Wiki Cousas de Irmás
Registrarse
Advertisement
Xa que es única
6
Número de episodio 6
Tempada 1
Número total 6
Título en Teremedó P’eṭs ûnika
Título en Portugal Já que és única
Data do trinque 8 de febreiro do 2015
Lista de episodios
anterior
A rapariga que tes que ser
seguinte
Facede o que quixerdes
Cousas de Irmás

Xa que es única é o episodio 6 da tempada 1 da serie Cousas de Irmás e o episodio 6 en total. Estreouse o 8 de febreiro do 2015.

Argumento[]

O episodio empeza na porta da escola Traball, onde Karla vén dicir a Kimberly que está moi contenta porque fará un traballo co mozo que ela está namorada, e se todo for ben, poderalle pedir para saír. Kimberly pregúntalle como o conseguiu, e Karla respóndelle que eles dous eran os únicos que quedaban sen equipo, porque se encargou de facer que todos tivesen equipo menos eles. Karla tamén lle di a Kimberly que se cadra ela tamén sabe planear cousas como a súa irmá, e Kimberly responde: “É verdade, o teu plan é bo, xa es como eu. Agora tes que rematar o plan para saír con ese mozo, e se quixeres, axudareite”. Karla di que está de acordo.

Na casa das raparigas, Kimberly informa os seus pais que Karla traerá un mozo a casa para facer un traballo. Entón Karla entra na casa e dille ao seu compañeiro de escola que poderán facer o traballo no seu cuarto. Os pais dinlles: “Se tiverdes algunha dúbida, podedes contar connosco. E tedes todo o tempo que quixerdes para facer o voso traballo”. Karla e o seu compañeiro van ao cuarto de Karla, e o traballo consiste en representar unha molécula de átomos cunhas bólas e uns paus para unir as bólas. O mozo di a Karla que teñen que empezar pola bóla que ten unha cruz, pero Karla só está a ollar o seu compañeiro porque está namorada del, e non está moi concentrada.

Na sala de estar, os seus pais preguntan a Kimberly se ese mozo é noivo de Karla, e Kimberly di que non. Os pais din que observaron a maneira que Karla olla o seu compañeiro, e nótase que está namorada del. Kimberly di que iso é certo, pero nin ela nin Karla non saben se o mozo corresponde a este sentimento. No cuarto de Karla, o compañeiro dille que teñen que pegar dous paus nunha bóla vermella, e logo conectar a bóla vermella cunha bóla azul con outro pau. Karla, que estivera a facer o traballo moi amodo, olla as instrucións e acaba de facer o traballo rápido nuns poucos segundos. O mozo dille a Karla: “Sorprendíchesme unha vez máis, xa que es única”.

Karla non sabe que dicir, e sen querer di: “O teu rostro é tan bonito…” e o mozo ruborízase e responde: “A verdade, ti tamén es guapa, pero non sabía que tamén che gustaba eu”. Karla queda sorprendida porque o mozo corresponde ao seu sentimento, e simplemente di: “Eu…” pero o mozo achégase a Karla e bícaa. Na sala de estar, Kimberly di aos seus pais que non se ouve ningún ruído no cuarto de Karla, pero os seus pais responden que non se meta nos asuntos da súa irmá. Karla e o mozo saen do cuarto cunha caixa onde está o traballo, e di: “Rematamos”. O mozo despídese de Karla e os demais, e Karla só move a man e non di nada. Kimberly non entende que pasa.

O día seguinte, na escola Traball, Kimberly ve Karla que colle a man do seu compañeiro, e os dous están a falar e están a rir. Kimberly vai á súa aula, e atópase coa súa amiga. A amiga di a Kimberly que cre que Karla está a saír cun mozo, pero non ten a certeza. Kimberly preguntaralle a Karla o que pasa, e a profesora vén facer a materia de matemáticas. Cando rematan as clases, Kimberly atópase con Karla e pregúntalle sobre o seu compañeiro de traballo, e Karla responde: “O noso traballo ten a máxima nota. E outra cousa: o meu compañeiro de traballo agora é o meu noivo”. Kimberly dille que conseguiu rematar o plan con éxito, e Karla di que está moi contenta e informará os seus pais sobre o seu noivo.

