pode ter a certeza. As dúas raparigas entran no local…

Dentro das instalacións da FEF, as dúas irmás buscan información sobre a liña temporal alternativa, e descobren que a liña temporal na que están elas agora xa se trata dunha liña temporal alterada, xa que en abril do ano 2011 unha raza chamada “súlibans” alteraron a historia cambiando unha persoa da Terra que curiosamente tamén se chama Kimberly, e entón ven unha información moito máis importante: na liña temporal orixinal, elas non existen! Como é iso posible? As raparigas non teñen a resposta, pero están listas para atopala sexa como for, e se cadra terán que entrar unha vez máis neste lugar para atopar información da súa orixe. Pero agora non poden quedar porque o oficial está a espertar, e ademais Karla lembra a súa irmá que ten que volver á casa da telerrealidade. Pero Karla encargarase do oficial e borraralle a memoria para que non as lembre nin lembre o ataque.

Cando as raparigas están a volver á casa da telerrealidade, o noivo de Karla chama Karla e vén dicirlle que xa pasou moito tempo e perdeu o control do director de Kimberly, e el non saberá que Kimberly non está. E dille que non entende por que perdeu o control, e desconecta a chamada. Cando chegan á casa de Kimberly, o director di que tardaron moito tempo para falar, xa que non lembra nada de cando estivo baixo o control do noivo de Karla, e el di que non entende nada. Kimberly responde que ela tampouco entende nada, para facer que o director non sospeite delas. Karla di que ten que irse e volver a casa, porque xa é tarde, e despídese da súa irmá. Mentres tanto, nun lugar, un oficial da FEF di a outro que teñen que quitar todas as cousas da base da montaña e destruíla, para evitar que as irmás Duver§a descubran máis cousas secretas, e remata o episodio.

Advertisement