Na casa das raparigas, Karla di aos seus pais que o compañeiro que veu á casa o día anterior agora é o seu noivo, e é moi feliz con el. Os seus pais felicitan a súa filla por ter noivo, e Karla di que sairán para facer unha cea o sábado á noite. Os seus pais están de acordo, pero din a Karla que debe volver a casa antes das 22h. Karla acepta, colle o seu móbil e vaise ao seu cuarto para chamar o seu noivo. Kimberly ponse a ollar a televisión xunto aos seus pais. Cando Karla acaba de falar co seu noivo, Kimberly e Karla van ao cuarto de Kimberly. Karla di á súa irmá que ela ten noivo antes ca Kimberly, e Kimberly di que se cadra ela non ten tanta sorte co amor, e nisto Karla gana.

O sábado, Karla está a maquillarse para saír co seu noivo. Os seus pais veñen dicir a Karla se están preparados para cear nun restaurante sós e sen ningún adulto, xa que eles só teñen 10 anos. Karla di que se tiveren algún problema, chamaranos. Kimberly di á súa irmá que gocen da cea. O noivo de Karla chega a casa, e colle a man de Karla e a parella sae. Kimberly di que tamén sairá, e volverá enseguida. No restaurante, Karla e o seu noivo empezan a cear, e os dous están a gozar do seu encontro xuntos. Mentres tanto, Kimberly vai co metro ata o edificio Pulá, cun presentimento descoñecido. Cando chega a Pulá, Kimberly atópase co almirante 19, que di: “Sabía que virías”.

No restaurante, Karla está a explicar cousas ao seu noivo, e pregúntalle se é que ten algún interese por coñecer a Terra. O seu noivo responde que sempre tivo interese polas cousas estrañas e diferentes. En Pulá, o almirante 19 pregunta a Kimberly como están ela e a súa irmá, e se hai algunha novidade. Kimberly di que agora Karla ten noivo, e logo explícalle sobre o seu ADN diferente. O almirante 19 di que se imaxinaba que era algunha cousa así, e logo dille que sabe que ela lles roubou un dispositivo proxector de hologramas. Kimberly pregúntalle se lle ten que devolver ese obxecto, e o almirante 19 respóndelle que non, pero ten que ir con moito coidado. Kimberly di este obxecto tamén fai á xente invisible, e o almirante 19 di que xa o sabe.

No restaurante, Karla e o seu noivo rematan a cea e Karla di que gozou moito deste momento, e o seu noivo di o mesmo, dálle un bico e despídense. Karla volve a casa, onde se atopa con Kimberly que lle quere dicir unha cousa moi importante. As dúas raparigas van ao seu cuarto, e Kimberly di á súa irmá que foi ao edificio Pulá por un presentimento, e alí estaba o almirante 19. Karla pregúntalle o que lle dixo, e Kimberly di que estiveron a falar sobre os descubrimentos dos últimos meses desde que se atoparon, e que el sabe que elas teñen o proxector de hologramas. Karla pregunta se el se enfadou por isto, e Kimberly di que non, pero parece que o almirante 19 sabe moitas cousas sobre elas.

Kimberly pregunta á súa irmá como foi a cea, e Karla responde que foi un bo encontro, e combinaron que volverán saír outro día. Kimberly vaise ao seu cuarto para deitarse na cama. Entón recibe unha chamada do almirante 19, que di a Kimberly que sempre que quixer falar con el, poderá chamalo. Kimberly está de acordo, e o almirante 19 di que ten que facer unha misión, e desconecta o comunicador. No cuarto de Karla, Kimberly entra e pregunta se está a durmir. Karla di que non, e lémbralle que ao día seguinte non hai clases, e poden durmir toda a mañá. Kimberly volve ao seu cuarto, e Karla di en voz baixa “Quérote…” pensando no seu noivo, e ponse a durmir. Kimberly tamén se pon a durmir, e remata o episodio.

Advertisement